jueves, 27 de febrero de 2014

O MISTERIO GALEGO POR EXCELENCIA

A nosa amiga Carla Castro de 5º C, recomenda O misterio das badaladas, de Xabier P. DoCampo, aos seus compañeiros e compañeiras. Animada ao ler polo seu mestre, Miguel, cóntanos que a lectura deste libro é moi interesante:


Nós deixámosvos aquí a sinopse e os datos do libro:

No campanario da igrexa de Eiranova acaban de instalar un reloxo. Comezan a soar por primeira vez as badaladas que anunciarán a todos os habitantes que son as doce da noite. Unha, dúas, tres..., dez, once... Entón sucede algo que haberá dar nun acontecemento que só cinco rapaces resoltos e afoutados quererán pescudar até encontrar explicación para un fenómeno que a todos confunde. Unha por unha irán resolvendo as pistas que lles van aparecendo e que os levarán a encontrar ao responsábel do anormal comportamento do reloxo de Eiranova. Mais cando isto suceda e cheguemos á última páxina do libro, abrirase un novo misterio que desafiará a perspicacia e a intelixencia do lector.

O misterio das badaladas, Xabier P. DoCampo.
Colección: INFANTIL E XUVENIL. MERLÍN
144 Páxinas.


E aquí reproducimos unha pequena crítica de Ramón Nicolás para La Voz de Galicia:

O misterio galego por excelencia


Van xa vinte e cinco anos desde que Xabier P. DoCampo publicara este libro que agora ve a luz de novo, nunha edición revisada polo autor e acompañada nesta ocasión por unhas suxestivas e extraordinarias ilustracións de Xosé Cobas.
Foi este o primeiro libro de DoCampo e nel xa se atopaban as esencias de todo o que logo o autor nos veu ofrecendo ata hoxe. Un grande éxito da literatura infantil e xuvenil desde aquela que, a meu entender, cómpre ler, ou reler tanto polo acaí­do da súa intriga e da súa estrutura como polos acertos expresivos e, abofé, porque trata aos lectores como seres intelixentes, sexan estes mozos ou non, o que xa non é pouco.

Esperamos que o desfrutedes!

No hay comentarios:

Publicar un comentario