SABÍAS QUE...?
O 30 de xaneiro de 1886 nacía en
Rianxo Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, artista polifacético que
destacou como narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político. Considerado
como o Pai do nacionalismo galego, Castelao foi un intelectual comprometido coa
terra e co país, que se converteu na figura máis importante da cultura galega
do s. XX.
Se queredes desfrutar coa lectura
dalgunha das súas obras, non dubidedes en pasar pola biblioteca. Aquí agardan
por vós Os dous de sempre, parolando Sempre en Galiza sobre Cousas tan divertidas como as Memorias dun esquelete ou que Os vellos non deben de namorarse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario