miércoles, 11 de febrero de 2015

O MAGO DO FOGAR

O pasado venres os alumnos de Educación Infantil puideron desfrutar, na sala de cine do centro, da actuación dun dos magos con maior proxección do panorama galego: Diego Pampín, alumno de 3º da ESO do Fogar.


Diego, brillantemente axudado por Sara Sánchez, Paula Vidal e Antía Otero, compañeiras de curso, amenizou a tarde dos máis pequenos cunha serie de trucos que nos deixaron a todos abraiados e con ganas de máis. 





Se queredes coñecer algo máis do traballo deste xove mago, aquí tendes a súa páxina web.

Desde o Plan Lector queriamos agradecerlles que regalaran o seu tempo ao lecer dos seus compañeiros de Infantil. 

Diego, Sara, Paula, Antía, para nós é un verdadeiro orgullo compartir centro con vós.


No hay comentarios:

Publicar un comentario