miércoles, 25 de noviembre de 2015

BERREMOS BEN ALTO: NON!

Hoxe, 25 de novembro, celebramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e, por iso, os alumnos do Fogar quixeron deixar unha mensaxe para todos nós:

video

No Fogar cremos que todos os días do ano deben ser contra a violencia de xénero, por iso non descansaremos no noso esforzo por promover valores fundamentais como o respecto, a igualdade, a amizade, a empatía ou o compañeirismo.

E se os rapaces de ESO, FP e Bacharelato vos deixaron esta mensaxe en video, os nenos de Infantil e Primaria ergueron as súas mans contra a violencia de xénero confeccionando uns fermosos murais que agora mesmo decoran as paredes do Centro. Ao longo desta semana iremos acabando os diferentes murais, dos que publicaremos fotos no blog para que poidades desfrutar deles.

Berremos todos: NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!


No hay comentarios:

Publicar un comentario