viernes, 24 de noviembre de 2017

"UN MUNDO MÁIS ALÓ DO CENTRO"


Proxectos na rede


O alumnado de 5ºA de Educación Primaria está a traballar nun proxecto sobre a 

autora que será figura das Letras Galegas do 2018: María Victoria Moreno Márquez. 

Nel, os alumnos e alumnas están recadando información sobre a autora (biografía, 

novas de xornais, imaxes, etc.).

Este proxecto comezou xa no mes de outubro, no que mediante unha sesión de 

Educación Física descubriron o nome da autora, para despois investigar aspectos 

relevantes da súa vida, obras e demais. Unha vez descuberto o nome, o 

alumnado representouno no chan co seu propio corpo.

  • Imaxes 1, 2 e 3. Crebacabezas e representación do nome da escritora.




Posteriormente, o que fixeron foi crear murais sobre distintos 

aspectos: biografía, obras destacadas, o libro “Mar Adiante” e a fauna e flora 

do lugar de nacemento da autora (en comparación coa fauna e flora galegas). 

Para isto, mergulláronse na rede para buscar información na biblioteca e na casa, 

sendo capaces de recoller unha gran cantidade de datos e converténdose 

en grandes “expertos literarios”.

  • Imaxe 4. Traballo de investigación na biblioteca e na aula.


Mais non só iso, senón que tamén recolleron información noutras fontes como, por 

exemplo, en libros. Un dos libros máis traballados foi “Mulleres bravas 

da nosa historia: María Victoria Moreno”, escrito por Eli Ríos.

  • Imaxe 5. Ander lendo “Mulleres bravas da nosa historia: María Victoria  Moreno” no recuncho de lectura da aula.


Unha vez realizado este traballo, e para dar a coñecer o noso proxecto

 a máis persoas, decidimos abrir unha páxina de “Facebook”. 

O obxectivo principal desta é poder achegarnos a moita máis xente e facer ver a 

importancia desta escritora na  literatura infantil e xuvenil galega, 

podendo recomendar libros dela a diferentes nenos/as doutros centros.


A continuación deixamos o enlace da páxina para que todos a poidades 

ver e darlle a “seguir”. Ademais, se fose posible, gustaríanos que as familias

 que teñades Facebook a compartirades cos vosos contactos para poder 

difundir este proxecto tan fermoso.


Para acceder ó noso Facebook de María Victoria Moreno preme sobre o seguinte enlace:


Moitas grazas pola vosa colaboración! 

Desexamos que vos guste!

No hay comentarios:

Publicar un comentario