jueves, 18 de enero de 2018

VIAXAMOS ATÉ ROMANÍA CON NICOLE E COS PÍCAROS DE 3ºB

Como sabedes, este curso andamos a achegarmos ás diferentes nacionalidades presentes no noso colexio, dentro dun proxecto, "UN FOGAR DE PAÍSES", que pretende fomentar valores fundamentais como o respecto, a solidariedade e a amizade entre persoas e culturas. Entre os alumnos de 3ºB de Primaria temos a sorte de contar con Matías, nacido aquí, pero cuxos pais proceden de Romanía. Por esta razón, en 3ºB decidiron que Romanía sería un dos países sobre os que ían investigar este curso. E para achegarnos a Romanía visitou o colexio Nicole, a mamá de Matías, que co seu perpetuo sorriso nos fixo desfrutar enormemente nunha sesión na que nos falou da capital, Bucarest, e das principais cidades do país, dos traxes e das cancións tradicionais, das celebracións máis destacadas, das comidas típicas...



E para terminar de conquistarnos a todos, Nicole nos agasallou cun delicioso biscoito romanés, que todos degustamos con pracer.







Nicole, desde aquí queremos darche as grazas por regalarnos o teu tempo, por todo o que nos ensinaches e polo bo humor que transmitiches en cada unha das túas palabras. Matías ten que estar moi orgulloso da mamá que ten.



No hay comentarios:

Publicar un comentario