viernes, 31 de mayo de 2019

ÁNGELA CONVERTE EN QUÍMICOS AOS PÍCAROS DE 6ºA DE INFANTIL

Ángela, mamá de Miguel (6ºB de Infantil) e de Pablo (5ºC de Primaria), desfrutou tanto coa visita na que nos falou do seu labor como bióloga, que repetiu experiencia para falarnos do seu traballo como química. Nesta ocasión foron os alumnos de 6ºA de Infantil os que tiveron o pracer de escoitar a Ángela e de converterse en pequenos-grandes químicos. Tanto lles gustou a experiencia, que quixeron compartir todo o que aprenderon cos seus compañeiros de 1ºB de Primaria.











Así, Ángela explicounos en que consiste o seu traballo como química e logo realizamos con ela diferentes experimentos que nos encantaron.













Como comentamos liñas atrás, tanto desfrutaron os pícaros de 6ºA de Infantil, que prepararon unha sesión para os seus amigos de 1ºB de Primaria, na que lles explicaron todo o que aprenderan sobre os químicos:





A continuación, exerceron de científicos e repetiron cos seus compañeiros de Primaria os experimentos que realizaran con Ángela:






Foi unha experiencia marabillosa, que se puido realizar grazas á participación e implicación das familias. Por iso, Ángela, dámosche as grazas.


ÁNGELA FÁLANOS DO SEU TRABALLO COMO BIÓLOGA

Ao longo do mes de maio continuamos a recibir visitas de profesionais de diferentes sectores, que están a pasar pola biblioteca para achegarnos aos seus oficios, nuns encontros enmarcados no proxecto central deste curso: "As profesións". Unha das últimas visitas estivo protagonizada por Ángela, que pasou pola biblioteca para explicarnos en que consiste o seu traballo como bióloga, nun encontro co seu fillo Miguel e cos seus compañeiros de 6ºB de Infantil.



Ángela falounos do que é un científico, explicounos en que consiste o estudo dos seres vivos, informounos sobre os diferentes tipos de biólogos que existen, contounos moitas curiosidades sobre os animais, presentounos algunhas das grandes figuras da historia da bioloxía e lembrounos a enorme importancia de respectar o medio ambiente.


Encantounos viaxar con Ángela polo mundo da bioloxía e escoitar de primeira man como é o traballo destes profesionais. Logo deste encontro, moitos dos pícaros de 6ºB de Infantil xa teñen claro a súa profesión preferida: biólogo!

miércoles, 29 de mayo de 2019

CARMEN ACHÉGANOS AO TRABALLO DA CRUZ VERMELLA

Nunha das últimas visitas enmarcadas dentro do proxecto destinado a achegarnos ao mundo das profesións, recibimos a Carmen, que pasou pola biblioteca para manter un encontro co seu fillo Jaime e cos seus compañeiros de 1ºC de Primaria, no que explicou en que consiste o labor desenvolvido pola Cruz Vermella, entidade na que traballa, e que forma parte da maior organización humanitaria do mundo.



Carmen transmitiunos a filosofía da Cruz Vermella: axudar a mellorar a vida das persoas, con independencia da súa nacionalidade, da súa relixión, da súa clase social, da súa opinión política... Igualmente, nos falou de certos colectivos nos que a súa actividade se fai especialmente presente: nenos e mozos, persoas maiores, inmigrantes, persoas con discapacidade, persoas afectadas pola pobreza, persoas desempregadas...



Con Carmen tamén nos achegamos ao importante labor que desenvolve o persoal da Cruz Vermella dedicado ao salvamento marítimo e aprendemos en que consiste a teleasistencia, a axuda a domicilio, o transporte adaptado, etc.


Queremos dar as grazas a Carmen por todo o que nos ensinou  e por deixar gravadas na mente dos pícaros dúas palabras: xenerosidade e solidariedade.

martes, 28 de mayo de 2019

RECIBIMOS A VISITA DO ESCRITOR DAVID LOZANO

Unha das actividades que consideramos máis enriquecedoras dentro do mundo dos libros é o encontro cos escritores. Así, sempre intentamos que os autores das obras que len os nosos rapaces poidan visitar o colexio para conversar con eles. Estas sesións serven aos nosos alumnos para escoitar en boca do autor como se creou a historia que acaban de ler, como se deseñaron as personaxes, cal é a mensaxe que o escritor quería transmitir, cales son os segredos do libro, cal é o proceso que segue unha obra desde que xorde na mente dun autor até que chega ás librarías e bibliotecas, etc.

Seguindo esta liña de encontros, hai uns días recibimos no colexio a David Lozano, gañador de galardóns tan prestixiosos como o XXVIII Premio Gran Angular de Literatura Xuvenil, e autor de obras que nos encantan, como as que compoñen a triloxía de fantasía gótica La puerta oscura, publicada por SM, ou Desconocidos, obra coa que acadou o Premio Edebé de Literatura Xuvenil 2018, e que nos gustou tanto que decidimos propoñerlla aos estudantes de 3º da ESO para que a leran. Todos desfrutamos enormemente tanto da lectura da obra, cun ritmo trepidante que atrapa desde a primeira páxina, como con este encontro, que non tería sido posible sen a axuda de Áurea, da editorial Edebé, a quen agradecemos a súa valiosa axuda e xenerosidade. Igualmente damos as grazas a David Lozano por regalarnos o seu tempo e por compartir con nós a maxia da súa literatura.




Desde aquí recomendamos a obra Desconocidos a todo lector que teña ganas de pasar un tempo convertido nun auténtico detective. Ademais, coidamos que esta obra se torna fundamental hoxe en día ao achegarse a temas como a confianza e as redes sociais.





lunes, 27 de mayo de 2019

CLUB DE BANDA DESEÑADA: ENCONTRO CON ANABEL COLAZO

Hai uns días, no Club de Banda Deseñada, recibimos unha nova visita. Nesta ocasión tratouse da ilustradora Anabel Colazo, coa que falamos de moitos temas, entre eles, por suposto, o cómic.



Durante o encontro-xantar que celebramos con motivo da súa visita, Anabel falounos do proceso de creación dun cómic, de como se elabora un fanzine, de cales son as súas personaxes favoritas no mundo da banda deseñada, etc.



Un dos momentos que máis nos gustou foi cando analizamos con ela a súa obra Encuentros cercanos, publicada por La Cúpula.



Igualmente, desfrutamos enormemente conversando sobre o fanzine Nimio, do que é unha das autoras, e co que acadou no 2016 o Premio ao Mellor Fanzine no Salón do Cómic de Barcelona. Nimio vén de ser publicado por La Cúpula nun número especial de case 200 páxinas, que vos recomendamos a todos os afeccionados ao xénero,



Sen dúbida, todos o pasamos en grande nesta nova sesión do Club, desde o que queremos dar as grazas a Anabel por ter compartido con nós o seu tempo e a súa arte.




viernes, 17 de mayo de 2019

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

A familia do Fogar de Santa Margarida, coa axuda do alumnado de 6º de Infantil, queremos desexarvos un moi feliz Día das Letras Galegas. Para iso, os pícaros estiveron preparando nestas últimas semanas un vídeo da canción "A palabra ten vida", do xenial Paco Nogueiras, que podedes atopar no seu fantástico álbum Brinca vai!, publicado por Kalandraka.

Esperemos que vos guste:


E cos carteis que elaboraron con palabras en galego fixeron un fermoso mural que está a decorar as paredes dos corredores de 6º de Infantil:




jueves, 16 de mayo de 2019

ARCHY EXPLÍCANOS EN QUE CONSISTE O TRABALLO DUN ÓPTICO

Un colexio é unha comunidade educativa composta por diferentes estamentos: traballadores do centro, estudantes e familias. Para que esta comunidade funcione é indispensable que estes tres compoñentes vaian da man. Por esta razón, desde o Plan Lector, sempre buscamos oportunidades para xuntar a traballadores do colexio, aos alumnos e ás familias. Así, cando propoñemos actividades nesta liña nos encanta que as familias aceptedes colaborar. Sodes moitas as familias implicadas cos alumnos do Fogar: cos vosos fillos ou netos e cos compañeiros destes. Implicados coa súa educación. A todos vós, vos damos as grazas. Grazas por estar aí.

Unha destas familias ás que nos estamos a referir sodes, sen dúbida, a familia Garrido Sola. 

Logo das diferentes visitas de Olga, agora tocoulle o turno a Archy, o papá da familia, que hai uns días nos visitou para explicarlle ao seu fillo Mateo e aos seus compañeiros de 1ºA de Primaria en que consiste a súa profesión de óptico. Con el aprendemos o importante que é revisarnos a vista e tamén coidar e protexer os nosos ollos.



Archy ensinounos tamén as diferentes partes que forman o ollo.



E nos falou de todas as tarefas que leva a cabo no seu día a día como óptico.



E por se todo isto fose pouco, Archy regalounos unhas gafas coas que todos desfrutamos vendo unha película 3D.



A vós, Archy e Olga, símplemente vos dicimos: grazas por ser como sodes.

martes, 14 de mayo de 2019

COÑECEMOS O TRABALLO DUN INFORMÁTICO CON ÓSCAR

Os pícaros de 4ºInf. B tiñan curiosidade por coñecer que é iso das novas tecnoloxías das que tanto falan os maiores. Por este motivo, decidimos convidar a Óscar, o noso profesor de TIC, Tecnoloxía e Aplicacións Informáticas Comerciais en Secundaria, Bacharelato e FP, para que pasase pola biblioteca a achegarnos a ese mundo.

Óscar, experto en informática e telecomunicacións, nos explicou o que son as novas tecnoloxías e nos amosou as diferentes partes que compoñen un ordenador. Con el fomos repasándoas unha a unha e aprendendo cal é a súa función.





Por todo o que nos ensinaches, polo ben que nolo fixeches pasar e por regalarnos o teu tempo libre, a ti, Òscar, queremos dicirche: un millón de grazas!


lunes, 13 de mayo de 2019

VIAXAMOS POLO MUNDO DA TELEFONÍA CON NATALIA

Enfermeiros, tradutoras, zapateiros, psicólogas, albaneis, mecánicos de avións, policías, médicos, xuíces, músicos, actrices, informáticos, fisioterapeutas... Son xa moitos os profesionais que pasaron pola biblioteca dentro do proxecto destinado a mergullarnos no eido dos oficios. Isto só está sendo posible grazas á vosa participación: á colaboración das familias. Hoxe queremos compartir no blog un destes encontros, o de Natalia, mamá de Sofía, de 1ºA de Primaria, que nos visitou para falarnos dun mundo en constante cambio e progreso, o da telefonía.



Natalia nos levou de viaxe até os inicios do teléfono e nos falou da súa invención, de como eran os primeiros aparellos deste tipo, de como se foi avanzando neste terreo até chegar aos modernos dispositivos da actualidade, etc. Ademais, Natalia nos ensinou a crear os nosos propios teléfonos caseiros, e mesmo comprobamos o ben que funcionaban.



E, por suposto, unha marabillosa contadora de historias como é Natalia non podía irse sen realizar para nós un contacontos, que todos desfrutamos.


A ti, Natalia, queremos darche as grazas por ensinarnos tantas cousas cada vez que nos visitas, e por facérnolo pasar tan ben. Grazas a ti e a Fran pola vosa implicación nas actividades do colexio.