jueves, 23 de abril de 2015

E CO DÍA DO LIBRO...

Chega unha nova sección ao blog: «FALEMOS DE LIBROS...». Logo dun día no que todo o Colexio se implicou en multitude de actividades centradas na lectura, como sesións de contacontos ou talleres de ilustracións de libros, e no que cada alumno levou para a casa un tríptico cargado de recomendacións do Plan Lector, rematamos a xornada inaugurando esta nova sección da que toda a comunidade educativa será partícipe. Nela, alumnado, profesorado, persoal do centro, nais e pais de alumnos... poderán intercambiar opinións e recomendacións relacionadas cos seus gustos como lectores. Nesta primeira entrada da sección, ninguén mellor que Carolina Gabín López, Coordinadora do Plan Lector.


Carolina Gabín López, profesora de Inglés e Francés en ESO e Bacharelato, fiel amante da lectura, afección que comparte con todos a través do seu magnífico blog Los libros y yo, lugar de referencia para calquera apaixonado da literatura. 




1.Que estás a ler agora mesmo? 
Unha novela policiaca: Órdenes sagradas, de Benjamin Black.

2. Cal é o teu libro favorito? 
É moi difícil escoller soamente un dos meus libros favoritos xa que hai moitas historias que me gustaron moito ou que foron especiais para min por diferentes razóns, dependendo da época da miña vida na que as lin: Los pilares de la tierra, de Ken Follet; Forastera, de Diana Gabaldon; La catedral del mar, de Ildefonso Falcones; Diez negritos, de Agatha Christie... e  de cando era pequena Torres de Malory, de Enid Blyton e Mujercitas, de Louise May Alcott.

3. Cal é a túa personaxe favorita? 
Aliena, protagonista de Los pilares de la tierra, aínda que sinto debilidade por calquera personaxe feminino intelixente, forte, valente, independente, que se vexa obrigado a loitar polos seus dereitos e polas súas liberdades en épocas nas que as cousas non eran nada sinxelas para as mulleres.

4.Cal é o teu autor favorito? 
Tamén me resulta moi difícil escoller soamente un: Ken Follet, Agatha Christie, Harlan Coben, Chufo Llorens, Andrés Vidal, Rebecca Gablé...

5.Cal é o teu xénero favorito? (aventura, terror, policiaco, amor, ciencia-ficción, humor, cómic, poesía...) 
Encántame a novela histórica (especialmente as que transcurren na Idade Media ou durante a II Guerra Mundial) e as novelas de intriga-misterio-policiacas.

6.Un libro para chorar... 
Yo antes de ti, de Jojo Moyes e Los besos no se gastan de Raquel Martos

7.Un libro para rir... 
Non é a clase de libros que adoito ler, pero rin moito cos de Wilt, de Tom Sharpe e tamén cos de Bridget Jones, de Helen Fielding. 

8.Con que libro pasaches máis medo? 
Con Cementerio de animales, de Stephen King.

9.O teu poema favorito... 

«Si el hombre pudiera decir lo que ama», de Luis Cernuda 

Si el hombre pudiera decir lo que ama, 
si el hombre pudiera levantar su amor por el cielo 
como una nube en la luz; 
si como muros que se derrumban, 
para saludar la verdad erguida en medio, 
pudiera derrumbar su cuerpo, 
dejando sólo la verdad de su amor, 
la verdad de sí mismo, 
que no se llama gloria, fortuna o ambición, 
sino amor o deseo, 
yo sería aquel que imaginaba; 
aquel que con su lengua, sus ojos y sus manos 
proclama ante los hombres la verdad ignorada, 
la verdad de su amor verdadero. 

Libertad no conozco sino la libertad de estar preso en alguien 
cuyo nombre no puedo oír sin escalofrío; 
alguien por quien me olvido de esta existencia mezquina 
por quien el día y la noche son para mí lo que quiera, 
y mi cuerpo y espíritu flotan en su cuerpo y espíritu 
como leños perdidos que el mar anega o levanta 
libremente, con la libertad del amor, 
la única libertad que me exalta, 
la única libertad por que muero. 

Tú justificas mi existencia: 
si no te conozco, no he vivido; 
si muero sin conocerte, no muero, porque no he vivido.

10.Cal vai ser a túa próxima lectura? 
Las lágrimas de la diosa maorí, a terceira entrega da nova saga de Sarah Lark en Nova Zelandia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario