lunes, 18 de noviembre de 2019

XORNADA BIBLIOTECA INCLUSIVA. CIDADANÍA NA DIVERSIDADE

O pasado venres tivemos o pracer de acudir á xornada de formación "Biblioteca Inclusiva. Cidadanía na diversidade", organizada pola D. X. de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, dentro do programa Biblioteca Inclusiva, no que entramos a formar parte no curso 2018-2019.



Os encargados das bibliotecas escolares integradas neste programa participamos en diferentes charlas e obradoiros desenvolvidos por figuras como Blanca Mata, xornalista e coordinadora da Asociación "Lectura Fácil Euskadi".



Ou como Rosa Piquín, experta en materia de bibliotecas escolares e atención da diversidade.



Un pracer, tamén, asistir á mesa de experiencias na que compañeiros de diferentes bibliotecas escolares galegas nos achegaron o espectacular traballo que están a realizar a prol de conseguir unhas bibliotecas cada vez máis inclusivas e que dean resposta a todo o alumnado.



Desde aquí queremos dar as grazas a todos os que facedes posible estes encontros, que posibilitan que vaiamos redefinindo e repensando os espazos da biblioteca, a colección coa que contamos e as actividades que propoñemos. Quédanos moito camiño por percorrer, guiados por unha actitude normalizadora, visibilizadora, sensibilizadora, respectuosa, de axuda e apoio, e coñecedora das diferentes necesidades do alumnado.

                                      

No hay comentarios:

Publicar un comentario