miércoles, 27 de noviembre de 2013

BENVIDOS AO FOGAR DOS LIBROS



O noso novo proxecto:

O Plan Lector do centro comeza un novo proxecto de dinamización da biblioteca e de animación á lectura no que esperamos contar coa participación activa de todos os membros da comunidade educativa: alumnos, docentes e familias.


Por que un blogue?

Pensamos que, coa creación deste blogue, disporemos dunha ferramenta moi útil para estar en contacto con todos e todas vós e mantervos informados das actividades que ímos desenvolver ao longo do curso (os concursos programados desde o centro, as actividades de animación á lectura nos distintos niveis educativos, as novidades editorias que cheguen á nosa biblioteca procedentes das bibliotecas municipais para que as poidades desfrutar nas vosas casas, as recomendacións dos profesores e dos vosos compañeiros, as distintas exposicións que terán lugar...).

A biblioteca:

Queremos que vexades a biblioteca non só como unha sala de estudo, senón como un lugar onde poidades mergullarvos no fantástico mundo dos libros, onde poidades atopar lecturas apropiadas para cada idade (sinaladas con novos paneis indicativos) e onde os máis pequenos desfrutedes da nova área infantil, creada para que desde moi novos crezan valorando a importancia de ler e poidan facelo nun entorno que lles resulte atractivo, en definitiva, coma un lugar onde poder desfrutar coa lectura.

Colaborade!

Desde xa, invitámosvos a utilizar o noso correo electrónico para enviar peticións de libros que vos gustaría que estivesen aquí, facer suxestións de temáticas  que vos interese que tratemos na biblioteca e publicar recomendacións que poidan chamar a atención dos vosos compañeiros e compañeiras. 

Recomendade!

Encantaríanos recibir pequenas reseñas de libros xa lidos por vós e dos que gostásedes moito; que nos contásedes sobre que tratan para así poder animar aos vosos compañeiros a lelos logo de ver a vosa recomendación.

Exposicións permanentes:

Nós, encargarémonos de traer novidades interesantes para vós, os libros que solicitedes e de facer recomendacións por temáticas (misterio, aventuras, romanticismo, fantasía, ciencia, historia...) para que a busca de libros sexa máis sinxela.

Ao longo do ano manteremos exposicións activas de libros que estamos seguros que ides desfrutar moitísimo!


Esperamos que participedes e gocedes de todas as nosas propostas. 

Como despedida, deixámosvos una frase de Jackie Anton:

«As bibliotecas son as portas de entrada ao universo; un bastión de coñecemento e inspiración»

6 comentarios:

  1. Un nacemento moi feliz! Unha idea estupenda! Vento nas velas!!!

    ResponderEliminar
  2. ¡Enhorabuena! Por fin una forma de acercar a los más pequeños (y no tanto) la lectura, de una forma en la que se puedan comparar gustos y recomendar los libros. Saludos desde 1° de BACH.

    ResponderEliminar
  3. hola ¿que tal? os felicito por esta nueva iniciativa; que espero que tenga mucho futuro y que en mi opinión es de lo más acertada.
    Para participar he buscado dos títulos de los libros que he leído; y que me han parecido más apropiados, son los siguientes
    "La sonrisa etrusca" de Sampedro. Preciosa historia que nos ayuda a comprender y experimentar emociones que sin duda;no te dejarán indiferente. Nuestro protagonista, un entrañable abuelo de aldea, con una enfermedad que le va quitando la vida poco a poco es transladado a la gran ciudad junto a su hijo.Él, lejos de estar agradecido se muestra reacio al viaje. Se siente fuera de lugar, hasta que un día descubre.....¿quieres saber el qué? Pues ya sabes. ;)

    ResponderEliminar
  4. La otra obra que os he mencionado es esta: LA MECÁNICA DEL CORAZÓN, del Mathias Malzieu.
    Pongámonos en situación: estamos en Edimburgo, en una fría noche del siglo XIX. Allí nacerá Jack, hijo de una prostituta, y cuyo corazón está dañado. Para salvarlo, le colocarán un reloj de madera, al que deberá dar cuerda durante toda su vida y que le causará un sinfín de molestias. Claro que para mantener su corazón deberá atenerse a una serie de reglas:
    Uno: No toques las agujas.
    Dos: Domina tu cólera.
    Tres: No te enamores nunca.
    La mecánica del corazón depende de ello.
    Jack sufrirá la burla y el maltrato por parte de los otros chicos, y se sentirá excluido solo por ser diferente. Sin embargo, conocerá a una pequeña cantante andaluza, Miss Acacia, de la que se enamorará inevitablemente.
    Así, Jack se embarcará en una maravillosa aventura, en busca de su amada; que le llevará hasta París y a Granada, conociendo a muchos personajes singulares (ojo a los cameos de celebridades… no digo más…) y viviendo las maravillas y penalidades del amor. ¡Te encantará!

    ResponderEliminar
  5. Moi boa idea.

    Dende a páxina en facebok e a conta en twitter do colexio e a fundación trataremos de darlle a maior publicidade posible.

    ResponderEliminar