domingo, 25 de octubre de 2015

A XENEROSIDADE DUNS CONTACONTOS MOI PROFESIONAIS

Xenerosidade é a palabra que mellor define a Ana Barroso Vinagre e a Pedro Joel Palmero Vázquez, alumnos de 1º de ESO B, que esta semana fixeron desfrutar por todo o alto aos alumnos da Gardería e ao grupo de 6º de Infantil A. É por esta razón pola que esta entrada é para vós, Ana e Pedro Joel.

Grazas por dedicar o voso tempo de recreo aos pequenos, por preparar con tanto esforzo os contos que contastes e por poñer todo o voso corazón en todo aquilo que facedes. O sorriso que vos dedicaron os nenos é, sen dúbida, a mellor recompensa ao voso traballo.

Para vós, aquí vos deixamos unhas fotos do mércores, cando, a través do poder dos contos, achegastes os nenos da Gardería a un tema que protagonizará os vindeiros días: o Samaín.




E se o mércores foron os máis pequenos os que desfrutaron coa vosa simpatía e bo facer, o xoves tocoulles o turno aos maiores de Infantil, que gozaron escoitando o conto Dinosaurio Belisario (Ed. Kalandraka), con texto de Pepe Cáccamo e ilustracións de Carles Arbat.


Aquí vos quedan unhas fotos do momento:






Desde O Fogar dos Libros querémosvos dicir que é un auténtico orgullo compartir Centro con persoas coma vós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario