Estes días continuamos a desfrutar dos contos clásicos cos pícaros de Infantil, Así, logo de asistir hai uns días á representación de Os tres porquiños, a pasada semana, os nenos e as nenas de 5ºInf. A pasárono en grande con Hansel e Gretel, grazas a Diego Otero, a Estela, a Candela, a Pablo, a Claudia, Diego Pereiro e a Olaia, todos eles de 5ºB.
Este grupo de actores e actrices xeniais representou para os pícaros unha obra baseada na versión do famoso conto dos irmáns Grimm Hansel e Gretel, que Tina Meroto realizou para OQO editora. Para non perderse, desde logo, as ilustracións do álbum, creadas por Iratxe López de Munáin, das cales vos deixamos unha pequena mostra.
E, ademais, aquí vos deixamos unhas fotos da sesión:
Así de atentos seguiron os pícaros de 5ºInf. A a representación:
Finalizado o espectáculo, chegou o momento de colorear un debuxo relativo á obra que acababan de ver:
E, ademais de representar Hansel e Gretel, continuamos poñendo en escena Os tres porquiños, coa que estes días desfrutou o alumnado de 6º de Infantil. Como en semanas anteriores, os encargados de desenvolver esta actividade foron Estela, Claudia, Juan, Aitana, Pablo e Diego, todos eles de 5ºB.
E para despedirnos, aquí vos deixamos un dos mellores momentos da semana: a alegría de Uxía ao ver actuar á súa irmá Aitana na obra Os tres porquiños.