Logo das recomendacións lectoras que nos deixou hai uns días o noso compañeiro Xosé Manuel Varela, profesor de Lingua Galega e Literatura na ESO, hoxe temos o pracer de falar de libros con outra auténtica amante da lectura: Cristina Prego Fraga, unha das nais dos nosos alumnos máis implicada nas actividades que organizamos. Unha vez máis, Cristina, dámosche as grazas por participar nunha das nosas iniciativas. Aquí vos deixamos con ela:
1.O libro da túa
infancia…
Creo que o libro que máis me marcou na infancia foi o de
Matilda de Roald Dahl que trata dunha nena cun coeficiente intelectual alto, que
pode mover cousas coa mente e á que lle encanta ler; os pais non entenden o porqué destas habilidades da nena e intentan infravalorala e fanlle desprezos, pero ela coa súa intelixencia sabe saír a flote. No cole a directora tamén fai
das súas, pero grazas a que a súa mestra descobre o potencial de Matilda, conseguen librarse dela e que o seu colexio sexa un lugar para aprender e
divertirse.
Creo que este libro me marcou porque conseguiu que a miña
paixón por ler fose maior.
2.Cales son os xéneros
que máis che fan desfrutar?
Novela histórica: porque seguir aprendendo está á orde do
día. Como por exemplo Los pilares de la Tierra ou La ladrona de libros. Non podo deixar de mencionar El camino ou Memorias dun neno labrego.
Novela fantástica: é unha axuda para desconectar do mundo
real. Un exemplo: El Señor de los Anillos, A historia interminable…
Novela de aventuras: unha boa maneira de viaxar sen moverte
do sofá. A volta ao mundo en 80 días, Viaxe ao centro da Terra, Robinson
Crusoe…
Novela romántica: unha boa maneira de volver a crer no amor, que axuda a ser máis optimista. Un exemplo: La sonrisa etrusca.
3.Se puideses coñecer a
un escritor ou escritora, a quen escollerías?
Encantaríame ter coñecido a Neira Vilas, Miguel Delibes ou
a José Luis Sampedro porque creo que unha longa charla con eles ensinaríame a
ter ese saber estar que eles tiñan e seguramente aprenderíanme a expresarme e
escribir con moita máis claridade.
Tamén creo que unha boa conversa con Rosalía de Castro ou
Emilia Pardo Bazán sería moi produtivo para min por ser mulleres feministas e
loitadoras, para que me transmitisen esa afouteza que elas tiñan.
4.O teu libro favorito…
Vou poñer 4 pero podería citar 1000…
1. El camino de Miguel Delibes: tíñao miña nai na casa, que xa o lera meu irmán maior. É unha das mellores obras de Miguel
Delibes, onde combina realismo social con aprendizaxe. Esta obra fálanos da
natureza e dos costumes rurais, onde o neno protagonista vai contando os seus
recordos infantís cun ritmo áxil e un estilo natural.
2. La
sonrisa etrusca de José Luis Sampedro: mandáronmo ler no instituto en 2º BUP. A historia transcorre en Milán, onde Salvatore Roncone, un
vello teimudo e extraordinariamente unido á terra calabresa onde naceu, trasládase co seu fillo para se tratar de cancro. Na gran cidade enfróntase ao choque
de dous mundos: o do seu fillo e a súa muller, que xunto co seu único neto de
13 meses, forman unha típica familia urbana e burguesa no sur de Italia. Un
mundo de costumes rancios e machistas e rifas familiares. O neto chámase Bruno,
un nome que fai feliz ao avó, porque, a pesar de que o seu propio fillo non lle
fixo caso, foi o nome que Salvatore recibiu no clandestino partidario. Así, establécese
unha relación entre o avó e o neto, en quen verte a súa tenrura e a quen tenta
transmitir o seu amor pola vida, que, como consecuencia da enfermidade, se lle
escapa. Pero iso non lle impide parar a súa vida nin o seu afán por demostrar que
aínda é capaz de levar a cabo os feitos o máis normal posible. Tanto é así que
se namora de novo, amosándonos que nunca
é demasiado tarde.
3. Memorias
dun neno labrego de Neira Vilas: este tamén foi por obriga e foi en 6º de
EXB. Trata dun rapaz chamado Balbino, que é
labrego e procede dunha familia pobre, o que non impide que lle acontezan moitas
aventuras, que vai escribindo nun caderno. Este neno é aventureiro pero ao mesmo
tempo moi tímido, pícaro e valente, que pensa moito no mundo e na súa vida como
labrego.
4. Los
pilares de la Tierra de Ken Follet: recomendación
dos meus tíos que son grandes lectores. Esta novela está ambientada na
Inglaterra do século XII. O autor transpórtate á Idade Media, a un fascinante
mundo de cabaleiros, reis, damas, castelos e cidades amuralladas. Neste libro
o amor e a morte vanse entrecruzando e o centro é a construción dunha catedral gótica. Entre as aventuras do protagonista, Tom Builder, hai unha
peregrinaxe a Santiago de Compostela.
5.Se tiveses o poder de
convertirte nunha personaxe literaria, cal elixirías?
Sería Bastián o de A historia interminable, para vivir esas
aventuras.
6.Unha obra para tremer
de medo…
Non leo novelas de terror porque me crean ansiedade.
7.Un libro para
escachar co riso…
Eu rin moito con La sonrisa etrusca de José Luis Sampedro. Supoño que pola maneira que ten de vivir a súa
enfermidade e porque no momento no que o lin xa pensaba que si ou si eu sería enfermeira e que así era como se debía ver a vida a pesar de como che veña.
8.Que supón para ti a
lectura dun libro?
Para min supón unha
viaxe sen moverme da casa e do sofá. Axúdame a desconectar do día a día e nalgún caso chego a meterme tanto na lectura que paso a formar parte do libro.
9.Lectura en papel ou
dixital?
Pois ata non hai moitos
meses era das de papel, pero un regalo de Reis (o Kindle) pasoume ao dixital, que
me resulta moi cómodo para as viaxes que teño por traballo. Pero se teño que
elixir, o papel queda como favorito.
10.Para despedirnos,
uns versos ou un pequeno fragmento que leras nalgún libro e que che gustase
especialmente:
“ Por una mirada, un
mundo;
Por una sonrisa, un
cielo;
Por un beso… ¡Yo no sé
que te diera
Por un beso!
Rima XII Gustavo Adolfo
Bécquer
“Adios ríos adiós
fontes
Adiós regatos pequenos
Adiós vista dos meus
ollos
Non sei cando nos
veremos…”
Rosalía de Castro