miércoles, 15 de marzo de 2023

LUIS E MARÍA REGÁLANNOS UN CONTACONTOS MOI ESPECIAL

Na biblioteca do Fogar ás veces acontecen momentos máxicos, como o que vivimos a pasada semana cando a profe María e o seu fillo Luis, alumno de 3º da ESO no noso colexio, decidiron sorprender aos pícaros de 5ºA e 5ºB de Infantil cun contacontos moi especial no que leron o álbum favorito de Luis cando era pequeno: El pez Arcoiris.





Todos desfrutaron enormemente con este clásico da literatura infantil, que nos fala do valor da amizade e da xenerosidade. Desde aquí, recomendámosvos esta fermosa obra escrita e ilustrada por Marcus Pfister, e publicada por Beascoa:


E, por suposto, queremos dar as grazas a Luis por todo o cariño amosado durante a sesión cos pequenos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario