lunes, 13 de marzo de 2023

FALAMOS DE ECOLOXISMO E DO PODER DA COLABORACIÓN GRAZAS AO ÁLBUM RANA DE TRES OJOS

Estes días, os pícaros de 5ºA e B de Infantil desfrutaron enormemente co álbum Rana de tres ojos grazas ao divertido contacontos que desenvolveron para eles Carmen, Noa, Enma, Lucía, Kalsoum e Chloe, alumnas de 4ºB de Primaria. 






Finalizada a representación, os pequenos agradeceron o esforzo e o bo facer das contacontos cun enorme aplauso:



E a sesión rematou cunha pequena charla arredor desta fermosa historia, que nos fala das consecuencias fatais da contaminación, da necesidade de respectar o medio ambiente e da importancia de colaborar e traballar xuntos.



Sen dúbida, recomendamos a lectura desta obra de Olga de Dios, publicada por Apila Edicións:






No hay comentarios:

Publicar un comentario