viernes, 23 de enero de 2026

Manuel Alvite: «Collín moito agarimo ao Fogar de Santa Margarida»

 

Manuel Alvite: «Collín moito agarimo ao Fogar de Santa Margarida»

 

Don Manuel Alvite, párroco da Parroquia Santa Margarida, é moi querido na súa comunidade porque ten moito carisma e transmite paz e confianza ás persoas.

 

John García Lavandeira (2º ESO B)

 

Cantos anos leva de sacerdote e cantos leva nesta parroquia?

De sacerdote levo dende o ano 1972 e aquí, nesta parroquia, vai facer 18 anos.

Estivo algunha vez noutras parroquias ou noutros lugares como misioneiro?

Misioneiro non, pero noutras parroquias, si. Na parroquia dalgunha forma tamén misioneiro. Eu antes de ser cura estiven nun colexio de nenos en Santa Cruz, despois ordeneime sacerdote no 72 e despois estiven traballando durante moitos anos con nenos discapacitados. Eu son educador de Educación Especial e estiven traballando con nenos discapacitados durante 30 anos.

Que opina do papa León XIV e de que vaia a Madrid, Barcelona e Canarias pero non a Galicia?

A min gustaríame que viñera a Galicia, pero o máis importante non é que veña a Galicia. Vaia a onde teña que ir, vai levar unha mensaxe de paz e non pode vir a todo o país, pero se vén ao país ben e se vén a Santiago fenomenal.

Eu estudo no Fogar de Santa Margarida e varias veces vino alí, cal é a súa relación co colexio?

No colexio Fogar de Santa Margarida, sendo eu un novo sacerdote alá nos Castros, había xa un director que era Don Xosé Sardiña. Que sabía moitas cousas. Entón, dende aquela sempre collín moito agarimo ao Fogar Santa Margarida. Por outro lado tiña uns compañeiros, que eran José Antonio Vázquez Cabarcos e Andrés García Vilariño, que eran do meu curso e eramos amigos.

Cre que a materia de Relixión debería ser obrigatoria nos colexios?

Pois aí métesme nun interrogante porque non debe ser á forza, pero que haxa unha liberdade e que o que opte por ela paréceme moi ben e o que non pois hai que respectalo.

Que libro ou película recomendaría sobre a vida de Xesús?

Hai cantidades de películas sobre Xesús, e de libros hai unha guía que se chama Buscade o señor”. E sobre todo hai un libro fundamental que é a Biblia.

Como pode axudar a Igrexa ao ser humano e que valores podemos aprender dela?

A Igrexa debe estar ao servizo dos seres humanos e debe axudalos en todas as cousas que poida. A Igrexa non só é a misa, senón en todas as parroquias hai un grupo de persoas que son a igrexa e que son de Cáritas e a través de Cáritas tratan de axudar ás persoas que están pasando unha necesidade e sempre que se poida dándolles roupa ou vales para alimentarse.

Como cre que pode a Relixión axudarnos no noso día a día e cre que se a xente de todo o mundo crera máis en Deus o mundo melloraría?

Iso sen comparación. A fe leva consigo un comportamento e un compromiso. Se eu son cristián bautizado e nunca vou á misa, non lle pidas peras ao olmo. Pero a fe leva consigo unha práctica na vida.

E está contento cos fieis desta parroquia? Que tal son?

Si, nese caso eu non son xuíz para nada; eu son un membro da parroquia e estou contento nese sentido e con vós os rapaces que vindes aquí e a miña misión é axudar.

Que é o que máis lle gusta da súa profesión?

O falar coa xente, estar coa xente e nunca lle pregunto se é crente ou non, se vén a misa ou non ou se é cristiá ou non. Agora estou encantado cun grupo que veu de Venezuela que chegan aquí e non saben nada; falar con esa xente é unha marabilla.

Vostede forma parte do grupo de Cáritas, como axuda aos pobres?

Eu formo parte del, para min é fundamental porque Cáritas é a Igrexa no aspecto social. Eu, como consiliario de Cáritas, vou todos os meses a unha reunión para ver as cousas que temos que facer co equipo de Cáritas da parroquia. O equipo é o que se compromete para axudar economicamente e con vales para alimentos.

E para rematar, don Manuel, que foi o máis raro que lle pasou na igrexa?

De vez en cando hai cousas que ao mellor non gustan, pero como a Igrexa que somos temos os nosos fallos tamén e temos que recoñecelo e pedir perdón.

Agora voulle facer unhas preguntas do que prefire e ten que escoller unha opción obrigatoriamente.

Biblia en papel ou Biblia dixital?

Eu aínda son da Biblia en papel.

Bautizos ou casamentos?

 A min gústanme máis os bautizos.

Misa pola mañá ou pola tarde?

Neste momento aquí na parroquia estamos facéndoa pola tarde porque pola mañá era moi cedo e prefiro pola tarde.

Novo ou Antigo Testamento?

Por suposto, o Novo Testamento, pero se les a Biblia tes que empezar polo Antigo.

Advento ou Coresma?

Advento é un tempo de preparar o nacemento de Cristo e a Coresma é para prepararnos da morte e resurrección de Cristo e os dous son importantes e eu non dividiría porque unha cousa leva á outra.

jueves, 22 de enero de 2026

Antón Mato: «Había que traballar para axudar na casa»

 

Antón Mato: «Había que traballar para axudar na casa»

Antón Mato, un home traballador e moi familiar nacido na Agualada (Coristanco), cóntanos como foi a súa vida laboral dende moi mozo nunha época moi difícil para poder axudar a súa familia.

 

NEREA CASTRO MATO (2º ESO B)

 

En que sectores traballaches?

Traballei na construción, na canteira e na minería. Con máquinas e con camións.

A que idade comezaches a traballar?

Empecei a traballar ós catorce anos, na construción. Ós dezaseis cambieime para a Central Térmica de Sabón, para unha construción de obras, de corrente, cousas así. E mais tarde fun traballar para unha canteira, romper pedra e traballar por alí. O que mandaban facer. Tempo despois, fun traballar á mina das Pontes de García Rodríguez e alí botei bastantes anos traballando, ata que case parei.

Por que tan de mozo?

Pois empecei tan cedo porque naquel tempo eu para estudar non valía e entón había que ir traballar e o cartiño facía moita falta para poder comer e había que axudar na casa.

Como era o teu horario laboral?

O meu horario laboral era normal. Era de 8 da mañá a 7 da tarde. Pero eu tiña que levantarme ás 6 da mañá para coller o autobús, que lle chamaban o coche dos obreiros, e ir á Coruña. Levábame media hora ou máis chegar ó posto de traballo. Outro tanto volver cara á casa. Despois deitábame ás 11 ou 12 da noite.

Podes contarnos algo destacado de cando traballaches na canteira?

Ben, eu na canteira estaba traballando do que lle cadraba, con máquinas, cargando dinamita e estaba facendo o que había que facer por alí adiante, soldando… de todo. Incluso dunha vez fixemos unha carga de 600 kg de dinamita repartidos entre 16 buratos e tivemos un accidente porque explotaron uns cantos quilos e veu un helicóptero. Un magoou a columna e foi para Toledo e os outros fomos para a Residencia.

Cres que hoxe en día, con máis medidas de seguridade, teriades ese accidente?

Pois penso que non, porque aquela ferramenta que había antes non era adecuada practicamente coma a de hoxe. Antes aquilo traballaba con pilas e hoxe non. O accidente seguro que foi provocado por iso. Entre a carga das pilas e a carga estática das persoas cando o colle para comprobar foi o que provocou a explosión, o que ocasionou o accidente.

Cal dos traballos que tiveches che gustou máis?

Ben, dos traballos nunca me gustou ningún, pero o que máis foi andar con máquinas, de condutor de pas mecánicas.

Que consellos nos darías ós máis novos para poder durar tantos anos na mesma empresa?

Consellos hoxe ós máis novos xa non se lles poden dar porque empezan a traballar ós 40 anos e xa logo se cansan. Entón, non sei, terán que comezar máis cedo e parar máis tarde. Teñen que ter máis paciencia e máis aguante.

Datos:

A mina das Pontes de García Rodríguez era a máis grande de ceo aberto de Europa. Dela extraíase carbón para a central térmica desa localidade. Agora é o lago artificial máis grande de España con cotas de case 300 m de profundidade (tardou 4 anos en encherse de auga).


lunes, 16 de junio de 2025

APRENDEMOS SOBRE O SISTEMA DE ETIQUETADO NUTRICIONAL NUTRI-SCORE CO ALUMNADO DE FPB

Os rapaces de FP Básica do noso colexio fixeron un Podcast sobre o sistema de etiquetado nutricional NUTRI-SCORE na asignatura de Técnicas Básicas de Merchandising. Despois dunha votación, queremos compartir o que resultou gañador: 

https://www.ivoox.com/player_ej_148803021_6_1.html?c1=8c14

Moitos parabéns aos gañadores!


miércoles, 11 de junio de 2025

E O PREMIO AO GRUPO MÁIS PARTICIPATIVO NAS ACTIVIDADES DA BIBLIO É PARA...

Os nenos e as nenas de 1ºA de Primaria recibiron o premio ao grupo máis participativo nas actividades da biblioteca durante o curso 2024-2025. Desde aquí queremos dar os parabéns a todos os pícaros deste grupo e á súa titora, e, á vez, dar as grazas ás familias pola súa implicación durante todos estes meses.


martes, 20 de mayo de 2025

O MEU LIBRO FAVORITO EN GALEGO É...

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas o pasado 17 de maio, algúns nenos e nenas do cole quixeron compartir con todos nós os seus libros favoritos en galego. Aquí van:




viernes, 9 de mayo de 2025

CONVIDÁMOSVOS A CELEBRAR XUNTOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O vindeiro mércores ás 17:30 celebraremos a gran FOLIADA DAS LETRAS, unha festa con música en vivo (a cargo do grupo Pesdelán), baile e merenda para todos os asistentes. E de balde! Estades todos convidados! Animade os vosos imáns e irmás, pais, nais, avós e avoas. Cantos máis, mellor!


Non só pasaremos unha tarde divertida con este ambiente festivo, senón que tamén celebraremos as Letras Galegas deste ano, dedicadas, como sabedes, ás nosas cantareiras e á nosa poesía oral. Aproveitaremos para ofrecer a actuación das pequenas pandeireteiras do Fogar e para presentar os diferentes proxectos arredor das Letras Galegas deste curso: «Xota do Fogar», «Valse das Avoas», «Telexornal Cantareiras»...

Estamos a agardar por vós!

lunes, 5 de mayo de 2025

XA TEMOS GAÑADORES DO CONCURSO DE POESÍA POLO DÍA DO LIBRO!

Logo de intensas deliberacións, xa temos gañadores do concurso de poesía polo Día Internacional do Libro 2025. 

Na categoría de ESO, a gañadora foi Inés Nieves, alumna de 3º da ESO.



A todos nos encantou o seu poema "Prisas":

                                                  Prisas

                                        Mires a donde mires                  

                                        hay gente corriendo,                                 

                                        de un lado a otro,                        

                                        todos van yendo,                          

                                        adultos,

                                        niños,

                                        ¡frenad un poco!


                                        Van con los pies

                                        clavados en relojes,

                                        el alma muda,

                                        los sueños feroces.


                                        Corren los pasos

                                        sin ver el camino,

                                        la prisa es una norma,

                                        el presente una zona de tránsito

                                        y el futuro su destino soñado.


                                        Van como relojes

                                        que nos dan la hora,

                                        con ojos cerrados

                                        y un alma que llora.


                                        Construyen castillos

                                        con sueños prestados,

                                        sin buscar los suyos,

                                        todos agotados.


                                        Se corre la vida

                                        como una carrera,

                                        sin darse cuenta

                                        que el alma espera.


                                        Van tan deprisa

                                        que el sol les da miedo,

                                        no ven que la vida

                                        está en cada enredo.


                                        Caminan mirando

                                        la meta lejana,

                                        sin ver que la vida

                                        está en la mañana.


                                        Luchan por metas

                                        sin darse una tregua,

                                        mientras el presente

                                        les pasa sin ruega.


                                        Hoy es el milagro

                                        y no lo veneran,

                                        se queman los días

                                        y apenas se enteran.


                                        Y es por eso,

                                        que solo los ancianos

                                        van despacio,

                                        y se paran a ver cosas

                                        que no apreciaban antaño.


No que respecta á categoría de Ciclos e Bacharelato, o premio recaeu en Marcos González, alumno de 1º de Grao Medio.


Todos desfrutamos enormemente coa lectura da súa composición, a cal queremos compartir igualmente con todos vós:

                                                      Poesía Instituto

                                        No se juzga a un libro por la portada,

                                        por mucho que reclame atención.

                                       Que lo esencial es invisible a la mirada,

                                        hay que ver con el corazón.


                                        Y no sé si poesía eres tú,

                                        o ingenuo soy yo,

                                        que mirarte se hizo tabú,

                                        tu nombre se hizo rumor.


                                        ¿Un capítulo o una oración?

                                        ¿Un epílogo o la dedicación?

                                         En silencio y por separado,

                                         pero en la misma dirección.


                                        No siempre se ven las cosas claras,

                                        ni de manera racional,

                                       que siempre habrá más palabras

                                        después del punto final.


Desde aquí queremos dar os parabéns aos gañadores e, por suposto, tamén dar as grazas ás nosas compañeiras Olaia e Inés, así como a todo o alumnado que participou no certame facéndonos chegar uns textos que nos permitiron desfrutar enormemente.