jueves, 15 de noviembre de 2018

ACHEGÁNDONOS AO MUNDO DA FARMACIA CON IRIA E OS PÍCAROS DE 4ºA DE PRIMARIA

Dentro do proxecto central deste curso, destinado a traballar as profesións, estamos a recibir visitas de persoas relacionadas con diferentes sectores profesionais. En 4º de Primaria estamos a centrarnos nas profesións pertencentes ao sector sanitario. Para axudarnos, esta semana pasou pola biblioteca Iria, antiga alumna do noso colexio e actualmente estudante de Farmacia e Parafarmacia. Iria, irmá de Saúl, alumno de 4ºA de Primaria, mantivo un encontro co seu irmán e cos seus compañeiros de grupo, no que falou, precisamente, deste mundo que lle apaixona: o da farmacia.



Con ela aprendemos, por exemplo, como é o mundo dos laboratorios, como se elaboran os medicamentos ou como debemos reaccionar diante dun incendio. Ademais, con Iria asistimos a un interesantísimo curso de primeiros auxilios:



Desde aquí queremos agradecer a Iria a súa amabilidade e paciencia ao responder as mil e unha preguntas que lle formularon os pícaros de 4ºA. E a aqueles que queirades participar no proxecto, vos convidamos a visitarnos para falarnos da vosa profesión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario