O noso novo proxecto:
O Plan Lector do centro comeza un novo proxecto de dinamización da biblioteca e de animación á lectura no que esperamos contar coa participación activa de todos os membros da comunidade educativa: alumnos, docentes e familias.
Por que un blogue?
Pensamos que, coa creación deste blogue, disporemos dunha ferramenta moi útil para estar en contacto con todos e todas vós e mantervos informados das actividades que ímos desenvolver ao longo do curso (os concursos programados desde o centro, as actividades de animación á lectura nos distintos niveis educativos, as novidades editorias que cheguen á nosa biblioteca procedentes das bibliotecas municipais para que as poidades desfrutar nas vosas casas, as recomendacións dos profesores e dos vosos compañeiros, as distintas exposicións que terán lugar...).
A biblioteca:
Queremos que vexades a biblioteca non só como unha sala de estudo, senón como un lugar onde poidades mergullarvos no fantástico mundo dos libros, onde poidades atopar lecturas apropiadas para cada idade (sinaladas con novos paneis indicativos) e onde os máis pequenos desfrutedes da nova área infantil, creada para que desde moi novos crezan valorando a importancia de ler e poidan facelo nun entorno que lles resulte atractivo, en definitiva, coma un lugar onde poder desfrutar coa lectura.
Colaborade!
Desde xa, invitámosvos a utilizar o noso correo electrónico para enviar peticións de libros que vos gustaría que estivesen aquí, facer suxestións de temáticas que vos interese que tratemos na biblioteca e publicar recomendacións que poidan chamar a atención dos vosos compañeiros e compañeiras.
Recomendade!
Encantaríanos recibir pequenas reseñas de libros xa lidos por vós e dos que gostásedes moito; que nos contásedes sobre que tratan para así poder animar aos vosos compañeiros a lelos logo de ver a vosa recomendación.

Exposicións permanentes:
Nós, encargarémonos de traer novidades interesantes para vós, os libros que solicitedes e de facer recomendacións por temáticas (misterio, aventuras, romanticismo, fantasía, ciencia, historia...) para que a busca de libros sexa máis sinxela.
Ao longo do ano manteremos exposicións activas de libros que estamos seguros que ides desfrutar moitísimo!

Esperamos que participedes e gocedes de todas as nosas propostas.
Como despedida, deixámosvos una frase de Jackie Anton:

«As bibliotecas son as portas de entrada ao universo; un bastión de coñecemento e inspiración»