lunes, 16 de diciembre de 2013

I CONCURSO DE MONÓLOGOS NO FOGAR



Cerramos o trimestre celebrando o I Concurso de Monólogos do centro, que terá lugar o venres día 20 de decembro de 11:30 a 13:10 no teatro do colexio.

Os monólogos serán interpretados por alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º da ESO, e toda a ESO e Bacharelato asistirán ao espectáculo. Os temas sobre os que tratarán os monólogos son os seguintes:

"Xa estou na ESO...."

"Os avós xa teñen móbil".

"Os profesores, eses estranos seres".




Todos os participantes recibirán lotes de libros (obsequio da editorial EDEBÉ), e ademais poderán desfrutar, xunto coa clase do gañador ou gañadora, dunha representación en exclusiva para eles do cómico PEDRO BRANDARIZ, quen virá ao colexio en xaneiro e co que de seguro ímos escachar coa risa.