lunes, 31 de marzo de 2014

"CARNAVALES PASADOS POR AGUA"




El Pez Arcoiris aprovechó el carnaval para continuar repartiendo sus escamas en nuestras aulas de Infantil...  



Las profesoras fueron las primeras en ser tocadas por la magia de nuestro pececillo

       


sábado, 29 de marzo de 2014

TARZÁN PASOU POLO FOGAR!

An aeroplane crashes in the middle of the jungle. The only survivor is a small boy who is adopted by monkeys. The boy grows up to become Tarzan, lord of the apes.
Un avión estrélase no medio da xungla. O único supervivente é un bebé que é adoptado por uns monos. O neno medra ata se converter en Tarzán, o rei dos simios.
Así comeza Tarzan of the Apes (1912), a novela de aventuras do escritor estadounidense Edgar Rice Burroughs. Se cae nas túas mans esta obra clásica, xa sexa en galego, en castelán ou en inglés, non perdas a oportunidade de lela. Emoción asegurada!


Convidado polo noso Departamento de Inglés, este heroe da xungla deixouse caer o pasado mércores 26 de marzo polo Fogar, da man da compañía madrileña Face 2 Face. Un espectáculo vibrante e cheo de humor, integramente en inglés, que fixo as delicias dos alumnos e alumnas do 2.º e 3.º ciclos de EP e tamén dos do 1.º curso de ESO.

Entre carreiras, zoupadas, brincadeiras, bailes e cancións, coñecemos as peripecias dun Tarzán algo pasmón, do seu mellor amigo Cheetah, da intrépida xornalista Jane e do malvado cazador Archie. Iso si, coa inestimable colaboración dos actores e actrices «da casa». Que arte sobre o escenario!

Unha experiencia de teatro en inglés que, de seguro, poderemos repetir. It will be fun!


lunes, 24 de marzo de 2014

ACTIVIDADES DE MARZO

O tema central do noso Plan Lector este ano é a auga. Consideramos que é moi importante que os rapaces e rapazas valoren e recoñezan un ben tan escaso e fundamental e de valor incalculable.
Con motivo da celebración do Día Mundial da Auga o pasado 22 de marzo, propoñemos este mes dous concursos relacionados con esta temática.
O primeiro deles, un concurso de relatos curtos no que participará todo o alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato.
Os alumnos deberán escribir unha historia na que o tema central sexa a auga. Cada titor, titora ou profesor titular da materia dará as directrices ao seu grupo sobre a extensión, a lingua e o formato no que a deberán escribir.
Para animarvos á investigación e, se cadra, inspirarvos para as vosas redaccións, deixámosvos aquí, aquí e aquí unhas webs relacionadas coa auga e a súa importancia.

O segundo concurso está destinado ao terceiro ciclo de Primaria, ESO e Bacharelato. Trátase dun concurso de fotografía no que o alumnado deberá tomar unha fotografía relacionándoa con diferentes materias (Educación Física, Xeografía, Sociais, Bioloxía, Coñecemento do Medio...) e na que o elemento principal sexa a auga. 
As fotografías deberán enviarse ao correo do Plan Lector (ofogardoslibros@gmail.com) indicando o nome do alumno, o curso, con que materia a relaciona e o seu porqué da elección ou ben, entregalas nunha memoria externa ao titor ou na biblioteca do centro.
As datas límite para entregar os relatos e as fotografías son: o 31 de marzo para Primaria e o 4 de abril para ESO e BACH.
Na primeira quincena do mes de abril revelaremos os gañadores e os fantásticos premios que recibirán grazas a Rodeira/Edebé e Oxford.

viernes, 14 de marzo de 2014

A LITERATURA ROMÁNTICA


Durante o mes de febreiro propuxemos traballar esta temática no centro e hoxe presentámosvos o traballo feito polo profesorado e o alumnado.


Traballo dun alumno
de 4º de ESO.

Os rapaces e rapazas de secundaria traballaron a reo axudándonos a decorar todo o centro (corredores, biblioteca, cafetaría...) con diversas estrofas de poemas, frases de películas, fragmentos de libros, carteis con recomendacións dos seus libros románticos favoritos... E expuxeron na biblioteca, ante os seus compañeiros, historias clásicas da literatura romántica. 






















As mestras de Infantil deleitaron aos máis pequenos cun conto, relacionado coa temática, que contaron na biblioteca.

En primaria, as actividades foron do máis diversas. Os nenos e nenas desfrutaron escoitando distintos contos e diferentes versións dos mesmos, realizaron exposicións, crearon e contaron contos e lendas, ofreceron aos compañeiros representacións teatrais, cantaron e fixeron representacións de teatro lido: 

Os nenos e nenas de 3ºB e 5ºA de primaria desfrutando co Lobito Caperucito.

5º B e 5º C valoran a adaptación  de Romeo e Xulieta 
que nos ofreceron Raúl, Nuria, Javi, Noa e Alberto.
Traballo dos alumnos de sexto.
Representación de El Lobito Caperucito:


Representación dos alumnos de 3ºC: