jueves, 19 de junio de 2014

CONCURSO LEER CON VALOR

Chéganos a través de CONCAPA un concurso no que todos e todas gañades; Leer con valor . De entrada, un libro só por participar.

O concurso vai dirixido a rapazas e rapaces de 3 a 16 anos. Para participar só tendes que escoller un libro e rexistrarvos aquí (os libros en formato papel teñen un custo de 2,95 € en concepto de gastos de envío).

Unha vez que o libro chegue ás vosas mans, só queda lélo e facer unha proba de lectura.

Os participantes desta proba entrarán nun sorteo final no que poderán gañar distintos premios:

Primeiro premio rexional: Tableta Samsung de 7 polgadas.
Segundo premio rexional: Dotación de libros Everest.
Terceiro premio rexional: Subscrición 3 meses 24Symbols a algún dos seus servizos de lectura dixital.
Cuarto premio rexional: Subscrición 3 meses my little book box.

Primeiro premio nacional: Tableta Samsung de 10 polgadas.
Segundo premio nacional: Dotación de libros Everest.
Terceiro premio nacional: Subscrición anual 24Symbols a algún dos seus servizos de lectura dixital.
Cuarto premio nacional: Subscrición 6 meses my little book box.

Tendes o mes de xuño para apuntarvos e até finais do mes de agosto para facer a proba de lectura.

Os gañadores dos premios faranse públicos a partir do 15 de setembro.

Por se vos queda algunha dúbida, aquí podedes consultar as bases do concurso.

miércoles, 4 de junio de 2014

"Día das Letras Galegas"


O 17 de maio celebrouse na nosa comunidade autónoma o

Día das Letras Galegas que se vén festexando desde 1963,

data na que se publicou en Vigo o primeiro exemplar da 

obra Cantares gallegos de Rosalía de Castro.



Este ano, a Real Academia 

Galega, decidiu homenaxear 

Xosé María Díaz  

Castro pola súa creación 

literaria no noso idioma.





Para este día, desde o plan lector, propuxemos unha 

"Xincana" polo colexio, na que todo o alumnado de primaria 

(1º, 2º, 3º, 4º, e 6º) tivo que ir localizando e identificando a 

escritores galegos representantes das nosas letras en anos 

anteriores. Así coñeceron e falaron con autores tan 

importantes como Rosalía de Castro, Castelao, Pondal, 

Vidal Bolaño, Lois Pereiro, Paz Andrade e o propio Díaz   

Castro.


Agradecementos ás nosas actrices: "Nerea, Paula, Sara, Alba, Antía, Cris, Yamila e María".

E...comeza a aventura!!!