martes, 7 de octubre de 2014

INVITÁMOSVOS A UN CONCERTO...

Se queredes ver a Sés, a Kepa Junkera e a Xabier Díaz en directo tédelo ben simple: 
o único que tedes que facer é recomendar un libro aos vosos compañeiros.

Escribide un texto de 10-15 liñas explicando por que recomendades ese libro e entregade os vosos escritos na biblioteca.
Nós publicaremos as vosas recomendacións no noso blogue e, entre todos os participantes, sortearemos dúas entradas dobres para asistir, xunto cun acompañante da vosa elección, ao concerto.

Tedes de prazo até o día 20 de outubro (luns) a primeira hora da mañá para entregalos. 
O concerto é o día 23 (xoves) no Ágora.

E para abrir boca, un petisco de Sés:


lunes, 6 de octubre de 2014

CONCURSO POLO "DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS"

O pasado mes de setembro propuxemos ao alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria participar no noso concurso para celebrar o «Día Mundial dos Animais».
Despois de ler un libro (ou varios) da nosa biblioteca que tivese aos animais como protagonistas, os rapaces e rapazas debían facer un debuxo inspirado nel. 

Cos seus debuxos decoramos as paredes da biblioteca:


Estades todos e todas convidados a pasar
pola biblioteca a ver os debuxos!


E hoxe anunciamos a gañadora: Sara Fernández Cedeira de 3º C, cun debuxo inspirado no libro Una jirafa de otoño (Anaya, 2004) de Andrés Guerrero.


Moitos parabéns a Sara, que ao longo desta semana recibirá o seu premio!