Durante este curso leváronse a cabo
diferentes talleres e actividades nos que participaron algúns dos alumnos e
alumnas que traballan no Departamento de Orientación do Colexio.
Deixámosvos unha pequena mostra:
No primeiro trimestre traballamos coa
natureza, facendo pequenos proxectos por grupos e idades, elaborando o contido
en diferentes formatos (vídeos, power point, utilizando recursos TIC... ); traballamos as tres erres e levámolas á práctica con diversos elementos
reciclados, reutilizados, e intentamos reducir o uso de certos materiais como o
papel, as bolsas plásticas....
No segundo trimestre xogamos coa
literatura e a música, facéndoas accesibles a diversos colectivos, aprendendo a
signar o estribillo da canción :”Pequeno planeta”. Esta actividade serviunos
para traballar os sentimentos e emocións que nos transmitía escoitala.
Para remate do proxecto, os grupos
elixiron unha melodía de cancións coñecidas para transformar a súa letra en pro
do coidado da natureza.
![]() |
| Adrián Zapatero |
![]() |
| Violeta Olveira |
![]() |
| Mateo Garea |
![]() |
| Ian Añón |
![]() |
| Pedro Olveira |
![]() |
| Claudia Caminero |
![]() |
| Daniela Gómez |
![]() |
| Juan Sánchez |
![]() |
| Martín Ferrero |
![]() |
| Carmen Cordonié |
![]() |
| Sergio Patiño |
![]() |
| Martín Seisdedos |
Neste último trimestre están a traballar na lóxica matemática.
Participamos na feira matemática, colaborando coa actividade extraescolar que se imparte no colexio: Matematízate.
Continuamos con taboleiros para Bee-bot, onde puxeron todo o seu inxenio traballando co robot.
Feira matemática
Aprendendo cos xogos da feira
O robot Bee-bot
Nos talleres de educación emocional que levamos a cabo durante todo o curso, fomos traballando o coñecemento e o recoñecemento de cada emoción a través de contos, curtos de animación ou dinámicas e actividades. Deixámosvos a continuación unha pequena mostra:
![]() |
| Dinámica Lazos da amizade. Como é a nosa amizade? (Candela Garea, Martín Ferrero,Ismael Vázquez e Jorge Grobas) |
![]() |
Os tarriños das emoción.
Escribimos palabras para cada emoción.
(Icía Souto e o grupo de pícaros de infantil)
|
![]() |
Identifico algunhas emocións.
(Icía Souto Brandón, 4ºB)
|
![]() |
| O rincón das emocións. Como te sentes hoxe? |

























No hay comentarios:
Publicar un comentario