viernes, 31 de marzo de 2017

UN MES DE CUENTOS EN VERSO PARA NIÑOS PERVERSOS

Neste mes, no que o día 8 se celebrou o Día Internacional da Muller, moitas das actividades que levamos a cabo estiveron destinadas a traballar esta data tan significativa. Así, durante estas semanas o Colexio recibiu a visita de nais, pais, avós, tías..., que nos viñeron presentar figuras da importancia de Rosalía de Castro, Marie Curie ou Amelia Earhart. Todas estas visitas poderédelas ver no blog proximamente. Porén, ademais da muller, nestes días tamén houbo outros protagonistas. Un deles foi unha obra que encanta aos alumnos do Fogar: Cuentos en verso para niños perversos (Alfaguara). Así, varios dos contos que aparecen neste divertidísimo libro, escrito polo xenial Roald Dahl, visitaron a biblioteca grazas a un grupo de alumnas de 6ºC, que representaron para os máis pequenos estas divertidas versións de contos tradicionais, como Carapuchiña Vermella ou Cincenta. Aquí podedes ver a Sofía, Carmen e Iria representando para os nenos "Caperucita Roja y el lobo", nunha actuación que nos fixo escachar coa risa:







Igual de divertida foi a dramatización que realizaron para os alumnos de 3ºB, Laura, Andrea e María, a partir do conto "Los tres cerditos", na versión de Roald Dahl.






E risos e risos tamén se escoitaron na biblioteca cando Aitana, Iria e Elena puxeron en escena o conto "La Cenicienta", tamén ante 3ºB:





A todos os que queirades pasar uns momentos divertidos, vos recomendamos a lectura desta xenial obra de Roal Dahl:



Outra das obras coas que desfrutamos estes días foi Kofu: El niño de chocolate (Nova Galicia Edicións), un fermoso álbum creado por Guadalupe Loriga, que constitúe un auténtico canto á igualdade, ao respecto e á amizade.




Lucía, Sofía e Ainhoa leron este conto aos seus compañeiros de 6ºA:




Sopa de Rato (Kalandraka), un clásico da Literatura Infantil creado por Arnold Lobel e publicado xa en 1977, foi outro dos libros que puidemos escoitar estes días na biblioteca. Sofía, Lucía e Claudia foron as encargadas de dramatizar para os seus compañeiros de 4ºB os contos que figuran no libro.





Con Monstruo rosa (Apila Ediciones) desfrutamos dun fermoso conto creado por Olga de Dios, que nos lembrou o valor da diferenza e da diversidade como elemento enriquecedor da nosa sociedade. Aitana e Candela dramatizaron esta obra para os seus compañeiros de 4ºB.







Con 4ºB viaxamos tamén até o s.XV, para mergullarnos na figura de Cristovo Colón, grazas á obra Quen era Cristovo Colón? (Rodeira), de José María Plaza. Inés, Sofía e Claudia foron as encargadas de achegarnos esta personaxe histórica.







Tamén sentimos o poder destrutivo da guerra e o medo dos que teñen que fuxir do seu fogar por temor ás bombas, grazas á obra A fuxida (Biblos), escrita por Berta Dávila e ilustrada por Inma Doval. Alejandro e Álvaro leron a obra para os seus compañeiros de 4ºB.






Tamén en Infantil desfrutaron de contos na biblioteca. Unha das sesións máis divertidas cos pequenos correu a cargo de dúas das nosas contacontos favoritas, Candela e Alba, de 5ºC, que leron para os pícaros de 4ºInf. A un clásico da nosa biblioteca: Cocorico (OQO), unha adaptación dun conto tradicional birmano escrita por Marisa Núñez, coa que lembramos o valor de compartir, de cumprir as promesas e de escoitar os consellos daqueles que saben máis.





Vacío (Bárbara Fiore), un libro escrito por Anna Llenas, foi outra das obras na que nos detivemos estes días. Este álbum nos permitiu falar de emocións e nos fixo reparar nese sentimento que en ocasións experimentamos: o vacío. Como ben vimos no libro, ante este sentimento, debemos procurar a resposta no noso interior. Claudia e Miriam, de 4ºC, leron esta obra para os pequenos de 5ºInf.A e reflexionaron cos pícaros sobre o contido do libro. A continuación, os nenos e as nenas debuxaron o seu mundo máxico, aquel lugar no que se atopan en absoluta paz e tranquilidade.











Con 5ºInf. B tamén falamos das nosas emocións, a partir da obra Así es mi corazón (Bruño), escrito por Jo Witek e ilustrado por Christine Roussey. Alegría, tristeza, calma, enfado ou medo foron algunhas das palabras sobre as que conversamos logo da lectura deste libro.

"Mi corazón es como una casita. Dentro pasan muchas cosas... ¡Y están todas revueltas! Hay risas ruidosas y días con lluvia, enfados grandotes y ganas de saltar a la pata coja. Hoy voy a abrir la puerta de mi corazón para invitarte a pasar".





E rematamos o repaso a algunhas das actividades máis destacadas destes días con Paula, Nerea Sánchez e Nerea García, de 3ºB. Estas tres actrices de primeira fixeron as delicias dos pequenos de 6ºInf. A, grazas a unha divertidísima obra de creación propia inspirada na vida no colexio.






GuardarGuardarGuardarGuardarGuardarGuardar

martes, 21 de marzo de 2017

ALGO TAN SENCILLO

Vimos de recibir na biblioteca a triloxía Canciones para Paula (Editorial Planeta) de Francisco de Paula Fernández, máis coñecido como Blue Jeans.



Se queres desfrutar da súa lectura non dubides en preguntar por estas novelas nas que o amor, os desenganos, as verdades e as mentiras converxen nunha montaña rusa de sentimentos e sensacións. 
Unha das seguidoras deste autor é a alumna do noso Centro Icía Varela, que nestes días postúlase para ser a protagonista do videoclip da nova triloxía do autor Algo tan sencillo.
Sobre as novelas Icía di: "Todos pasaron polas miñas mans. Encántanme. Vólvoas ler, descubro cousas novas e encántanme aínda máis".
Para ela, o concurso supón: "Unha boa oportunidade para demostrar como música e lectura poden ir xuntas da man".
Aquí podedes ver o vídeo que preparou, coa produción do noso alumno Diego Pampín, para participar no concurso:




E se queredes votar por ela, non tedes máis que picar aquí.
Parabéns polo traballo e...

Moita sorte, Icía!!!!



sábado, 11 de marzo de 2017

VIAXANDO POLO ESPAZO E POLO MUNDO DAS EMOCIÓNS

Estes días desfrutamos de contos, falamos de igualdade, abrimos o noso corazón e até viaxamos ao espazo cos nenos de 6º de Infantil:



O alumnado de 6º de Infantil anda a estudar o maravilloso mundo dos planetas, dos satélites, das galaxias e das estrelas. Para afondar no tema, a semana que vén visitarán o Planetario. Na biblioteca quixemos axudalos a achegarse á astronomía e, para iso, ninguén mellor que alumnos de 5º e 6º de Primaria, que xa son uns auténticos expertos no tema. Ángel, Daniel, Sara e Paula, de 6ºB, e Martín e Víctor, de 5ºC, foron os encargados de explicar aos pícaros que é iso da Vía Láctea, que é un planeta... Para iso axudáronse dunha das novidades acabadas de chegar á biblioteca: o Atlas del espacio (SM), de Richard Ferguson.













E logo de escoitar o que nos contaban os nosos astrónomos particulares, puxémonos a construír uns bonitos foguetes espaciais:











Como puidestes ver na primeira foto, así de chulos nos quedaron:



Outro dos instantes máis fermosos destes días tróuxonolo a visita de 5ºInf. B, que pasou pola biblioteca para desfrutar dun maratón de contos no que dúas das nosas irmás favoritas, Carla (que actuou de contacontos) e Rebeca, nos deixaron esta preciosa imaxe.



Os nenos de 5ºInf. B gozaron cunha parella de contacontos extraordinaria, formada por Edu e Carla, de 4ºA. Edu e Carla comezaron léndolles unha obra enormemente graciosa: Ábreme con mucho cuidado (Bruño), escrita por Nick Bromley e ilustrada por Nicola O'' Byrne. Nela, o famoso conto O patiño feo, vese repentinamente interrompido pola aparición dun crocodilo algo falcatrueiro, que se divirte comendo as letras do libro, e mesmo palabras e frases enteiras...







Edu e Carla tamén nos leron un relato escrito e ilustrado por eles mesmos: El muchacho y la bruja buena.




E, por último, nos fixeron desfrutar cunha edición artesanal, creada no propio Fogar, dun clásico da literatura infantil: Elmer, de David McKee.



Entre as novidades que nos chegaron nos últimos días está Un agasallo diferente (Kalandraka), unha obra con texto de Marta Azcona e ilustracións de Rosa Osuna. A través da historia que se nos conta aquí, lembramos cos pícaros de 6ºInf. C o poder da imaxinación, un arma tan forte que fai que, nas mans dun neno, calquera cousa se poida converter nun tesouro e nunha fonte de diversión.





O noso grupo de teatro de 1º da ESO, formado por Andrea, Iván, Carla, Antón, Fernando, Fran, Sandra e Izan, volveu poñer en escena a súa dramatización de Ricitos de oso (Juventud), de Stéphane Servant e Laetitia Le Saux; unha obra que, a través do humor, pretende facernos reflexionar sobre as convencións sociais e os xéneros establecidos. Nesta ocasión, foron os alumnos de 6ºInf. A os que pudieron gozar con este grupo de actrices e actores xeniais.







Se liñas atrás vos amosabamos a nosa viaxe destes días polo espazo, tamén vos deixamos aquí a outra gran viaxe da semana, neste caso polo mundo das emocións, grazas a Así es mi corazón (Bruño), de Jo Witek e Christine Roussey. Esta obra, que Candela, Noa, Alba e Inés (5ºC) leron aos nenos e ás nenas de 2ºA, permitiunos conversar sobre a alegría, a tristeza, a calma, o medo...












Outra das obras que máis gustou aos pícaros estes días foi A Caixa Máxica (Baía), de Teresa Sabaté e Carme Solá. Paula Botana, Paula Tieso, Nerea García, Nerea Sánchez e Uxía, de 3ºB de Primaria, foron as encargadas de contar aos seus compañeiros de grupo unha historia que nos levou até un lugar no que os nenos e as nenas se portaban tan mal que seus pais pediron axuda a través dos xornais. Entón, chegou ao lugar unha estraña muller cunha caixa máxica e comezaron a pasar moitas cousas... 





Como despedida aquí vos deixamos dúas das obras coas que andamos a traballar: Unha feliz catástrofe e Rosa Caramelo, ambas con texto de Ana Turin e ilustracións de Nella Bosnia, e publicadas en galego por Kalandraka. Obras como estas, que reivindican a igualdade de xéneros e poñen en valor o papel da muller dentro da sociedade, ocupan un lugar destacado no día a día da biblioteca ao longo de todo o curso. Porén, este mes, no que o pasado día oito se conmemorou o Día da Muller, terán especial protagonismo. 

Un dos grupos que xa desfrutou de Unha feliz catástrofe foi 5ºInf.A:





O alumnado de 5ºInf.C, pola súa banda, tivo a sorte de asistir á lectura de Rosa Caramelo de boca de dúas contacontos de 5ºC: Daniela e Sara.







GuardarGuardarGuardarGuardar
GuardarGuardar