miércoles, 28 de febrero de 2018

VIAXANDO POLO MUNDO DOS CONTOS COA ESCRITORA BERTA ROCA

Onte vivimos unha tarde máxica na biblioteca do Fogar, grazas á escritora Berta Roca, que nos visitou para manter un encontro cos pícaros de 6º de Inf. A.



Nesta divertida sesión, Berta, gañadora de diversos certames literarios, leunos a súa obra Luisito zurdo, publicada por Beginbook Ediciones, con ilustracións de Nuria Santana Sanjurjo.



Os nenos e as nenas deixaron voar a súa imaxinación con este fermoso libro, lido de xeito maxistral por esta fantástica creadora de historias.




Desde aquí queremos dar as grazas a Berta Roca por regalarnos o seu tempo e por agasallarnos con esta historia que captou a atención dos nenos desde a primeira páxina. E, por suposto, damos as grazas tamén á familia Castiñeira Castaño, sen cuxa axuda esta visita non tería sido posible.


lunes, 26 de febrero de 2018

IMOS CAZAR UN OSO!

O pasado luns pasounos algo abraiante: entrou un oso na biblioteca! Ante tal acontecemento e, xa que o oso decidira agocharse, emprendemos o dificil labor de buscalo, pois o queriamos coñecer. Así, guiados pola obra do xenial Michael Rosen, Vamos a cazar un oso (Ediciones Ekaré), e por cinco intrépidas aventureiras de 5ºB, Candela, Olaia, Aitana, Estela e Emily, nos adentramos cos pícaros de 4º de Infantil polos misteriosos recunchos da biblioteca.



Aquí vos deixamos unhas fotos da busca do oso co primeiro dos grupos:






Aquí tedes unhas fotos do segundo dos grupos que se atreveu con esta apaixonante aventura:









E aquí vos quedan máis fotos, nesta ocasión do terceiro dos grupos:









A todos aqueles que non coñezades Vamos a cazar un oso, vos recomendamos este fermoso álbum escrito por Michael Rosen e ilustrado por Helen Oxenbury, que vos fará vivir unha emocionante aventura, na que atravesaredes un campo de herba, un bosque, un río...







viernes, 23 de febrero de 2018

MONSTRUO ROSA

Nestas datas de Entroido que acaban de pasar, nos cursos de Infantil andiveron a traballar o fermoso álbum de Olga de Dios titulado Monstruo Rosa, publicado por Apila Ediciones. Leuse o conto nas aulas, fixéronse diversas actividades arredor da obra e o alumnado elaborou disfraces de cada unha das personaxes da historia. Paralelamente, estudantes de 5º e 6º de Primaria estiveron a preparar unha dramatización da obra para representar diante dos pícaros de Infantil e dos primeiros cursos de Primaria. Esta semana, Óscar, Joel, Eloy, Mireia, Noa, Alba e Malena, de 6ºA, puxeron en escena Monstruo Rosa diante dos tres grupos de 5º de Infantil. Aquí vos deixamos algunhas fotos destas primeiras sesións:














Os nenos e  as nenas de 5º de Infantil permaneceron moi atentos ao que pasaba no escenario:






Desde aquí queremos dar os parabéns a este grupo de actrices e de actores de 6ºA polo bo traballo realizado tanto nos ensaios como na representación.



Ao longo das vindeiras semanas, os nenos de 5º e de 6º continuarán a facer desfrutar ao alumnado de Infantil e dos primeiros cursos de Primaria con este divertido álbum que vos recomendamos a todos:



A aqueles que non o coñezades, vos convidamos a achegarvos a este álbum que nos fala do valor da diferenza e que nos axuda a entender a diversidade como un elemento enriquecedor da nosa sociedade.


miércoles, 21 de febrero de 2018

BUSCANDO NO NOSO INTERIOR

A pasada semana desfrutamos dunha sesión moi fermosa na biblioteca, grazas a cinco marabillosas contacontos de 5ºC, Miriam, Claudia, Laura, Julia e Nicole, que leron para os nenos de 2ºC Vacío (Bárbara Fiore), de Anna Llenas.



Esta sesión foi un agasallo para Tina, titora de 2ºC e antiga mestra destas cinco contacontos, que quixeron devolverlle o cariño que lles deu (e lles segue a dar) lendo para ela e para os seus alumnos o seu conto favorito, un conto que nos fala das nosas emocións e de como aprender a xestionalas, de como enfrontarse ás adversidades buscando no noso interior.



Aquí vos deixamos unhas fotos desta sesión, na que rimos, choramos e, sobre todo, aprendemos a coñecernos mellor.





Para todos aqueles que aínda non coñezades este fermoso álbum ilustrado, aquí vos deixamos este regalo:








lunes, 19 de febrero de 2018

ENCÁNTANOS SER COMO SOMOS!

En 5º de Infantil A temos moitas cousas que nos gustan de nós mesmos. Gústannos os nosos dedos, os nosos pés, as nosas orellas e tamén os nosos sorrisos:




Encántanos o noso nariz:



Gústanos moito estar contentos, debuxar, xogar ao baloncesto, ir en monopatín, ler e ser un bo amigo. Hai moitas cousas que nos gusta facer e que se nos dan ben. 

Coa obra de Trace Moroney, Cosas que me gustan de mí (SM), traballamos a autoestima falando de todas aquelas cousas que nos encantan de nós mesmos, de todas aquelas cousas que se nos dan ben, e, tamén, de todas as cousas que nos gustan dos nosos compañeiros.





Ao final da sesión, chegamos a unha conclusión: ninguén no mundo é mellor que nós en ser nós. Encántanos ser como somos!