miércoles, 4 de abril de 2018

PERCORREMOS PORTUGAL E A ARXENTINA COS PÍCAROS DE 6º INF. A

Desde comezos de curso andamos a achegarnos ás diferentes nacionalidades presentes no noso colexio. Logo do traballado no 1º trimestre, comezamos o 2º con moitas ganas de mergullarnos en novas temáticas e novos países. Así, ao longo de varios meses investigamos sobre aspectos diversos e, agora, chegou a hora de transmitir todo o que aprendemos a outros grupos. Nas últimas semanas do 2º trimestre, os diferentes grupos foron pasando pola biblioteca para falarnos de costumes e tradicións, de música e danzas, de historia e de grandes persoeiros e, incluso, de gastronomía. Precisamente disto, de comidas típicas de Portugal e da Arxentina, foi do que falaron os pícaros de 6ºInf. A ante os seus compañeiros de 6ºInf. B.







Nesta viaxe por Portugal, degustamos pratos coma estes:

Caldo verde

Bolinhos de bacalhau

Bacalhau á portuguesa

Pasteis de Belém


E a viaxe gastronómica pola Arxentina non foi menos suculenta:

Asado arxentino

Pastel de carne

Alfajores

Pasta frola

Tan ben o fixeron os pícaros de 6ºInf. A, que os seus compañeiros de 6ºInf. B permaneceron así de atentos en todo momento:







martes, 3 de abril de 2018

COÑECEMOS O NOSO CORPO COA DOUTORA SOFÍA RODRÍGUEZ MARTÍNEZ DE LLANO

En 2º de Primaria andivemos a estudar o corpo humano e a saúde, polo que, para afondar un pouco máis neste tema, decidimos convidar a unha persoa que sabe moito disto: a doutora Sofía Rodríguez Martínez de Llano, experta en medicina nuclear e membro do equipo de médicos do Centro Oncolóxico de Galicia.



Sofía falounos dos sistemas circulatorio e respiratorio, explicounos os beneficios que ten para a nosa saúde levar unha alimentación sa, lembrounos a importancia de practicar deporte, ensinounos a utilizar correctamente un fonendoscopio, respondeu as mil e unha preguntas que lle realizamos e, sobre todo, regalounos a súa amabilidade e o seu sentido do humor. Por todo isto, Sofía, queremos darche as grazas no nome de todos os que tivemos o pracer de conversar contigo.