jueves, 11 de octubre de 2018

VAIA XORNALISTAS ESTES PÍCAROS DE 5º INF. A!

Este curso imos traballar nos diferentes niveis un proxecto sobre as profesións. Por iso os pícaros de 5º Inf. A decidiron mergullarse en dous mundos tan apaixonantes como o do xornalismo e o das bibliotecas. Así, cámara e micrófono en man e exercendo de verdadeiros profesionais da materia, visitaron a biblioteca para realizar unha entrevista ao encargado da biblioteca do cole.





Mais, como non podía ser menos, estas primeiras visitas do curso tamén serviron para ver os libros da biblio, para achegarse ás últimas novidades, para lembrar as normas de préstamo...







E, por suposto, para escoitar algunhas historias, como a dos Chibos, chibóns, un divertido conto popular adaptado por Olalla González para Kalandraka, con ilustracións de Federico Fernández.




Todos aqueles que queirades saber o que lles aconteceu aos tres chibos protagonistas da historia, non dubidedes en ler este álbum no que atoparedes un temible trasno.



E as mamás, os papás, as avoas, os avós... que teñades ganas de participar no proxecto "As profesións", vos invitamos a visitar a biblioteca para que nos acheguedes á vosa profesión. Estamos a agardar por vós!


No hay comentarios:

Publicar un comentario