miércoles, 10 de octubre de 2018

COMEZOU UN NOVO CURSO... CUN LIBRO SEN DEBUXOS!

Xa comezou un novo curso na biblioteca do Fogar, e con el, unha nova viaxe polo mundo dos contos; un mundo moi aburrido, tal e como demostran as fotos da primeira visita dos pícaros de 6º Inf. A:



E é que os contos e as bibliotecas son cousas serias...







E por riba, nesta primeira sesión lemos un libro sen debuxos! Sen castelos, sen dragóns, sen monstros, sen duendes nin fadas... Sen o amarelo, sen o azul, sen o vermello, sen o verde... Nada! Nin un só debuxo!



E que mal o pasamos! Por iso, a todos aqueles que teñades ganas de aburrirvos un anaco cun libro diferente, vos recomendamos esta obra de B. J. Novak, publicada por Timun Mas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario