lunes, 30 de enero de 2023

UNHA VIAXE ATA OS CLÁSICOS: A RATIÑA PRESUMIDA

Aínda que desde a biblioteca tratamos de dar a coñecer aos pícaros obras actuais, non nos olvidamos de achegalos aos clásicos. Precisamente estes días un grupo de estudantes de 5ºA de Primaria, formado por Xabier, Alejandra, Dani, Aroa, Sara, Andrea, Lucía e Claudia, andan a representar para os nenos e as nenas de Infantil A ratiña presumida.  


Todo o esforzo levado a cabo nos ensaios viuse reflectido na posta en escena dunha obra que fixo desfrutar enormemente aos pícaros de 4º de Infantil:








Desde aquí queremos dar as grazas a este grupo de actores e actrices xeniais pola súa xenerosidade e entrega á hora de preparar a actividade para os pequenos.





viernes, 27 de enero de 2023

TRABALLAMOS A EMPATÍA E A AUTONOMÍA COA CEBRA CAMILA

Esta semana continuamos coa posta en escena do álbum A Cebra Camila, de Marisa Núñez e Óscar Villán. As encargadas de levalo a cabo foron Claudia, Irene e Ariadna, de 5ºB, e Iria, Sofía e Marian, de 5ºC. Tan ben o fixeron, que ao rematar a actuación, os pícaros de Infantil quixeron ser eles os que representasen a obra.





A próxima semana A Cebra Camila continuará divertindo a novos grupos de Infantil, axudándoos a achegarse a conceptos como a empatía e a autonomía.





Desde aquí vos recomendamos esta fermosa obra, convertida xa nun verdadeiro clásico da literatura infantil.


miércoles, 25 de enero de 2023

ENMA, CARMEN, LUCÍA, NOA E MIGUEL ENSÍNANNOS O QUE É A CONCIENCIA

Esta semana, na biblio estamos a aprender o que é a conciencia, grazas a Miguel, Noa, Lucía, Enma e Carmen, de 4ºB de Primaria. Para explicarllo aos pícaros de Infantil, nada mellor que facelo a través da adaptación teatral do álbum La vocecita, creado por M. Escoffier e publicado por Kókinos.


Por medio desta historia chea de humor, protagonizada por un divertido camaleón, os nenos e as nenas de Infantil puxéronlle nome a esa voceciña que ás veces aparece dentro de nós cando facemos algo mal.





Nos vindeiros días, este fantástico grupo de contacontos de 4ºB seguirá representando esta hilarante obra diante doutros grupos de Infantil.





viernes, 20 de enero de 2023

CEBRAS, OSIÑOS E UN CAZO VISITAN A BIBLIOTECA

Esta semana a biblioteca encheuse dos máis diversos animais e até dun cazo grazas ao esforzo de diferentes estudantes de Primaria, que desenvolveron para 5º e 6º de Infantil contacontos como Riciños de ouro. A posta en escena deste clásico da literatura infantil  correu a cargo de Leo, Carolina, Manuel, Martina Labandeira e Martina Molejón, de 5ºA:




Non quixeron faltar a esta actividade Iria, Sofía, Marian, Irene, Alba e Claudia, alumnas de 5ºB e 5ºC, que desenvolveron para os pícaros de Infantil unha obra fundamental para traballar a solidariedade e a independencia: A cebra Camila.





Carla, Noa, Candela e Uxía, de 5ºB, tamén nos achegaron a valores esenciais a través da representación da obra O cazo de Lorenzo, un conto metafórico para falar cos máis pequenos sobre as diferenzas e a capacidade de superación que posuímos cada un de nós.






Da man do alumnado de Primaria, a próxima semana novas historias visitarán a biblioteca para achegar aos pícaros de Infantil ao mundo dos contos.

viernes, 13 de enero de 2023

TRABALLAMOS A AUTOESTIMA CON IRENE, ANTÍA E MARTA

Esta semana estivemos a traballar cos pícaros de Infantil un aspecto tan importante como a autoestima, grazas a Antía, Marta e Irene, alumnas de 4º de Primaria, que leron para diferentes grupos o álbum Cosas que me gustan de Mí (SM), de Trace Moroney.


Durante a lectura da obra, os nenos e as nenas permeneceron moi atentos:





A continuación, falamos das cousas que nos gustan de nós mesmos e logo fomos explicando o que máis nos gusta dos nosos compañeiros. Así, grazas a Marta, Irene e Antía, fómonos decatando de que cada un de nós estamos cargados de cousas positvas.





Queremos dar os parabéns a estas tres contacontos de primeira por todo o esforzo amosado nos ensaios e polo cariño co que trataron aos nenos e as nenas de Infantil. 

A próxima semana continuaremos cos contacontos na biblioteca, con especial protagonismo para un álbum que nos achegará a valores fundamentais como a solidariedade, a empatía, a xenerosidade ou a autonomía. Estámonos a referir á obra A cebra Camila (Kalandraka), un clásico da literatura infantil creado por Marisa Núñez e Óscar Villán que a bo seguro fará desfrutar aos pícaros de Infantil.