miércoles, 26 de abril de 2023

GRAZAS, FAMILIAS!

Desde a biblioteca queremos dar as grazas a todos os papás, as mamás e os avós que nos visitastes ao longo destes días para celebrar con nós o Día Internacional do Libro. Un millón de grazas por regalarnos o voso tempo e por facer posible ese momentiño máxico que é o encontro cos vosos fillos, fillas, netos e netas, e cos seus compañeiros.






E grazas tamén, por suposto, a aqueles que nos visitastes ao longo do mes de marzo para achegarnos a outra data sinalada: o Día Internacional da Muller. Grazas a todos e todas polo voso esforzo, a vosa amabilidade e o voso tempo.






viernes, 21 de abril de 2023

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO: DESFRUTAMOS DA VISITA DO CONTACONTOS BENXAMÍN, ESTREAMOS COCORICO, DESPEDÍMONOS DUN GATO MOI LAMBÓN E... VOS RECIBIMOS A VÓS, AS FAMILIAS!

Este domingo, 23 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro, por iso quixemos festexar esta data coa visita do contacontos Benxamín, que, desde a editorial Anaya, viaxou ata a biblioteca do Fogar para achegar os nenos e as nenas de 1º ciclo de Primaria ao mundo máxico dos contos.





Ademais, escollemos esta semana tan especial para estrear unha adaptación teatral dun dos contos favoritos dos nosos pícaros: Cocorico (OQO). Aroa, Manuel, Alejandra e Xabier, de 5ºA de Primaria, foron os encargados da posta en escena desta obra tan esperada diante dos pequenos de 4ºB e 4ºC de Infantil.





Tan ben o fixeron estes contacontos de 5ºA, que o público permaneceu así de atento ás aventuras de Cocorico, a súa mamá e Gato Pelado:



E estes días tamén nos serviron para despedir O Gato lambón (Kalandraka), un divertido álbum de Patacrúa e Oliveiro Dumas que durante as últimas semanas fixo desfrutar enormemente aos pícaros de Infantil grazas ao bo facer de Valentina, Manuel, Osmani, Matías, Dani, Sara, Andrea, Lucía e Bradley, de 5ºA de Primaria. 





E, por suposto, unha das meirandes alegrías da semana a constituiron as vosas visitas. Desde aquí queremos dar as grazas aos papás, as mamás e os avós que estades a visitar a biblioteca estes días para celebrar xuntos o Día do Libro. Grazas polo voso tempo e pola vosa ilusión.


viernes, 14 de abril de 2023

MÀIS GATO LAMBÓN E UN POUCO DE ARTUR E CLEMENTINA

Esta semana, os pícaros de Infantil continuaron a pasalo ao grande co divertido álbum de Patacrúa e Oliveiro Dumas O gato lambón (Kalandraka), grazas a Andrea, Lucía, Dani, Manuel, Osmani, Valentina, Sara, Matías e Bradley. Este grupo de contacontos de 5ºA de Primaria puxo novamente en escena esta obra para o desfrute dos nenos e as nenas de 4ºB e 4ºC de Infantil.



Outro dos contacontos que máis fixo desfrutar aos pícaros foi sen dúbida o desenvolvido por Marta e Antía, alumnas de 4ºA de Primaria, que achegaron os nenos e as nenas de 6º de Infantil a un álbum fundamental: Artur e Clementina (Kalandraka). Nesta obra, o dúo formado por Adela Turin e Nella Bosnia, fálanos de coeducación, liberdade e igualdade, nun intento de loitar contra os estereotipos sexistas.



A próxima semana visitarán a biblioteca historias como Cocorico, Garavanciño ou O gato lambón, para seguir levando de viaxe aos pícaros polo fermoso mundo dos contos.