viernes, 26 de enero de 2024

A SOPA QUEIMA

Estes días os pícaros de 5º de Infantil puideron desfrutar dun dos nosos contos favoritos: A sopa queima. Este divertido álbum, creado por Pablo Albo e André Letria para OQO, foi posto en escena por Cloe, Carla, Claudia, Martina, Uxía e Irene, alumnas de 6º de Primaria.





Encantounos a todos a representación destas seis contacontos xeniais. Nas próximas semanas, serán os grupos de 4º e 6º de Infantil os que terán o pracer de pasalo ao grande con elas e con A sopa queima.







martes, 23 de enero de 2024

UN PESADELO NO MEU ARMARIO

Estes días os pícaros de Infantil andan a desfrutar do famoso álbum Un pesadelo no meu armario, escrito e ilustrado por Mercer Mayer, e traducido por Xosé Manuel González Barreiro para Kalandraka. As encargadas de poñer esta obra en escena están a ser Marian, Paula, Iria, Yaiza e Claudia, de 6º de Primaria.









Queremos felicitar a estas cinco actrices xeniais polo seu traballo e por todo o esforzo realizado nos ensaios. E animámosvos a todos a achegarvos a este libro, ideal para tratar cos pequenos o tema dos medos e os pesadelos.


jueves, 18 de enero de 2024

UNHA PEZA TEATRAL

Vega, Alba, Noa e Kamila, alumnas de 5º de Primaria, crearon unha peza teatral para os pícaros de Infantil, na que, empregando un marcado ton cómico, situaban o público diante da eterna loita entre o ben e o mal. A representación foi todo un éxito e os grupos de 5º e 6º de Infantil pasárono en grande con estas acrices xeniais. 













E, coma sempre, logo da representación chegou o momento das preguntas. O público demostrou coas súas respostas que estivera moi atento.


Desde aquí queremos felicitar a Kamila, a Noa, a Alba e a Vega polo ben que o fixeron.