lunes, 26 de febrero de 2024

DESFRUTAMOS CUNHA NOVA RACIÓN DA MELLOR SOPA DO MUNDO E CUNS MOMENTOS DE LECTURA COMPARTIDA

Logo de que hai uns días os pícaros de 4º de Infantil desfrutaran do álbum A mellor sopa do mundo da man de Noa, Carmen, María, Belén, Isabella, Kalsoum e Daniela, alumnas de 5º de Primaria, a semana pasada foron os nenos e as nenas de 6º de Infantil os que gozaron coa adaptación teatral que desta divertida obra levaron a cabo Claudia, Aroa, Martina, Alejandra e Xabier, de 6º de Primaria. E ademais de pasalo en grande coa representación, os pequenos tamén tiveron o pracer de vivir un agradable momento de lectura compartida cos maiores.


Queremos felicitar a Xabier, a Alejandra, a Martina, a Claudia e a Aroa non só polo ben que o fixeron na representación teatral, senón tamén polo cariño que amosaron cara os pícaros de Infantil ao longo de toda a sesión.






Unha sesión que nos regalou instantes tan fermosos coma estes:



miércoles, 21 de febrero de 2024

CARMEN E CARLOTA TRÁENNOS O OSO ATRAPABOLBORETAS

A semana pasada, Carlota e Carmen, alumnas de 5º de Primaria, fixéronnos desfrutar cun dos nosos álbumes favoritos: Oso atrapabolboretas. Este fermoso conto, creado por Susanna Isern e Marjorie Pourchet para OQO, serviunos para falar cos pícaros de 5º de Infantil sobre a bondade, calidade encarnada no protagonista, e a amizade, perfectamente retratada na relación que xorde entre Oso e Branca.





Aquí vos deixamos un par de fotos para que vexades o atento que estivo o público durante os contacontos:



Grazas, Carmen e Carlota, por todo o voso esforzo.


jueves, 8 de febrero de 2024

NICO ENSÍNANOS O QUE É UN KAMISHIBAI

Na súa sesión de biblioteca desta semana, os nenos e as nenas de 6º de Infantil desfrutaron dun dos seus contos favoritos: Elmer.  Foi Nico, alumno de 6º de Primaria, o encargado de achegar aos pícaros as aventuras do famoso elefante de cores do xa clásico álbum creado por David McKee. Porén, a lectura non transcorreu da maneira habitual, e, para levala a cabo, Nico empregou a técnica do kamishibai, unha orixinal forma de contar contos nacida no Xapón do século XII.





Así de atento permaneceu o público durante a sesión, sen quitar ollo das láminas que Nico ía pasando desde o seu teatriño:


Parabéns, Nico, polo ben que o fixeches!


lunes, 5 de febrero de 2024

OS PÍCAROS DE 4º DE INFANTIL DESFRUTAN COA MELLOR SOPA DO MUNDO

A semana pasada os pícaros de 4º de Infantil tiveron o pracer de desfrutar do divertidísimo álbum A mellor sopa do mundo, creado por Susanna Isern e Mar Ferrero para OQO. A adaptación teatral desta obra transcorreu a cargo de Noa, Carmen, María, Belén, Isabella, Kalsoum e Daniela, alumnas de 5º de Primaria.









Así de atentos permaneceron os nenos e as nenas do público durante as representacións:



Desde aquí queremos dar as grazas a estas fantásticas actrices de 5º de Primaria por facer desfrutar tanto aos pequenos de Infantil. 



jueves, 1 de febrero de 2024

CHLOE, OLIVIA E LUCÍA FANNOS DESFRUTAR CUN GATO MOI LAMBÓN

Estes días os pícaros de 6º de Infantil pasárono en grande grazas a Lucía, Olivia e Chloe, alumnas de 5º de Primaria, que representaron para eles O gato lambón, un divertidísimo álbum ilustrado creado por Patacrúa e Oliveiro Dumas para Kalandraka.











O público permaneceu atento en todo momento, gozando coas distintas personaxes que ían saíndo a escena.



E até tiveron o pracer de poder coñecer de preto a este gato tan lambón, protagonista do libro:



Queremos dar os parabéns a estas fantásticas actrices de 5º de Primaria, que regalaron uns momentos moi divertidos aos nenos e as nenas de 6º de Infantil.