miércoles, 25 de junio de 2025

UNHA PEQUENA MOSTRA DOS TRABALLOS DE LECTURA DO ALUMNADO DE 1ºESO

Aquí vos deixamos uns fantásticos traballos elaborados polo alumnado de 1º da ESO a partir das lecturas que realizaron este curso. Agardamos que vos gusten!














                             

Parabéns aos creadores!

lunes, 16 de junio de 2025

APRENDEMOS SOBRE O SISTEMA DE ETIQUETADO NUTRICIONAL NUTRI-SCORE CO ALUMNADO DE FPB

Os rapaces de FP Básica do noso colexio fixeron un Podcast sobre o sistema de etiquetado nutricional NUTRI-SCORE na asignatura de Técnicas Básicas de Merchandising. Despois dunha votación, queremos compartir o que resultou gañador: 

https://www.ivoox.com/player_ej_148803021_6_1.html?c1=8c14

Moitos parabéns aos gañadores!


miércoles, 11 de junio de 2025

E O PREMIO AO GRUPO MÁIS PARTICIPATIVO NAS ACTIVIDADES DA BIBLIO É PARA...

Os nenos e as nenas de 1ºA de Primaria recibiron o premio ao grupo máis participativo nas actividades da biblioteca durante o curso 2024-2025. Desde aquí queremos dar os parabéns a todos os pícaros deste grupo e á súa titora, e, á vez, dar as grazas ás familias pola súa implicación durante todos estes meses.