viernes, 24 de enero de 2014

XI CONCURSO ESCOLAR MELLOR XORNALISTA INFANTIL E XUVENIL

A Voz de Galicia convoca un concurso de xornalismo dirixido a todo o alumnado. Presentámosvos aquí as bases do mesmo e animámosvos a participar.

Categorías:

Mellor periodista infantil
  1. Alumnos de Infantil, 1º e 2º Primaria.
- Individualmente. Realizar un debuxo que ilustre unha noticia publicada no xornal e copiar ou pegar o titular da noticia.

  1. Alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
- Individualmente. Seleccionar unha noticia do xornal e escribila libremente -á súa maneira, sen copiar de maneira textual- e ilustrala cun debuxo.

Mellor periodista xuvenil
  1. Alumnos de ESO.
- Individualmente. Escribir unha entrevista a unha persoa que o alumno considere de interese. Como mínimo debe constar de oito preguntas e ir acompañada dunha fotografía e do perfil do entrevistado.

  1. Alumnos de Bach. e FP.
- Individualmente. Realizarán un traballo orixinal que consistirá na redacción dun artigo periodístico sobre un tema de libre elección. 

Todos os traballos deberán realizarse sobre maquetas oficiais que podedes descargar aquí.

Os traballos poden presentarse en galego ou castelán.

Deben enviarse, antes do 30 de abril de 2014, ao seguinte enderezo:

Premio Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil
Programa Prensa-Escuela. La Voz de Galicia
Avenida da Prensa, 84-85
Polígono Industrial de Sabón
15143 Arteixo. A Coruña

Os participantes menores de 14 anos deberán cubrir unha autorización (dispoñible xunto coas bases na web) debidamente asinada polos pais ou titores legais.

PREMIOS:

Mellor periodista infantil A                             
1º: unha fin de semana no parque Warner.          
2º: unha tablet.                                                  
3º: un maletín de pinturas.                                   

Mellor periodista infantil B
1º: unha fin de semana en Port Aventura.
2º: unha cámara de fotos dixital.
3º: unha tablet.

Mellor periodista xuvenil A                           
1º: unha fin de semana en Londres.                  
2º: unha cámara de fotos dixital.                      
3º: unha tablet.                                                 

Mellor periodista xuvenil B
1º: unha fin de semana en Londres.
2º: un libro electrónico.
3º: un smartphone. 

Moita sorte a todos e todas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario