Esta semana falamos de libros con Martín Pérez Lois,
un lector incansable que acaba de rematar 4º de Primaria.
Queredes saber cal é o seu libro favorito? Gustaríavos
coñecer cal foi a obra coa que pasou máis medo?
Pois aquí vai o seu cuestionario:
1.Que estás a ler
agora mesmo?
O libro que estou a ler é El niño que no sabía jugar al fútbol, de Ernesto Rodríguez Abad.
2.Cal é o teu libro
favorito?
O meu libro favorito é o número 3 da colección Los Futbolísimos, titulado El misterio del portero fantasma.
3.Cal é a túa
personaxe favorita?
A miña personaxe favorita é Pakete, de Los Futbolísimos.
4.Cal é o teu autor
favorito?
O meu autor favorito é Roberto Santiago.
5.Cal é o teu xénero
favorito? (aventura, terror, policiaco, amor, ciencia-ficción, humor, cómic,
poesía...)
O meu xénero favorito é o de aventura.
6.Un libro para
chorar...
Sempre Hausa, de Xoán Babarro.
7.Un libro para
rir...
Calquera dos de Gerónimo Stilton.
8.Con que libro
pasaches máis medo?
O libro co que pasei máis medo foi El terror de sexto B, de Yolanda Reyes.
9.O teu poema
favorito...
Galicia
Galicia docemente
está ollando o mar:
¡ten vales e montanas
e terras pra labrar!
Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
¡cargados de traballos,
cargados de trafegos!
Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
¡na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!
Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento...
¡Pro hai outra Galicia
que vai no sentimento!
Galicia somos nós:
a xente e mais a fala
¡Si buscas a Galicia
en tí tés que atopala!
(Os soños na gaiola, de Manuel María)
Galicia docemente
está ollando o mar:
¡ten vales e montanas
e terras pra labrar!
Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
¡cargados de traballos,
cargados de trafegos!
Galicia é unha nai
velliña, soñadora:
¡na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!
Galicia é o que vemos:
a terra, o mar, o vento...
¡Pro hai outra Galicia
que vai no sentimento!
Galicia somos nós:
a xente e mais a fala
¡Si buscas a Galicia
en tí tés que atopala!
(Os soños na gaiola, de Manuel María)
10.Cal vai ser a túa
próxima lectura?
A miña próxima lectura vai ser El mundial de fútbol más raro del mundo, de Carlos Peramo.