Onte, os pícaros de Infantil desfrutaron dunha visita moi especial: a do Apalpador. Tal e como nos contou, estando el na súa terra, as montañas do Courel, escoitou falar do bos que son os nenos e as nenas do Fogar e, por esta razón, quixo vir coñecelos. E así, unha por unha, este simpático castañeiro foi percorrendo as diferentes clases, parolando cos rapaces e deixando en cada unha un agasallo moi doce para os pícaros.
O Apalpador comezou visitando as clases de 4º de Infantil, como a dos Natalitos:
Tamén charlou cos Iriños:
E cos Jesusitos:
Logo, o Apalpador detívose a falar cos rapaces de 5º de Infantil, como os Cristinitos:
Tamén os Lolitos puideron conversar co Apalpador e contarlle que agasallos van pedir polo Nadal:
E os Mariachis conquistaron ao Apalpador cando, ao entrar este na súa clase, observou que estaban coloreando debuxos seus:
Por último, o Apalpador visitou as clases de 6º de Infantil, comezando polos Puritos:
Logo detívose cos Gemitos:
E rematou cos Caritos:
Desde aquí queremos dar as grazas ao Apalpador polo cariño e simpatía que amosou cara a todos nós, e tamén a Alejandro, papá de Miriam, alumna de 6ºA de Infantil, por falarlle ao seu amigo castañeiro dos pícaros do Fogar e conseguir que nos visitase.