martes, 19 de diciembre de 2023

CON CINTIA, APRENDEMOS UNHA CHEA DE COUSAS SOBRE O APALPADOR

Estes últimos días de trimestre recibimos algunhas visitas moi especiais: Puri, o Apalpador e... Cintia! Esta mamá-contacontos pasou pola biblioteca para manter un encontro co seu fillo Juan e os seus compañeiros de 2ºA de Primaria, momento que aproveitou para lernos un fermoso álbum sobre o Apalpador. Grazas  a esta mamá xenial, todos aprendemos unha morea de cousas sobre esta figura do Nadal galego.




A ti, Cintia, querémosche dar as grazas por regalarnos o teu tempo e por facernos desfrutar tanto a todos. Esperamos volver a verte moi pronto pola biblio do Fogar.


lunes, 18 de diciembre de 2023

RECIBIMOS A VISITA DO APALPADOR

Estes días recibimos unha visita moi especial. O Apalpador deixou por unhas horas as devesas do Courel e viaxou ata a biblioteca para manter un encontro cos pícaros de Infantil.




Todos desfrutamos moito escoitando a súa historia e os nenos e as nenas tiveron a oportunidade de falar con el sobre o que van pedir de agasallo polo Nadal:






Ademais, para que coñezamos máis cousas sobre el, este amable castañeiro tamén nos leu O Apalpador, de Xoán G., publicado por Biblios:



Así de atentos permaneceron as nenas e os nenos de Infantil mentres o escoitaban:





Desde aquí queremos dar as grazas ao Apalpador por regalarnos o seu tempo, e tamén a Nico, de 6ºA, por facer posible este encontro.



viernes, 15 de diciembre de 2023

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Esta semana, na biblio, recibimos o noso primeiro agasallo de Nadal. Puri, antiga profesora do Fogar, regresou á súa casa para facernos desfrutar con algo do que é unha auténtica experta: un contacontos. Foron os pícaros de 6º de Infantil os que tiveron o privilexio de gozar desta sesión con ela, e así de atentos permaneceron durante a lectura:






Tan ben fixo Puri isto de contar un conto, que ao rematar foron os nenos e as nenas do público os que se animaron a intentalo, demostrando que o Fogar conta cunha valiosa canteira no eido de contar historias:



Desde aquí queremos dar as grazas a Puri por regalarnos o seu tempo e por contaxiarnos a súa alegría e a súa enerxía. E xa vos adiantamos que no segundo trimestre volverá a visitarnos para desenvolver un novo contacontos cos nenos e as nenas de 2º de Primaria, moitos deles antigos alumnos seus.



lunes, 11 de diciembre de 2023

UNHA HISTORIA DE NADAL

Estes días, na biblioteca andamos a contar historias relacionadas cunha das épocas do ano que máis nos gustan: o Nadal! Renato, O Apalpador e a castaña máxica ou Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis son algúns dos contos cos que está a desfrutar o alumnado. Porén, na biblioteca tamén tivemos o pracer de asistir a unha obra de teatro navideña creada e interpretada por Sofía, Andrea, Irene, Pepe, Vera, Antía, Sara, Marta e Samuel, estudantes de 5º de Primaria. Bruxas, fadas e ata o Grinch danse cita nesta divertida peza coa que gozaron os nenos e as nenas de Infantil.




















Un millón de grazas a este grupo de actores e actrices de 5º de Primaria por facernos desfrutar tanto.




lunes, 4 de diciembre de 2023

COÑECEMOS A HISTORIA DUNHA RATIÑA MOI PRESUMIDA

Estes días, os pícaros de Infantil puideron desfrutar dun dos contos máis coñecidos da literatura infantil, A ratiña presumida, grazas á dramatización que fixeron para eles Noa, Martina, Sara, Alba, Claudia Freire, Nerea, Cloe e Claudia Quiroga, alumnas de 6º de Primaria.









Durante as representacións, o público permaneceu así de atento:




E ao final, coma sempre, chegou o momento das preguntas sobre o conto, para saber se os nenos e as nenas do público entenderon a historia, se lles gustou... 






A todos aqueles que queirades desfrutar coas andanzas desta ratiña, recomendámosvos a versión realizada por José Antonio López Parreño e Pablo Mestre para Kalandraka.