viernes, 15 de diciembre de 2023

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Esta semana, na biblio, recibimos o noso primeiro agasallo de Nadal. Puri, antiga profesora do Fogar, regresou á súa casa para facernos desfrutar con algo do que é unha auténtica experta: un contacontos. Foron os pícaros de 6º de Infantil os que tiveron o privilexio de gozar desta sesión con ela, e así de atentos permaneceron durante a lectura:






Tan ben fixo Puri isto de contar un conto, que ao rematar foron os nenos e as nenas do público os que se animaron a intentalo, demostrando que o Fogar conta cunha valiosa canteira no eido de contar historias:



Desde aquí queremos dar as grazas a Puri por regalarnos o seu tempo e por contaxiarnos a súa alegría e a súa enerxía. E xa vos adiantamos que no segundo trimestre volverá a visitarnos para desenvolver un novo contacontos cos nenos e as nenas de 2º de Primaria, moitos deles antigos alumnos seus.



No hay comentarios:

Publicar un comentario