jueves, 30 de noviembre de 2023

CON ENMA E MENCÍA COÑECEMOS A PACO PAPÁN

Estes días visitou a biblioteca Paco Papán, o divertido protagonista do álbum do mesmo nome creado por Patacrúa e Evelyn Daviddi para OQO. Enma e Mencía, de 5º de Primaria, foron as encargadas de contarnos as divertidas peripecias que Paco foi vivindo durante a procura dun traballo á súa medida.





Os pícaros de Infantil permaneceron moi atentos á lectura, asistindo aos contratempos laborais que Paco ía atopando na xastraría, na casa duns labregos ou na taberna.







E logo da lectura, nada mellor que o momento das preguntas para ver se o público entendeu a historia:




Desde aquí recomendámosvos a todos este divertidísimo álbum, unha versión libre realizada por Patacrúa a partir dun conto tradicional, coas xeniais ilustracións de Evelyn Daviddi:




martes, 28 de noviembre de 2023

BAILAMOS E CANTAMOS CON CORRE CORRE, CABACIÑA

Estes días visitou a biblioteca unha das nosas historias favoritas, Corre corre, cabaciña, creada por Eva Mejuto e André Letria para OQO. Con Uxía, Irene, Carla, Claudia, Ariadna e Alexandra, de 6º de Primaria, rimos, bailamos e desfrutamos deste divertido álbum.







Recómendámosvos a todos esta apaixonante historia sobre unha velliña que, de camiño ao casamento da súa neta, se irá atopando cunhas feras terroríficas.




jueves, 23 de noviembre de 2023

QUE MEDO! CHEGA A BRUXA REGAÑADENTES

Estes días visitou a biblioteca a bruxa Regañadentes, a terrible personaxe do conto de Tina Meroto e Maurizio A. C. Quarello., publicado por OQO. Con ela, e con Martina, Uxía, Jimena, Sofía, Rebeca e Carolina,  os pícaros de Infantil pasaron algo de medo, pero tamén se divertiron.











Así de atento permaneceu o público:




Desde aquí recomendámosvos esta horripilante historia de bruxas:




 


martes, 21 de noviembre de 2023

DESFRUTAMOS CON ATÉ AS PRINCESAS SOLTAN PEIDOS

Un dos contos que nos está a ocupar estes días é Até as princesas soltan peidos, creado por Ilan Brenman e Cristina Petit, e publicado por Algar. O grupo formado por Noa, Martina, Nerea, Claudia e Cloe, de 6º de Primaria, está a ser o encargado de achegar esta divertidísima obra aos pícaros de Infantil.




Así de atentos estiveron os nenos e as nenas que xa tiveron a sorte de poder desfrutar co bo facer destas xeniais contacontos:





Ao rematar a dramatización, unha rolda de preguntas para ver se entendemos o conto:



E, para rematar a sesión, nada mellor que ler uns contos todos xuntos:




Non nos podemos despedir sen dar uns enormes parabéns a este grupo de actrices de 6º de Primaria.


lunes, 13 de noviembre de 2023

DESFRUTAMOS COS CLÁSICOS: OS TRES PORQUIÑOS E GARAVANCIÑO


Estes días andivemos a desfrutar con dous dos nosos contos clásicos favoritos: Os tres porquiños e Garavanciño. A dramatización da primeira destas historias correu a cargo de Aroa, Alejandra, Xabi, Andrea, Lucía e Valentina. Os pícaros de Infantil pasárono en grande grazas a este grupo de 6º de Primaria.



 

Pola súa banda, Chloe, Noa e Enma, alumnas de 5º de Primaria, foron as encargadas de poñer en escena Garavanciño, para desfrute dos nenos e as nenas de Infantil.






viernes, 10 de noviembre de 2023

VERA, CARLOTA E CARMEN CÓNTANNOS OS TRES BANDIDOS

Rematados os contacontos do Samaín, novas historias continúan a visitar a biblioteca para facernos desfrutar a todos. Este é o caso de Os tres bandidos, o coñecido álbum creado por Tomi Ungerer e publicado por Kalandraka. Carlota, Carmen e Vera, alumnas ded 5º de Primaria, foron as encargadas de achegar este clásico aos máis pequenos.




Os pícaros pasárono en grande con este conto que reúne ingredientes apaixonantes como malos que axexan na escuridade, tesouros ou personaxes indefensas.






Desde aquí queremos felicitar a Carmen, Vera e Carlota polo ben que o fixeron. Moitas grazas ás tres polo voso esforzo durante os ensaios!


E non queremos despedírmonos sen recomendarvos este clásico con tres personaxes aparentemente tan malvados, pero cun xiro final que deixa ao lector cun sorriso na cara. Medo, angustia, tenrura ou sorpresa serán algunhas das emocións que experimentaredes aqueles que decidades aventurarvos nas súas páxinas.