miércoles, 29 de abril de 2015

FALEMOS DE LIBROS...




Hoxe falamos de libros cunha
das alumnas máis asiduas da
biblioteca, Sara Sobreiro Gomes,
estudante de 4º de ESO cuxa gran
paixón é a lectura.





1.Que estás a ler agora mesmo?
Leal, a terceira e última novela da triloxía Diverxente, da escritora estadounidense Veronica Roth.


2.Cal é o teu libro favorito?
A triloxía Legend, porque me encantan as personaxes e o argumento da historia.


3.Cal é a túa personaxe favorita?
Day, porque é simplemente perfecto.


4.Cal é o teu autor favorito?
Marie Lu, porque escribe moi ben e é moi creativa.


5.Cal é o teu xénero favorito? (aventura, terror, policiaco, amor, ciencia-ficción, humor, cómic, poesía...)
Ciencia-ficción adolescente.


6.Un libro para chorar...
Bajo la misma estrella, de John Green, posto que o cancro é o detonante que me fai chorar.


7.Un libro para rir...
A esmorga, de Eduardo Blanco Amor.


8.Con que libro pasaches máis medo?
Non leo libros de medo.


9.O teu poema favorito...
"Poema 20", de Pablo Neruda.

Puedo escribir los versos más tristes esta noche.

Escribir, por ejemplo: «La noche está estrellada,
y tiritan, azules, los astros, a lo lejos.»

El viento de la noche gira en el cielo y canta.

Puedo escribir los versos más tristes esta noche.
Yo la quise, y a veces ella también me quiso.

En las noches como ésta la tuve entre mis brazos.
La besé tantas veces bajo el cielo infinito.

Ella me quiso, a veces yo también la quería.
Cómo no haber amado sus grandes ojos fijos.

Puedo escribir los versos más tristes esta noche.
Pensar que no la tengo. Sentir que la he perdido.

Oír la noche inmensa, más inmensa sin ella.
Y el verso cae al alma como al pasto el rocío.

Qué importa que mi amor no pudiera guardarla.
La noche está estrellada y ella no está conmigo.

Eso es todo. A lo lejos alguien canta. A lo lejos.
Mi alma no se contenta con haberla perdido.

Como para acercarla mi mirada la busca.
Mi corazón la busca, y ella no está conmigo.

La misma noche que hace blanquear los mismos árboles.
Nosotros, los de entonces, ya no somos los mismos.

Ya no la quiero, es cierto, pero cuánto la quise.
Mi voz buscaba el viento para tocar su oído.

De otro. Será de otro. Como antes de mis besos.
Su voz, su cuerpo claro. Sus ojos infinitos.

Ya no la quiero, es cierto, pero tal vez la quiero.
Es tan corto el amor, y es tan largo el olvido.

Porque en noches como ésta la tuve entre mis brazos,
Mi alma no se contenta con haberla perdido.

Aunque éste sea el último dolor que ella me causa,
y éstos sean los últimos versos que yo le escribo.


10.Cal vai ser a túa próxima lectura?
Delirium, de Lauren Oliver.

jueves, 23 de abril de 2015

E CO DÍA DO LIBRO...

Chega unha nova sección ao blog: «FALEMOS DE LIBROS...». Logo dun día no que todo o Colexio se implicou en multitude de actividades centradas na lectura, como sesións de contacontos ou talleres de ilustracións de libros, e no que cada alumno levou para a casa un tríptico cargado de recomendacións do Plan Lector, rematamos a xornada inaugurando esta nova sección da que toda a comunidade educativa será partícipe. Nela, alumnado, profesorado, persoal do centro, nais e pais de alumnos... poderán intercambiar opinións e recomendacións relacionadas cos seus gustos como lectores. Nesta primeira entrada da sección, ninguén mellor que Carolina Gabín López, Coordinadora do Plan Lector.


Carolina Gabín López, profesora de Inglés e Francés en ESO e Bacharelato, fiel amante da lectura, afección que comparte con todos a través do seu magnífico blog Los libros y yo, lugar de referencia para calquera apaixonado da literatura. 




1.Que estás a ler agora mesmo? 
Unha novela policiaca: Órdenes sagradas, de Benjamin Black.

2. Cal é o teu libro favorito? 
É moi difícil escoller soamente un dos meus libros favoritos xa que hai moitas historias que me gustaron moito ou que foron especiais para min por diferentes razóns, dependendo da época da miña vida na que as lin: Los pilares de la tierra, de Ken Follet; Forastera, de Diana Gabaldon; La catedral del mar, de Ildefonso Falcones; Diez negritos, de Agatha Christie... e  de cando era pequena Torres de Malory, de Enid Blyton e Mujercitas, de Louise May Alcott.

3. Cal é a túa personaxe favorita? 
Aliena, protagonista de Los pilares de la tierra, aínda que sinto debilidade por calquera personaxe feminino intelixente, forte, valente, independente, que se vexa obrigado a loitar polos seus dereitos e polas súas liberdades en épocas nas que as cousas non eran nada sinxelas para as mulleres.

4.Cal é o teu autor favorito? 
Tamén me resulta moi difícil escoller soamente un: Ken Follet, Agatha Christie, Harlan Coben, Chufo Llorens, Andrés Vidal, Rebecca Gablé...

5.Cal é o teu xénero favorito? (aventura, terror, policiaco, amor, ciencia-ficción, humor, cómic, poesía...) 
Encántame a novela histórica (especialmente as que transcurren na Idade Media ou durante a II Guerra Mundial) e as novelas de intriga-misterio-policiacas.

6.Un libro para chorar... 
Yo antes de ti, de Jojo Moyes e Los besos no se gastan de Raquel Martos

7.Un libro para rir... 
Non é a clase de libros que adoito ler, pero rin moito cos de Wilt, de Tom Sharpe e tamén cos de Bridget Jones, de Helen Fielding. 

8.Con que libro pasaches máis medo? 
Con Cementerio de animales, de Stephen King.

9.O teu poema favorito... 

«Si el hombre pudiera decir lo que ama», de Luis Cernuda 

Si el hombre pudiera decir lo que ama, 
si el hombre pudiera levantar su amor por el cielo 
como una nube en la luz; 
si como muros que se derrumban, 
para saludar la verdad erguida en medio, 
pudiera derrumbar su cuerpo, 
dejando sólo la verdad de su amor, 
la verdad de sí mismo, 
que no se llama gloria, fortuna o ambición, 
sino amor o deseo, 
yo sería aquel que imaginaba; 
aquel que con su lengua, sus ojos y sus manos 
proclama ante los hombres la verdad ignorada, 
la verdad de su amor verdadero. 

Libertad no conozco sino la libertad de estar preso en alguien 
cuyo nombre no puedo oír sin escalofrío; 
alguien por quien me olvido de esta existencia mezquina 
por quien el día y la noche son para mí lo que quiera, 
y mi cuerpo y espíritu flotan en su cuerpo y espíritu 
como leños perdidos que el mar anega o levanta 
libremente, con la libertad del amor, 
la única libertad que me exalta, 
la única libertad por que muero. 

Tú justificas mi existencia: 
si no te conozco, no he vivido; 
si muero sin conocerte, no muero, porque no he vivido.

10.Cal vai ser a túa próxima lectura? 
Las lágrimas de la diosa maorí, a terceira entrega da nova saga de Sarah Lark en Nova Zelandia.

miércoles, 22 de abril de 2015

ELEMENTAL, MEU QUERIDO WATSON!

Logo dun mes no que o amor inundou a biblioteca cunha mesa dedicada a libros centrados nesta temática, chega o momento de cambiar. Atrás deixamos títulos como Canciones para Paula, Veinte poemas de amor y una canción desesperada ou Chamábase Jan, que tanto vos fixeron desfrutar, e agora chega o turno de obras como Estudio en escarlata, Flanagan 007 ou Asasinato dun siareiro, e é que a nova mesa temática estará dedicada á novela policiaca. Así que, se queres meterte na pel de Sherlock Holmes e do seu inseparable Watson, desfrutar da intelixencia de Hércules Poirot ou resolver os casos máis difíciles na compaña de Cuatro amigos y medio, non dubides en pasar pola biblioteca a mergullarte neste mundo de detectives, misterios sen resolver, traizóns, roubos, conspiracións, intriga e, tamén , humor, creado por magos do xénero como Arthur Conan Doyle ou Agatha Christie.



E como xa sabedes, unha nova mesa temática supón tamén un novo concurso de "Adiviña o fragmento". Nesta ocasión, o fragmento seleccionado (que, coma sempre, permanecerá exposto na porta da biblioteca) corresponderá a unha das obras da mesa policiaca. Cres que serás quen de descubrir a cal dos libros pertence? Métete na pel dun detective e inténtao!

Na mesa dedicada ao amor, a gañadora do concurso foi Paula Martínez Gómez, de 5ºA, que adiviñou que o fragmento seleccionado pertencía a Mujercitas, a obra mestra de Louisa May Alcott. Moitos parabéns, Paula!


martes, 14 de abril de 2015

"EL LÍMITE DE LA IMAGINACIÓN"









Con este eslogan  Diego Pampín junto con su 

equipo (Sara Sánchez, Antía Otero, Paula Vidal y Alberto) 

presentó  su magnífico número de ilusionismo.

El alumnado de quinto y sexto de primaria observó 

maravillado como realidad e ilusión  entrelazaban sus finas 

manos sin lograr adivinar dónde acababa la primera y 

continuaba la siguiente.


Diego junto a Paula, Sara, Antía y Alberto (alumnos/as de 3º de la ESO)

Diego conectó desde un primer momento con su público 

que participó activamente en muchos de los números 

propuestos por el MAGO.


"Magia con cartas"

                                  "El hilo mágico"

"La moneda juguetona"


Profesorado y alumnado disfrutaron y aplaudieron el trabajo 

y destreza del ilusionista:









Desde el plan lector del Centro agradecemos vuestra 

constante colaboración e implicación. 

MUCHAS GRACIAS QUINTETO.



lunes, 13 de abril de 2015

VISITA DO POETA PEDRO ALONSO DE LA IGLESIA

O pasado venres tivemos o enorme pracer de recibir a visita do poeta coruñés Pedro Alonso de la Iglesia, cuxo poemario titulado Cuando el mar ya no se mueve foi o grande protagonista dun recital levado a cabo polos alumnos de Bacharelato. Nesta sesión os rapaces puideron desfrutar cuns poemas cargados de sentimento, nos que o amor e o desamor, están presentes en cada verso. Trala lectura das composicións, Pedro respondeu moi amablemente ás preguntas que lle plantexaron os alumnos.
Aquí tedes uns versos seus:

...Puedo decir que nací para encontrar,

y soñarte, sin saber tu nombre,

amarte sin quererte,

y olvidarte sin tenerte;

puedo decir que la flor brota en ti,

y desprendiendo gotas del sentir;

puedo decir las cosas más bellas,

mas, todas ellas se dicen para ti,

sólo acariciando las letras

de tu nombre al salir...
(Fragmento do poema "Algún día")

E aquí vos deixamos unhas fotografías da sesión:






 

Desde o Plan Lector queremos agradecer de novo a Pedro a súa asistencia e desexarlle toda a sorte do mundo no seu novo proxecto.

viernes, 10 de abril de 2015

O UNIVERSO NA BIBLIOTECA

O doce de abril de 1961, o cosmonauta Iuri Gagarin, a bordo da nave Vostok 1, converteuse no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterior. Comezaba así a era espacial, que levaría ao home a pisar a Lúa o 20 de xullo de 1969. Se che interesa coñecer máis acerca das viaxes do home a través do espazo, se tes curiosidade por saber como nace unha estrela ou que é un burato negro, vente pola biblioteca a desfrutar da nosa maravillosa selección de libros de consulta sobre esta temática.

Ademais, a relación do home co espazo, baixo a forma de emocionantes viaxes interestelares, de  terroríficas invasións alieníxenas ou da colonización por parte do home de lonxanos planetas, ocupou xa desde os afastados tempos de Verne, a imaxinación de numerosos escritores que nos regalaron obras de ficción tan emocionantes como A guerra dos mundos ou tan divertidas como Sen noticias de Gurb. Na biblioteca do Fogar contamos con algunhas das mellores obras relacionadas con esta temática. Vennos visitar e desfruta con todas as aventuras que conteñen as súas páxinas!


Aquí vos deixamos unha pequena mostra dos libros que podedes encontrar:

Una estrella para Peque Coehete (primeiros lectores):
"¡Tú eres mi ESTRELLA!" Este é o grito de alegría co que finaliza este estupendo conto sobre unha aventura espacial. As páxinas deste libro permitirannos descubrir a gran ilusión do protagonista, Peque Cohete, que non é outra que regalarlle unha estrela a Papá Cohete. Nin Celeste Satélite, nin Tina, a nave do espazo, nin Néstor, o astronauta, nin ninguén será quen de facelo desistir no seu empeño por alcanzar unha estrela brillante coa que felicitar o aniversario a Papá Cohete. E así, Peque Cohete, viaxará até a Lúa, mais, xusto cando está a piques de coller unha estrela, o seu amigo Zodi Galáctico ten un problema importante. Nese momento, Peque Cohete terá que tomar unha decisión. Este libro de Julie Sykes é un auténtico canto á amizade, que fará desfrutar aos máis pequenos.


Medianoche en la Luna (a partir de 7 anos):
Mary Pope Osborne agasállanos neste libro cunha nova aventura dos irmáns Jack e Annie, que continuan aquí na procura dos catro obxectos que os permitirán liberar a Morgana, a dona da casa máxica da árbore, dun terrible feitizo. Logo de encontrar tres destes obxectos, tan só lles queda dar co último, para o cal deberán levar a súa busca até a mesmísima Lúa.

Tintín. Objetivo: la Luna (a partir de 7 anos):
Nesta nova aventura dunha das personaxes máis coñecidas da banda deseñada, Tintín e o capitán Haddock viaxan a Syldavia para encontrarse co profesor Tornasol. Alí descobren que o profesor se atopa traballando nunha planta secreta de investigación atómica no corazón do macizo montañoso de Zmylpathes, contratado polo goberno syldabo para dirixir a construción dun cohete que sirva para realizar a primeira viaxe tripulada á Lúa. A partir de aquí asistiremos a diferentes aventuras, como o adestramento de Tíntín como astronauta ou o complot ao que se terán que enfrontar, aparentemente dirixido pola veciña Borduria, que pretende sabotear o proxecto. ¿Conseguirá, finalmente, o cohete despegar cara ao seu destino?


Historias secretas do espacio (a partir de 10 anos):
¿Non resulta un enorme pracer escoitar ás agachadas historias interesantes sen que a persoa que as está a contar se decate de que o estás a escoitar? Isto é precisamente o que viviremos neste libro de Joan Manuel Gisbert, grazas á personaxe de Thomas. Na pousada das montañas suizas que posúe o seu pai, reúnense de incógnito unha vez ao ano tres veteranos astronautas, coa fin de lembrar as súas experiencias máis secretas e emocionantes no espazo. Isto é o que permitirá a Thomas coñecer, sen ser descoberto, historias tan fascinantes como "O misterio das voces do espazo", "O estraño caso do Laboratorio 4" ou "O máis fermoso do mundo". Se vós tamén as queredes coñecer, só tedes que vos mergullar nas páxinas deste apaixonante libro, que está a agardar por vós na biblioteca.


Zack Galaxy. Una aventura intergaláctica (a partir de 12 anos):
Para todo aquel que queira rir às gargalladas cun libro divertido, unha lectura ideal serán as aventuras de Zack Galaxy, un Axente Espacial Especial con sona de ser o peor policía do Sistema Intergaláctico, cuxo corpo só ten un 72'1% de humano, logo de múltiples inxertos, próteses e transplantes. Nesta obra chea de humor, Zack vese involucrado no secuestro dunha princesa nunha estación orbital cercana á Terra. Para salvala, o noso "heroe" deberá viaxar polo Universo e enfrontarse a todo tipo de criaturas. ¿Será quen de liberala?



O Océano Galáctico (a partir de 12 anos):
A obra sitúanos nun futuro lonxano no que unha nave regresa á Terra logo dunha expedición a Saturno. Nela viaxa un científico, coa súa muller e o seu fillo, que se encontrarán no espazo cun océano xigante que voa. ¿Que é este estrano océano?, ¿quen viaxa nel?, ¿qué terribles perigos traerá consigo? Se queres coñecer a resposta a estas interrogantes e desfrutar coas aventuras dos tres protagonistas, só tes que vir polo libro á biblioteca.

Sin noticias de Gurb (a partir de 14 anos):
Nesta obra enormemente divertida e chea de ironía, atopamos un extraterrestre que chega á Terra na procura do seu compañeiro Gurb, perdido no noso planeta cando se encontraba nunha misión espacial. A Barcelona preolímpica será o espazo por onde se moverá este extraño ser que, para pasar desapercibido entre os humanos, se disfrazará das celebridades máis dispares, se fartará de churros e visitará os lugares máis castizos dunha España caótica en plenos preparativos das Olimpíadas do 92. O libro serve ao autor, Eduardo Mendoza, para realizar unha crítica tan divertida como aceda da sociedade actual e do mundo que nos rodea, a través da mirada dun ser doutro planeta. 


A guerra dos mundos (a partir de 14 anos):
Nesta apaixonante obra, que constitúe un dos textos pioneiros da ciencia-ficción, H. G. Wells nos sitúa perante unha dramática situación: a invasión da Terra por uns malévolos alieníxenas, que arrasan con todo co seu terrible "raio de calor", provocando o pánico ante unha humanidade que se ve impotente para detelos. Así, os marcianos conseguen facerse co control da Terra, mais ¿lograrán finalmente os humanos recuperar o seu planeta?

Crónicas marcianas (a partir de 14 anos):
Este libro está composto por unha colección de relatos que narran a colonización de Marte por parte dunha humanidade que fuxe dun mundo ao bordo da destrución. Os humanos levarán consigo ao Planeta Vermello non só as súas ganas de reproducir alí a súa antiga civilización, senón tamén enfermidades que atacarán aos marcianos e moitos dos seus medos ancestrais, que se traducen no odio ao diferente. Amosarán, deste xeito, moi pouco respecto por unha cultura misteriosa e fascinante como a que atopan, e que os marcianos intentarán protexer da rapacidade dos terrícolas. Escrita na década de 1940, a obra, que converteu ao seu autor, Ray Bradbury, nun dos mestres da ciencia-ficción, supón un canto contra o racismo, a guerra e o afán autodestrutivo do home.


De la Tierra a la Luna (a partir de 14 anos):
Esta obra, unha das máis coñecidas dun dos mellores escritores da historia, Xulio Verne, constitúe un relato cheo de emocionantes episodios coas aventuras e desventuras dos tres protagonistas do libro, que viaxan á Lúa dentro dun proxectil cilíndrico oco disparado desde a Terra por un gran canón. As peripecias dos tres aventureiros na Lúa e os descobrementos que levan a cabo alí sorprenderán a calquera lector que se mergulle nas páxinas desta trepidante novela.

Despierta (Across the Universe I) (a partir de 14 anos):
Encontrámonos aquí con Fortuna, unha nave espacial que é como un pequeno mundo. Leva moito tempo viaxando e xeracións e xeracións de tripulantes viven e morren nela, coa esperanza de que os seus fillos cheguen ao planeta prometido. Unha carga de persoas crionizadas que só espertarán ao final da viaxe. Todo está perfectamente ordeado; todo debe seguir un guión escrito de antemán. E, porén... Amy, unha rapaza de dezasete anos, esperta nun momento e un lugar que non deberían formar parte da súa vida. Elder, o futuro líder da nave, encóntrase confinado nun papel que non quere desempeñar. Ningún dos dous encaixa no gran crebacabezas da nave. E hai outra peza solta: un asasino. Desde o blog animámosvos a mergullarvos na lectura desta apaixonante obra distópica, que constitúe o primeiro volume dunha saga que se completa con outros dous títulos: Tan cerca (Across the Universe II) e Dos soles (Across the Universe III), os cales tamén podedes encontrar na biblioteca do Fogar.