jueves, 21 de junio de 2018

UNHA MAÑÁ DE TEATRO NO CENTRO DE DÍA ATENDO CORUÑA

Logo de actuar para a Asociación Parkinson Galicia-Coruña, hai uns días o grupo de teatro de 5º de Primaria visitou o Centro de Día Atendo Coruña, para agasallar cunha obra de teatro aos maiores. Uns e outros, pequenos e maiores, estiveron xeniais e o pasaron en grande coa obra "O rei melón".



Queredes saber como se desenvolveu ese encontro? Aquí vos resumimos moi rapidamente unha visita que comezou coa nosa saída do cole, cuns poucos nervos e moita emoción.





Logo dunha calorosa acollida por parte das traballadoras e dos maiores do Centro de Día Atendo Coruña, a presentadora da gala, Carla, deu comezo á obra:



As actrices e os actores de 5º estiveron sensacionais, desexosos de divertir a un público que os animou en todo momento.













O espectáculo saíu perfecto e os maiores riron e se divertiron co bo facer do grupo de teatro. Acabada a obra, os maiores quixeron agradecer o esforzo dos rapaces cunhas fermosas palabras que nos emocionaron a todos.






A todo o persoal e aos maiores do Centro de Día Atendo Coruña, queremos darvos as grazas por tratarnos tan ben. O próximo curso esperamos poder repetir esta experiencia, que iniciamos con vós o curso pasado, e da que queremos seguir desfrutando.


E non pode faltar aquí o agradecemento para vós, os integrantes do grupo de teatro de 5º, que logo de todo un curso de ensaios durante os recreos e representacións diante de grupos de Primaria e asociacións, seguides coa mesma ilusión do primeiro día. A Nuria, Pablo Beade, Diego, Eva, Carmen, Carla, Laura Pardo, Aroa, Olaia, Julia, Pablo Edreira, Andrea, Laura Quintela, Aitana, Lía, Claudia, María Clara, Ander, Antón, Emily, Inés, Candela Piñeiro, Candela Bertoa e María Estela, vos queremos dicir que sodes extraordinarios. Grazas polo voso esforzo, pola vosa alegrìa contaxiosa e pola vosa xenerosidade. É un pracer convivir, día a día, con vós.




No hay comentarios:

Publicar un comentario