viernes, 25 de octubre de 2019

CHEGAN AS PRIMEIRAS TERRORÍFICAS CREACIÓNS PARA O I CONCURSO DE CABAZAS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Este curso, desde o Plan Lector, propuxémosvos participar no I Concurso de Cabazas de Educación Infantil, para celebrar o Samaín. Xa comezaron a chegar as primeiras creacións terrorificamente divertidas.


A todas aquelas familias de Educación Infantil que vos apeteza pasar un momentiño xuntos decorando unha cabaza, vos animamos a participar nesta actividade. Tedes de prazo até o vindeiro mércores 30 de outubro. Lembrade que a cabaza debe traer o nome do neno ou da nena participante.

Xa temos ganas de ver as vosas creacións!

No hay comentarios:

Publicar un comentario