martes, 21 de junio de 2016

UNHA MAÑÁ NA BIBLIOTECA (PARTE 2)

Unha mañá na biblioteca do Fogar, un venres calquera, pode dar para a representación de varias obras de teatro, mais tamén para recibir a visita de dúas nais marabillosas: Mar, nai de Raquel Tian, e Ana, nai de Sabrina.

Mar e Raquel fixéronnos desfrutar coa lectura de ¿Quién ha robado mi trono? (Bruño), escrito por Gabriela Keselman e ilustrado por Anne Decis, que nos achega á historia do Príncipe Único, que ve como os seus pais, a súa doncela, o seu crocodilo e o seu trono acaban de desaparecer!



Aquí vos deixamos a portada do libro:



E logo da lectura, Raquel dirixiu aos seus compañeiros de 2ºC diferentes preguntas sobre a obra:




A continuación, foron Ana e Sabrina quenes nos fixeron gozar cun novo conto, El abanico de la verdad (Memory Ferrandiz), de Juan Ferrandiz, que nos achegou á historia dun abanico máxico, que realzaba en cada persoa as súas principais virtudes ou os seus principais defectos.




Leo, irmán de Sabrina, quixo asistir tamén a este contacontos, e nos sorprendeu coa súa simpatía. Aquí o tedes na foto mentres escoita as preguntas que Sabrina dirixe aos seus compañeiros sobre o conto:



Desde aquí dámosvos as grazas, Mar e Ana, por regalarnos o voso tempo e por facernos partícipes dun encontro tan divertido.

E a mañá nos deparaba unha gran sorpresa: os nenos de 2ºC e a súa profe Silvia nos agasallaron cun libro viaxeiro, titulado Un gato travieso y cuatro mariposas aventureras, o cal xa está a agardar por vós na biblioteca para que o leades o curso que vén. Nós xa desfrutamos del:





Queredes saber como comeza? Aquí vos deixamos as primeiras liñas:
Había una vez una mariposa que se llamaba Flora. Un buen día, Flora decidió salir a la pradera para ir a jugar con sus amigas: Rosa, Julia y Celia. Quería jugar a revolotear por la pradera, porque Flora era muy juguetona y un poco traviesa, Se metía en líos y sus amigos la tenían que ayudar.
Aquella mañana mientras Flora y sus amigas sobrevolaban la pradera observaron que algo brillaba en medio del campo y decidieron acercarse. Su sorpresa fue mayúscula cuando vieron que se trataba de...
Se queredes saber que atoparon Flora e as súas amigas, non tedes máis que pasar pola biblioteca á volta das vacacións de verán. Este fermoso libro viaxeiro estavos a esperar... 

Moitas grazas por este agasallo (que nos encantou), 2ºC!



Mais se credes que a mañá na biblioteca, logo de varias obras de teatro, da visita de Mar e Ana, e da lectura do libro viaxeiro, xa chegou á súa fin, estades moi equivocados. Aínda nos faltaba o encontro con Diego, antigo alumno do Fogar e pai de Alba e de Lola, alumnas de 6º de Inf. C. Diego nos fixo rir ás gargalladas coa súa divertida lectura de La ridícula crema invisible, un conto que nos achega á historia de Mario, un neno moi bo, mais tan impulsivo e impaciente que case todos os días pegaba aos seus amigos. Por esta razón, Laura, a súa mestra, pediu axuda ao Tío Perico, un bruxo tolo que lle entregou un frasco cunha poción máxica...






Mais os contos non acabaron aquí, pois Diego aínda tivo tempo para contarnos Lobo Feroz (OQO), de Patacrúa e Chené Gómez, unha historia protagonizada por un lobo tan preguiceiro que, por non se esforzar, non comía máis que papas de arroz. Un día, este lobo mirouse no espello e viuse tan fraco que decidiu converterse nun lobo feroz.




Desde o blog recomendámosvos este conto, co que a bo seguro desfrutaredes enormemente:



Moitas grazas, Diego, por facérnolo pasar tan ben!



E as grazas non paran aquí, pois tamén nos queremos lembrar de Loreto, nai de Loreto (6º de Inf. C) e de Eduardo (3ºA de Primaria), que nos visitou hai unhas semanas e que, ademais de cautivarnos a todos coa súa cercanía e a súa paciencia cos pequenos, nos regalou a obra Nublado con probabilidades de albóndigas (Editorial Corimbo), escrito por Judi Barrett e ilustrado por Ron Barrett. O libro, unha vez catalogado, etiquetado e forrado, está xa preparado para que os alumnos poidan desfrutar del á volta das vacacións. Con esta foto, Loreto, simplemente queremos dicirche: MOITAS GRAZAS!







3 comentarios:

  1. Gracias a ti Xulian y a los profes por compartir con todos cómo los niñ@s se adentran en el maravilloso mundo de los libros y la lectura.
    Felices y merecidas vacaciones!

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  3. Grazas a ti por dedicarnos o teu tempo e por agasallarnos cun encontro tan agradable. Á volta do verán esperamos que nos volvas visitar... Unha aperta moi forte desde o Fogar dos Libros para ti, para Loreto e para Eduardo.

    ResponderEliminar