Estes días o grupo de teatro de Secundaria estreou a adaptación teatral do Mago de Oz, a coñecida obra de L. Frank Baum. Foron xa varios os grupos de Infantil que puideron desfrutar do marabilloso traballo destas actrices e actores xeniais. Nas vindeiras semanas, novos grupos terán o pracer de asistir a novas representacións da obra.
martes, 24 de marzo de 2026
viernes, 6 de marzo de 2026
LIBROS PARA TRABALLAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, preparamos unha pequena selección de libros para traballar esta data co alumnado. Nas mesas os estudantes puideron atopar lecturas moi diversas: contos, biografías, álbumes ilustrados e libros informativos que nos achegan ás historias de mulleres que cambiaron o mundo e tamén a relatos que fomentan a igualdade, o respecto e a reflexión.
A través destes libros quixemos visibilizar o papel das mulleres na historia, na ciencia, na arte, no deporte e en moitos outros ámbitos, así como promover conversacións na aula sobre a igualdade de oportunidades e a importancia de construír unha sociedade máis xusta.
Estas mesas temáticas con motivo do 8M manteranse durante todo o mes, polo que convidamos a aqueles estudantes que aínda non pasaron a velas a achegarse á biblioteca, descubrir estes títulos e utilizalos como punto de partida para aprender, dialogar e seguir avanzando cara á igualdade.
Deixámosvos aquí a listaxe de obras que compoñen esta selección:
INFANTIL
E PRIMARIA
-Artur
e Clementina, A. Turin (Kalandraka): Clementina é unha
tartaruga á que o seu compañeiro lle impide desenvolver as súas inquedanzas. Un
conto simbólico sobre control, desigualdade e liberdade persoal.
-Rosa
Caramelo, A. Turin (Kalandraka): un grupo de
elefantas vive separado e condicionado por normas absurdas. Unha delas rebélase
contra os estereotipos de xénero.
-Unha
feliz catástrofe, A. Turin (Kalandraka): a través dunha
situación inesperada, móstrase como a cooperación e o reparto das tarefas son
fundamentais. Reflexiona sobre os roles tradicionais dentro da familia.
-A
historia dos bonobos con lentes, A. Turin (Kalandraka):
nun grupo de bonobos, as relacións entre machos e femias están marcadas por
normas inxustas que limitan a liberdade dunhas fronte a outros. A historia
invita a reflexionar sobre a desigualdade, o poder e a importancia de construír
relacións máis xustas e equilibradas.
-Até
as princesas soltan peidos, I. Brenman (Algar): unha
nena descobre que as princesas tamén fan cousas pouco “perfectas”. Un conto
divertido que rompe coa imaxe idealizada e irreal das princesas.
-Os
Bolechas pola igualdade, Pepe Carreiro (Xunta de Galicia): os
coñecidos personaxes de Pepe Carreiro reflexionan sobre a igualdade entre nenos
e nenas en situacións cotiás.
-Maruxa,
E. Mejuto (OQO): Maruxa é unha muller maior que viviu toda a súa vida
traballando no campo e coidando da casa sen descanso nin recoñecemento. A
través da súa historia, o libro rende homenaxe ás mulleres do rural,
visibilizando o seu esforzo silencioso e reivindicando a súa dignidade e
importancia na nosa historia colectiva.
-O
libro dos porcos, A. Browne (Kalandraka): Nunha familia
onde a nai asume todas as tarefas da casa, o resto acaban converténdose en
porcos. Unha crítica ao reparto desigual do traballo doméstico.
-Corre,
corre, Mary, corre, N. M. Bodecker
(Lumen): cunhas divertidas ilustracións e uns versos sinxelos e enxeñosos, este
libro conta a historia de Mary, quen logo dunha dura xornada aínda ten que coidar
do seu marido e facer todas as tarefas ás présas, ata que un día se farta.
Outro álbum ilustrado que trata o reparto inxusto e desigual do traballo
doméstico.
-Pequeña
y GRANDE: Ella Fitzgerald, M. I. Sánchez Vegara
(Alba): biografía ilustrada que presenta a infancia e os logros de Ella
Fitzgerald, cantante de jazz que superou unha infancia difícil ata
converterse nunha lenda musical.
-Pequeña
y GRANDE: Marie Curie, M. I. Sánchez Vegara (Alba): biografía
ilustrada que presenta a infancia e os logros de Marie Curie, científica
pioneira no estudo da radioactividade e primeira muller en recibir un Nobel.
-Pequeña
y GRANDE: Amelia Earhart, M. I. Sánchez Vegara
(Alba): biografía ilustrada que presenta a infancia e os logros de Amelia
Earhart, aviadora que rompeu marcas e barreiras nun mundo dominado por homes.
-Pequeña
y GRANDE: Dian Fossey, M. I. Sánchez Vegara (Alba): biografía
ilustrada que presenta a infancia e os logros de Dian Fossey, destacada primatóloga
que dedicou a súa vida á protección dos gorilas.
-Pequeña
y GRANDE: Agatha Christie, M. I. Sánchez Vegara
(Alba): biografía ilustrada que presenta a infancia e os logros de Agatha
Christie, escritora considerada a mestra do misterio e da novela policial.
-Pequeña
y GRANDE: Coco Chanel, M. I. Sánchez Vegara (Alba): biografía
ilustrada que presenta a infancia e os logros de Coco Chanel, deseñadora que
revolucionou a moda feminina.
-Pequeña
y GRANDE: Audrey Hepburn, M. I. Sánchez Vegara
(Alba): biografía ilustrada que presenta a infancia e os logros de Audrey
Hepburn, actriz e activista humanitaria.
-Pequeña
y GRANDE: Frida Kahlo, M. I. Sánchez Vegara (Alba): biografía
ilustrada que presenta a infancia e os logros de Frida Kahlo, carismática pintora
mexicana que expresou a súa identidade e sufrimento a través da arte.
-Pequeña
y GRANDE: Gloria Fuertes, M. I. Sánchez Vegara
(Alba): biografía ilustrada que presenta a vida de Gloria Fuertes, unha nena de
Madrid á que lle gustaba moito ler e escribir poemas. A pesar das dificultades,
seguiu o seu soño de ser escritora. Co tempo converteuse nunha poeta moi
querida, sobre todo pola súa poesía para nenos e polo seu estilo sinxelo e
divertido
-Yo,
Jane, P. McDonnell (Océano): conta a infancia de Jane
Goodall e como o seu amor polos animais a levou a converterse nunha científica
recoñecida mundialmente.
-Bimba
en el duatlón, E. Capdevila (Cromosoma): Bimba decide
participar nun duatlón e prepárase con ilusión para afrontar a proba. Ao longo
da historia vive os nervios da competición, o esforzo do adestramento e a
satisfacción de superarse. Un conto sobre constancia, deportividade e confianza
nunha mesma.
-Bimba
se apunta a fútbol, E. Capdevila (Cromosoma): Bimba
inscríbese nun equipo de fútbol e descobre o valor do xogo en equipo. Entre
adestramentos e partidos, aprende que o importante non é só gañar, senón
divertirse, colaborar e mellorar cada día.
-Bimba
y el skate, E. Capdevila (Cromosoma): Ao iniciarse
no skate, Bimba enfróntase a caídas e dificultades, pero tamén á emoción de
aprender algo novo. A historia destaca a perseveranza, a autonomía e a alegría
de atreverse a probar deportes diferentes.
-La
escuela secreta de Nasreen, J. Winter (Juventud): baseado
nunha historia real en Afganistán, narra como unha nena recupera a esperanza
grazas a unha escola clandestina para nenas.
-Yo
soy Adila: Historia ilustrada de Malala Yousafzai,
F. Degl’Innocenti (Miau): relata a historia de Malala Yousafzai, símbolo da
loita polo dereito á educación das nenas.
-Cuentos
de buenas noches para niñas rebeldes (1 e 2),
E. Favilli e F. Cavallo (Destino): cen historias curtas de mulleres reais de
distintos ámbitos que inspiraron cambios no mundo.
-Mulleres
bravas da nosa historia: Pepa a Loba, L. Costas (Urco
Editora): pequeno álbum ilustrado que recrea a figura dunha muller galega
rebelde e xusta.
-Mulleres
bravas da nosa historia: María Victoria Moreno,
E. Ríos (Urco Editora): vida e legado da coñecida escritora galega.
-Cleopatra:
raíña do Nilo, M. de Prémonville (Baía Edicións):
fermoso álbum ilustrado que achega o lector á vida da famosa raíña exipcia e ao
seu papel político.
-Tinta
do mar: pequena biografía de Luísa Villalta,
Polo Correo do Vento (Lela Edicións): pequena biografía ilustrada de Luísa
Villalta, poeta e violinista galega.
-Semente
de igualdade, semente de liberdade: pequena biografía de Ernestina Otero,
E. Mauricio (Lela Edicións): historia de Ernestina Otero, pedagoga galega
comprometida coa educación e a igualdade.
-Luísa
Villalta, a nosa estrela, S. Villalta (Teófilo
Edicións): biografía adaptada ao público infantil sobre a autora homenaxeada
nas Letras Galegas 2024.
-Luísa
Villalta: Alma de violino, B. Maceda, E. Ríos e L.
Sánchez (Xerais): obra que afonda na dimensión literaria e musical da autora.
-Mary
Shelley: la madre de Frankenstein, G. Calzada (El
Rompecabezas): achega á vida da autora que creou Frankenstein,
destacando o seu talento e contexto histórico.
-Clara
Campoamor: la sufragista, V. Vilardell Balasch
(El Rompecabezas): explica a loita de Clara Campoamor polo sufraxio feminino en
España.
-Inventoras
y sus inventos, A. López (Flamboyant): mostra mulleres
inventoras e as súas achegas tecnolóxicas, moitas veces invisibilizadas.
-Mini
biografías: Ana Frank, J. Morán (Susaeta): pequena achega
á súa vida durante o Holocausto e ao valor do seu diario.
-Mini
biografías: Frida Kahlo, J. Morán (Susaeta): breve achega á
artista mexicana e á súa vida marcada pola enfermidade e a arte.
-Mini
biografías: Marie Curie, J. Morán (Susaeta): pequena achega
á figura desta destacada científica.
-Pandeireteiras,
I. Varela, X. M. Varela e N. Gómez (Edicións Embora): álbum ilustrado que supón
un percorrido esencial pola traxectoria biográfica e artística das cantareiras protagonistas
das Letras Galegas de 2025. Representantes contemporáneas daquelas mulleres que
inspiran a Rosaía de Castro á hora de escribir Cantares Gallegos, obra
fundacional do Rexurdimento literario galego no século XIX. As protagonistas
son mulleres que tocan a pandeireta e cantan en festas, romarías e encontros,
mantendo viva a cultura galega.
-Pioneiras:
galegas que abriron camiño (1 e 2), A. Rodríguez (Xerais):
retratos de mulleres galegas que destacaron en diferentes ámbitos.
-Saínza,
a punkiereteira, M. Canosa (A Costureira Edicións): un
conto actual sobre identidade, rebeldía e liberdade persoal.
-Wangari
y los árboles de la paz, J. Winter (Ediciones Ekaré): álbum
que conta a historia real de Wangari Maathai, unha muller de Kenia que ve como
desaparecen os bosques do seu país. Para axudar á natureza, comeza plantando
árbores e anima a outras persoas a facer o mesmo. Así nace un movemento que
chega a plantar millóns de árbores. A súa loita polo medio ambiente e pola paz
acaba sendo recoñecida en todo o mundo.
-A
nena lectora, M. Rivas (Xerais): álbum ilustrado que
destaca o valor da lectura, da educación e da liberdade de pensamento a través
da figura dunha nena curiosa e amante dos libros. Permite reflexionar sobre a
importancia de que as nenas teñan acceso á cultura, ao coñecemento e ás mesmas
oportunidades ca os nenos.
ESO,
CICLOS E BACHARELATO
-Cantareiras,
I. Varela e X. M. Varela (Xerais): libro arredor da figura
das cantareiras, homenaxeadas nas Letras Galegas no 2025. Esta obra achéganos a
estas mulleres de Galicia que cantaban cancións tradicionais e transmitían a
cultura popular de xeración en xeración. A través da música e das festas,
mantiveron vivas as tradicións e a lingua galega. É unha homenaxe ás mulleres
que conservaron a música e a memoria do pobo galego.
-Las
chicas son guerreras: 26 rebeldes que cambiaron el mundo,
I. Cívico e S. Parra (Penguin Random House): recolle 26 biografías breves de
mulleres que romperon barreiras en distintos ámbitos (ciencia, arte, deporte,
activismo…). Cun estilo divulgativo e dinámico, visibiliza referentes femininos
que cambiaron o mundo.
-Mujeres
en el deporte: 50 intrépidas deportistas que jugaron para ganar,
R. Ignotofsky (Nórdica): libro ilustrado que presenta 50 deportistas pioneiras
de distintas disciplinas. Destaca os seus logros e as dificultades ás que se
enfrontaron nun ámbito tradicionalmente masculino.
-Persépole,
M. Satrapi (Rinoceronte): autobiografía de Marjane Satrapi, unha nena e
adolescente en Irán durante a revolución islámica. A través da súa experiencia,
amósase como os cambios políticos afectan ás mulleres, restrinxindo a súa
liberdade e dereitos. A obra reflicte a resistencia, o empoderamento e a loita
por manter a identidade propia fronte ás normas sociais e políticas. O formato
de cómic fai accesible a historia e invita a reflexionar sobre igualdade e
xénero.
-Ferreñas
e Rock and Roll, I. Pedreira (Baía Edicións): catálogo
ilustrado no que se outorga protagonismo a máis de trinta músicas ou formacións
íntegramente femininas que marcaron un antes e un despois tanto nos seus
respectivos estilos como no conxunto da música galega.
-Emilia
Pardo Bazán: Unha nena seducida polos libros,
M. X. Queizán (Xerais): biografía divulgativa que percorre a infancia e
formación de Emilia Pardo Bazán, destacando a súa paixón pola lectura e o seu
papel pioneiro na defensa da educación e dos dereitos das mulleres.
-Luísa
Villalta, melodía de palabras, M. Canosa (Xerais): achegamento
á vida e obra de Luísa Villalta, escritora, música e docente. O libro salienta
a súa sensibilidade artística e o seu compromiso cultural e social.
-¿Quién
era Ana Frank?, M. Pressler (Muchnik Editores): biografía
adaptada da vida de Ana Frank. Explica o contexto histórico do Holocausto e a
importancia do seu diario como testemuño da persecución nazi.
-As
mulleres nas matemáticas, M. Ríos Fachal (Baía
Edicións): divulgación sobre mulleres que contribuíron ao desenvolvemento das
matemáticas ao longo da historia. Pon en valor achegas frecuentemente
invisibilizadas no ámbito científico.
-Galegas
na Ciencia, I. Blanco (Belagua): presenta
científicas galegas de diferentes disciplinas, dando visibilidade ao talento
feminino en Galicia e ofrecendo referentes próximos para o alumnado.
-Virginia
Woolf, Gazzier e Ciccolini (Impedimenta): biografía en
formato ilustrado de Virginia Woolf. Repasa a súa traxectoria literaria, o seu
contexto vital e a súa relevancia no pensamento feminista e na narrativa do
século XX.
-Sally
Heathcote: Sufragista, M. M. Talbot (La Cúpula): novela
gráfica que narra a loita das sufraxistas británicas polo dereito ao voto
feminino a través da historia dunha moza traballadora implicada no movemento.
-Mujeres
en lucha, M. Breen e J. Jordahl (RBA): percorrido
ilustrado pola historia do feminismo e das reivindicacións polos dereitos das
mulleres, desde o sufraxismo ata movementos máis recentes.
-Irene,
a porteira, X. Pisón (Universidade da Coruña):
interesante cómic que nos achega a unha historia real acontecida na década dos
vinte do século pasado a través da figura de Irene González, unha rapaza que
rompeu barreiras no fútbol, ao se converter na porteira e capitá do equipo
masculino coruñés ao que deu nome: o Irene F.C. Esta é a historia dunha nena
que levou a súa paixón máis alá dos límites establecidos para as mulleres da
época e fixo realidade o seu soño.
-Mulleres,
U. Heinze (Xerais): obra que reúne relatos ou reflexións
arredor da experiencia feminina, abordando distintas realidades e contextos
sociais desde unha perspectiva literaria.
-Arredor
da muller en 18 mundos, U. Heinze (Xerais): conxunto de
textos que exploran múltiples facetas da identidade e da vivencia das mulleres,
propoñendo unha mirada plural e intercultural.
-Feminismos:
a historia cóntana as vencedoras, A. R. Figueiredo (Xunta
de Galicia): repaso divulgativo pola historia dos feminismos, explicando as
súas ondas, logros e debates principais cun enfoque accesible para público
novo.
-Mujeres,
I. Ruiz Ruiz (Ilustropos): libro ilustrado que presenta biografías breves de
mulleres relevantes na historia, destacando o seu papel transformador en
distintos ámbitos.
-Ana
Frank: la biografía gráfica, S. Jacobson e E. Colón
(Norma Editorial): a historia recolle a vida de Ana Frank, desde a súa infancia
ata os anos de ocultamento durante o Holocausto. O libro amosa os seus soños,
esperanzas e a forza da súa voz a través do diario, facendo accesible a súa
historia para lectores novos.
-Vendida,
P. McCormick (SM): novela xuvenil que trata a historia dunha rapaza nepalesa
que é vendida e obrigada a vivir nun prostíbulo. A obra toca temas como a
explotación, a trata de persoas e a falta de dereitos das mulleres en certos
contextos. Resulta moi potente para reflexionar sobre a desigualdade de xénero
e a vulneración dos dereitos das nenas e mulleres, aínda que ten contido duro,
polo que adoita recomendarse para alumnado de 4º da ESO ou Bacharelato.
-Como
saliva en la arena, K. Gordon (loqueleo): novela
xuvenil sobre a vida dunha rapaza que vive na pobreza e loita por sobrevivir
nun contexto social difícil. Permite traballar temas como a desigualdade
social, a resiliencia e o papel das mulleres e das nenas en situacións de
exclusión.
COMEZAN AS SESIÓNS DE IOGA NA BIBLIO
Esta semana, na biblio, comezaron as sesións de ioga para os pícaros de Infantil, desenvolvidas por Daniela, Belén, Olivia, Marta, Antía, Irene e Brais, estudantes de 1º da ESO. Nas vindeiras semanas, diferentes grupos irán desfrutando desta divertida e relaxante actividade.

















