Mostrando entradas con la etiqueta TEMAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TEMAS. Mostrar todas las entradas

viernes, 6 de marzo de 2026

COMEZAN AS SESIÓNS DE IOGA NA BIBLIO

Esta semana, na biblio, comezaron as sesións de ioga para os pícaros de Infantil, desenvolvidas por Daniela, Belén, Olivia, Marta, Antía, Irene e Brais, estudantes de 1º da ESO. Nas vindeiras semanas, diferentes grupos irán desfrutando desta divertida e relaxante actividade.












martes, 29 de octubre de 2019

E TI, XA ESTREACHES OS TABOLEIROS DE XADREZ DA BIBLIO?

Desde hai varias semanas, a biblioteca conta cuns taboleiros de xadrez que podedes utilizar nos recreos. Ben para botar unha partida con algún profesor, tal e como fai Ruddy, de 3º da ESO, co noso compañeiro Brais, ao que desde aquí lle damos as grazas por doar este material para a biblio do cole.


Ou ben para xogar entre vós, tal e como fan Guillermo e Javi, alumnos de 3º da ESO:







domingo, 3 de febrero de 2019

LOS PELIGROS DE INTERNET. ¿QUÉ PODEMOS HACER LOS PADRES?

O pasado xoves comezou a serie de charlas que a ANPA vai desenvolver ao longo do curso. Neste primeiro encontro, Santiago Reboyras, inspector xefe do Grupo de Delitos Tecnolóxicos da Brigada Provincial da Policía Xudicial da Coruña (e papá de tres alumnos do noso colexio), achegounos ao perigo que Internet pode supor para os nenos e as nenas, e incluso para os adultos, se non se fai un bo uso desta ferramenta.



Así, baixo o título "Los peligros de Internet. ¿Qué podemos hacer los padres?", Santiago amosounos cales son os principais perigos que ofrece Internet, deunos unha serie de pautas neste sentido que os pais podemos empregar cos nosos fillos e nos lembrou o importante que é dar exemplo aos máis pequenos no tocante ao emprego desta ferramenta.

Desde aquí queremos dar as grazas a Santiago e á ANPA, por achegarnos formación sobre un tema fundamental no mundo actual.

Estaremos moi atentos aos novos encontros que se organicen e animamos aos papás, ás mamás e a todos os membros desta pequena-gran familia que é o Fogar a asistir aos mesmos.

lunes, 19 de noviembre de 2018

UN PETISCO DE OUTONO E ALGO DE SAMAÍN

Nuns días nos que andamos a traballar o outono, queremos felicitar ao grupo formado por Daniela, Lucía Salguero, Lucía Otero, Ainara, Carla e Paula, de 5º de Primaria, que fixeron desfrutar aos pícaros de 4º de Infantil co fermoso conto El árbol que no tenía hojas, na versión de Fernando Alonso publicada por Santillana.



Así de atento estaba o público cando as actrices saíron a escena:



E comezou o espectáculo:





Sen dúbida, unhas actrices de 10!

Mais nestas semanas que acaban de pasar, non só respiramos aires de outono, senón tamén do Samaín. Así, a biblioteca encheuse de monstros, bruxas e mesmo esqueletos tan terrorificamente fermosos como estes de 6ºInf. A.



E, por suposto, nunha época coma esta, non podían faltar os contos de medo. Esta foi a temática principal das historias que vimos de desfrutar estes días na biblioteca cos pequenos. Un dos que sempre fai divertirse aos pícaros é un clásico da biblioteca do Fogar: A figueira de Pelostortos, un relato tradicional español adaptado pola coñecida contacontos Ana García Castellano para a editorial OQO, cunhas impresionantes ilustracións creadas polo artista bilbaíno Mikel Mardones.

                                                     


Os pícaros de 5º de Infantil foron uns dos que desfrutaron con este conto de medo con final feliz. E logo de escoitalo, tiveron que realizar unha importante misión: colorear a Pelostortos e poñerlle pelo, pois do susto que apañou ao final do libro quedou branco e sen un só pelo na cabeza.












Como vedes nas fotos, algunhas destas sesións cos pequenos se desenvolveron coa axuda de estudantes de 6º de Primaria e de 1º da ESO.



Outro dos contos cos que rimos e, á vez, pasamos un pouco de medo foi Tío Lobo, un conto popular italiano adaptado para Kalandraka por Xosé Ballesteros, con ilustracións de Roger Olmos.



Claudia e Miriam, alumnas de 6ºC de Primaria, quixeron agasallar á súa antiga profesora, Tina, lendo este conto para o seu actual grupo: 1ºC de Primaria.




A lectura deste álbum permitiu a Claudia e a Miriam reflexionar cos pícaros sobre un tema moi presente no libro: a mentira.






jueves, 18 de octubre de 2018

COÑECENDO A WANGARI MAATHAI

A pasada semana celebrouse, como cada 11 de outubro, unha data que nos encanta: o Día Internacional da Nena. Por esta razón decidimos achegarnos á historia dunha nena africana que chegou a converterse en Premio Nobel da Paz: Wangari Maathai.



Activista política e ecoloxista keniana, Wangari, nada en 1940 nunha pequena aldea no seo dunha familia de labregos, amosouse sempre como unha persoa comprometida. En 1976 participa no Consello Nacional de Mulleres de Kenia e lanza un proxecto: plantar árbores para salvar a Terra. Deu así comezo ao Movemento Cinto Verde, co que pretendía axudar a frear a enorme deforestación que estaban a padecer os bosques, e co que lograría plantar, xunto con outras moitas mulleres, 30 millóns de árbores no seu país. 



Para coñecer máis sobre esta figura vos recomendamos a obra Wangari y los árboles de la paz (Ediciones Ekaré), de Jeanette Winter.





E logo de achegarnos a Wangari, decidimos crear un retrato dela:









O resultado, como vistes na primeira foto, foi extraordinario grazas aos pequenos-grandes artistas de 6º de Inf.A:



A terra estaba espida.
A miña misión foi intentar
vestila de verde.

WANGARI MAATHAI


Ao longo do curso iremos coñecendo diferentes figuras que constituen un exemplo polo seu compromiso en ámbitos como o ecoloxismo, os dereitos humanos, etc.

lunes, 15 de octubre de 2018

AS VISITAS DE 1ºA Á BIBLIO DAN PARA MOITO

Unha visita de 1ºA de Primaria á biblioteca pode servir, por exemplo, para achegármonos a unha actividade moi propia deste tempo, como é a vendima, e mesmo para degustar diferentes tipos de uva que a profe Ana trouxo para nós.



Tamén pode servir para ler ante os nosos compañeiros os relatos que creamos, tal e como fixeron Iria e Mateo.




Unha visita de 1ºA á biblioteca pode servir tamén para falar de nós, das nosas afeccións, dos nosos gustos e intereses e, en definitiva, para coñecernos mellor a nós mesmos e tamén para coñecer os nosos compañeiros.



E, por suposto, tamén pode servir para voar grazas aos libros e aos contos que nos le a profe Ana.


Encantounos "A casa de Bruel", un dos 28 contos da obra Contos para nenos que dormen deseguida, de Pinto e Chinto, publicada por Kalandraka. Desde aquí vos recomendamos esta xoia, gañadora de destacados galardóns, como o Premio Xosé Neira Vilas ao Mellor Libro Infantil 2010. A bo seguro que ides desfrutar con estes contos cheos de orixinalidade e sentido do humor.