Mostrando entradas con la etiqueta ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO. Mostrar todas las entradas

jueves, 27 de mayo de 2021

ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 

Juan Francisco Vivas Sánchez: “Levo traballando de mariñeiro desde xoven”

 


JADIR ABIEL GÓMEZ VIVAS (1º ESO D)

 

Por que quixo ser mariñeiro?

Porque desde xoven me gustaba o mar e meu pai era patrón.

 

Cantos anos estivo traballando no mar?

Desde os 16 ata os 47 anos.

 

Era sinxelo ou complexo traballar alí?

Era complexo polas horas que un non durmía e tamén polo temporal.

 

Cal era o seu horario?

De domingo a venres sempre.

 

Canto peixe pescaba normalmente?

A pesca era por toneladas e variaba porque ás veces non había.

 

Toda a xente do barco facía o mesmo?

Si, menos os patróns e o capitán.

 

Traía peixe á casa cando volvía?

Si, case sempre.

 

Cantos quilos?

Uns 4 ou 5 quilos.

 

Como eran os camarotes e cantas persoas cabían nun?

Eran individuais e en cada camarote cabían catro persoas.

 

Gustáballe o seu posto ou algunha vez pensou en cambialo?

Si, gustábame. Non pensei en cambialo porque ás veces tamén facía como contramestre.

 

Que facía o capitán?

O capitán buscaba a pesca e levaba e traía o barco a terra.

 

Algunha vez morreu un compañeiro?

Non, nunca.

 

Traballou con algún familiar seu?

Si, co meu irmán.

 

Levábase ben con todos os do barco?

Si, todos éramos unha familia.

 

Que comía no barco?

Había un cociñeiro, entonces a comida variaba.



miércoles, 26 de mayo de 2021

ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 

Traballando nun hospital en tempos Covid

 


María José Cotelo é traballadora no hospital CHUAC dende hai 30 anos, no laboratorio do banco de sangue. Cóntanos a súa experiencia traballando durante a pandemia, as súas medidas de hixiene para previr o Covid-19 e as medidas para traballar xa que pola pandemia non hai tantas urxencias; é decir, non hai tantas mostras de sangue.

 

Olalla Romero Cotelo (1º ESO A)

 

Cal é a súa especialidade no hospital?

Eu traballo no laboratorio. Analizo mostras de sangue para as operacións.

 

Que a levou estudar esta profesión?

Dende pequena gustábame moito o de analizar e soñaba con traballar nisto.

 

Canto tempo leva traballando no hospital?

Levo traballando trinta anos.

 

Como levou o tema do Covid-19 traballando nun hospital?

Eu levábao con moito respecto e con moita desinfección para non contaxiar a ninguén.

 

Tivo medo do Covid-19?

Non, non tiña medo, só respecto, porque aínda que estabamos en tempos Covid, eu estaba sempre na casa e no hospital estamos moi ben equipados.

 

Como vos preparades para traballar?

(Pensa). Cambiaron moitas cousas, porque tivemos que poñer bata desbotable, calzas, lentes, dobre máscara, unha FP2 e unha cirúrxica por enriba, dúas luvas. E ao traballar con tubos de análises, cada tubo que colliamos tiñamos que cambiar toda a roupa. O tema do Covid pois cambiounos moito porque por cada tubo había que desinfectar e cambiarnos. E leva máis tempo ca sen o Covid.

 

Cambiou o seu método de traballo?

Si, cambiou moito! Pasou de ter unha mostra dun tubo a facer o mesmo pero con outras prácticas para previr o Covid-19.

 

Ampliouse a plantilla de traballadores?

Non, non se ampliou a plantilla.

 

Se no traballo tiñades que ter máis delicadeza e máis desinfección, por que non ampliaron a plantilla de traballadores?

Nós traballamos para o aporte de sangue a maiores para as intervencións cirúrxicas e as urxencias. E, claro, como estabamos no confinamento, só había as operacións máis urxentes. Entón, aínda que daba máis traballo por desinfectar, non tiñamos tanto traballo porque non había tantas urxencias.

 

Tivo o Covid-19?

Non, non me contaxiei.

 

Contaxiouse algunha compañeira?

Non, ningunha. (Pensa). Eu creo que ninguén se contaxiou por estar nun laboratorio e non estar en contacto con persoas que veñen ao hospital e que poden ser positivo e tamén por estar en confinamento non había ninguén na rúa.

 

Cal era o seu transporte para ir traballar?

O meu transporte era o autobús porque non conduzo. Pero debido ao Covid-19, dábame moito medo ir no autobús. Entón, (pensa) tiven que pedir permiso e xustificantes de que non conducía para que me puidera levar o meu marido a traballar.

 

Cando chegaba á casa cales eran os seus métodos de desinfección?

Como traballo nun laboratorio, tiñámonos que duchar na casa. Entón, cando chegaba á casa, deixaba toda a roupa nunha caixa na entrada e ía á ducha e logo vestía unha roupa limpa.

 

Despois do confinamiento como cambiou a súa vida social?

Deixei de relacionarme coas miñas amigas ou familiares non conviventes. Deixei de ir a sitios que me gustaba ir como, por exemplo, a un restaurante.



 

martes, 25 de mayo de 2021

ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 

Efrén Quiroga: “Non sabía eu que estivera tan apaixonado polo fútbol”

 


Efren Quiroga Tojero, ex xogador de fútbol, naceu no ano 1975. Actualmente ten 45 anos e xogou no equipo chamado Maravillas.

 

HUGO QUIROGA PEREIRA (1º ESO A)

 

Cando entrou no equipo chamado Maravillas?

Entrei no ano 1988. Xa quixera entrar antes, pero meus pais non me deixaron. Decían que só pensaba no fútbol e que tiña que estudar.

 

Por que lle interesou entrar no equipo?

Porque era o equipo do meu barrio. Ademais, tiña amigos que xa xogaban no equipo e as instalacións e o campo onde soiamos xogar estaban cerca da miña casa.

 

No equipo, en que posición xogabas?

Xogaba de defensa na banda esquerda, ou de central. Soiamos cambiarnos de posición dous xogadores.

 

Gustaríalle xogar noutra posición distinta?

Si, máis adiante, ás veces, xogaba máis arriba. Depende dos xogadores dispoñibles que tiña o entrenador. Alguha vez xoguei ata de dianteiro.

 

No seu equipo os seus compañeiros puxéronlle algún alcume?

Si, chamábanme Pepucho e, ás veces, para que fora máis curto, Pepu. A verdade é que non me importaba. Gustábame que me chamaran así.

 

No club erades os xustos ou un montón para xogar un partido?

Eramos xustos. Custaba encontrar nenos desa idade que quixeran xogar o fin de semana. Andaban a outras cousas. Ademais, para xogar os partidos tiñas que ter adestrado durante a semana e moitos nenos faltaban ós adestramentos.

 

Antes do Maravillas xogou nalgún outro equipo distinto?

Non, só xogara no equipo do colexio no que participábamos nun campionato entre distintas escolas, pero non estaba federado.

 

Con cantos anos marchou do equipo?

Deixei de xogar no Maravillas ós 15 anos. As circunstancias familiares non me deixaron seguir. Ademais, os estudos cada vez ocupábanme máis tempo.

 

Gustaríalle volver a xogar no equipo?

Si, aínda que agora non teño moito tempo e non sei se realmente podería compaxinar o traballo e a familia co fútbol.

 

Se tivera a oportunidade de elixir un equipo da súa época cal sería?

Elexiría o Vioño, que é outro equipo do barrio. Aínda que daquela había moita rivalidade entre os dous equipos.

 

E se fose un da actualidade?

Elexiria o Orillamar, porque xoga alí o meu fillo e sería bonito compartir a afección ó deporte con el.

 

Tiña un bo amigo no equipo ou amigos no equipo?

Si, o meu mellor amigo chamábase Marcos e xogaba na banda contraria. Despois de xogar, sempre quedabamos para facer outras cousas ou seguir xogando co balón os dous.

 

Que número tiña na camiseta?

Normalmente na camiseta levaba o número 3, aínda que en cada partido, antes de entregar as fichas ó arbitro, podías escoller outro. Ás veces, escollía o 5, pero a maioría dos partidos xogaba co 3.

 

Agora, na actualidade, que fai?

Xa non xogo ó fútbol, xogo ó padel e vou correr. Aínda que en poucas ocasións xa que o traballo non me permite ter moito tempo libre.

 

Gústalle ver os partidos de fútbol?

Si, o fin de semana vexo algún partido. Intento seguir o Deportivo da Coruña, aínda que nestos momentos non están a facelo moi ben.


ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 

“A foquiña Bine mordeume accidentalmente na man”

 


No Aquarium Finisterrae hai moitos animais como tiburóns, focas, polbos, réptiles, etc. Case todos son peixes e teñen que coidarse. Por iso hai acuaristas como Rafael Paredes Córdova que lle dan de comer, os coidan e os protexen.

 

Diego Sebastián Paredes Montero (1º ESO A)

 

Gústalle traballar no Acuario, por que?

Si, é un dos traballos máis interesantes e divertidos que tiven.

 

Canto tempo leva traballando no Acuario?

Levo case seis anos traballando no acuario.

 

Que traballos realiza no Acuario?

Facemos traballos rotativos como preparación dos alimentos, alimentación e limpeza de tanques.

 

A que animais dá de comer?

Alimentamos as focas, os polbos, os peixes pallaso, os tiburóns e todos os demais animais do Acuario.

 

Como se chaman as focas?

Hai nove femias: Sabela, Antía, Lucía, Bine, Lara, Deneb, Vega, Paula e Petra. E hai tres machos: Hansy, Altair e Fermín.

 

Que tipo de peixe comen as focas?

Comen xarda, arenque, capelán e espadín.

 

Cal é o seu animal favorito no Acuario?

É unha foca chamada Lucía, que é moi sociable e divertida.

 

Cales son os tres animais máis perigosos do Acuario?

O tiburón touro Gastón, o peixe rocha e a corvina xigante do Nautilus.

 

Que come Gastón e que cantidade?

Come xarda, pescada e lura; cun peso total de catro quilos. Pero que come cando lle apetece.

 

Algún animal o atacou ou o lastimou no Acuario?

Non necesariamente atacado, pero si algunha vez toquei unha anémona no rostro e a foquiña Bine mordeume accidentalmente na man.



ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 

“O apellido Molinelli remóntase a tempos remotos”

 


Javier Molinelli é un home que foi á mili e cóntanos como foi a época na que estivo nela e ademais fala do seu primeiro apelido.

 

LUÍS MOLINELLI MARCOTE (1º ESO A)

 

A que idade foi á mili?

Aos dezanove anos.

 

Por que decidiu facela?

Porque naquela época un dos requisitos para poder traballar era ter o servizo militar cumprido e como eu non tiña pensado facer máis estudos e quería poñerme a traballar anulei  a prórroga de estudos un día e presenteime.

 

Onde a fixo?

Fíxena na base aérea de Morón de la Frontera, en Sevilla, na segunda rexión aérea.

 

Gustoulle facela?

Si.

 

Volvería facela?

Non.

 

Cre que hoxe en día debería facerse?

Non, o exército ten que ser profesional.

 

Cando a rematou, que fixo a nivel laboral?

Preparei un currículum e púxenme a buscar traballo.

 

Os seus pais están orgullosos de que a fixera?

Nin si nin non.

 

E os seus irmáns, algúns deles fixeron a mili?

Non, teño dous irmáns máis pequenos pero ningún deles a fixo.

 

Pareceulle moi dura?

Non.

 

Durante canto tempo a fixo?

Eu estiven un ano.

 

Falamos do seu apelido, quen era italiano ou italiana da súa familia?

Era o avó do meu avó.

 

Pode contar a historia do seu apelido?

O apellido Molinelli remóntase a tempos remotos. Foron gobernadores do Monte de Palermo  e foron príncipes e varóns.

 

Cales son asas afeccións?

As miñas afeccións son a vela e despois todo o que conleva a bricolaxe, construción,  xardinería...

 

Fai algunha a día de hoxe?

Si, fágoas todas. Navego, fago bricolaxe e xardinería.

 

Cando foi á mili, practicaba algún deporte?

Si, naqueles anos facía o que hoxe en día se chama running. Daquela chamábase carreira  lixeira.

 

viernes, 21 de mayo de 2021

ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 


José Manuel naceu na Coruña no ano 1975. Cando era rapaz e xogaba ó fútbol no patio do Fogar Santa Margarida, nunca pensou que sería militar e un bo día tería que ir á guerra. Foi unha moi experiencia interesante.

 

Roi Moreno García (1º ESO E)

 

A cantos anos empezou a traballar e en que?

Empecei a traballar ós dezaseis anos. Un bo día, canso xa de estudar e sen moitas gañas diso, decidín deixar os estudos e decirllo ó meu pai. Meu pai díxome que non había problema pero que entón tiña que aprender un oficio e poñerme a traballar. O día seguinte falou cun amigo seu que tiña unha ebanistería e comecei a traballar de aprendiz de ebanista.

 

Era mal alumno xa que empezou a traballar cedo?

A verdade é que mentres me gustaba o colexio e estudar non era mal estudante. O que pasa é que o último ano, ó non estar motivado, comecei a sacar malos resultados. Cousa da que me arrepentiría co paso dos anos, por ter que retomar xa de máis maior de novo os estudos.

 

Cantos traballos tivo e cales?

Pois na miña vida tiven dous traballos. O que xa che comentei antes de aprendiz de ebanista e logo, a raíz de ter que facer o servizo militar, o meu traballo actual de militar de carreira.

 

Xa que é militar, foi a algunha guerra?

Pois por sorte ou desgracia, si, fun varias veces a intentar axudar a pór fin a algunha guerra. Para especificarche máis, fun en dúas ocasións á guerra de Bosnia Herzegovina e, noutra ocasión, á guerra de Kosovo.

 

Como se sente un na guerra?

Pois no eido profesional é unha experiencia moi enriquecedora. Logo, a nivel persoal é bastante duro por todas as cousas que conleva o feito de estar inmerso nunha guerra, coas súas penurias, desgrazas e atrocidades que se cometen nelas. A súa parte positiva é que aprendes a ver e a apreciar a vida de outra maneira que non facías antes.

 

Canto tempo estivo nelas?

A primeira vez que estiven en Bosnia botei un total de sete meses e medio. A segunda vez que estiven, botei un total de seis meses. E, na última misión que estiven foi a de Kosovo, botei outros seis meses. Como na maioría das cousas nesta vida, a primeira vez sempre é a máis difícil, dura, complicada e longa.

 

Ser militar só implica ir á guerra?

A misión dun militar non ten que ser ir á guerra. Como tal, a primeira e máis importante das nosas misións é a defensa do noso territorio e da nosa soberanía nacional. Tamén dentro das nosas tarefas están todas aquelas que nos encomendan as autoridades segundo as necesidades que o momento requira (apagar lume, inundacións, nevadas, catástrofes e situacións nas que se nos chame para axudar como, por exemplo, agora nesta larga pandemia que vivimos).

 

Que fai agora no seu traballo?

Pois despois de cambiar varias veces de destino e poder voltar para a miña terra, agora atópome destinado na Coruña na unidade do Cuartel Xeral do Mando de Apoio a Manobra da Forza Terrestre, desenvolvendo tarefas administrativas nunha oficina.

 

Como son as probas físicas do exército?

As probas físicas dependeron sempre da demanda/oferta que houbera nese momento para entrar no exército. Cando eu entrei, eran unhas probas normais. Logo, houbo uns anos que foron máis asequibles e, na actualidade, debido ó pouco emprego que hai, son máis esixentes.

 

A que idade se pode xubilar un militar?

Moito depende da escala á que pertenzas. No meu caso xubílome coma a maioria dos traballadores, podendo pasar á reserva un pouco antes; en concreto, ós cincuenta e oito anos.

 

E para rematar recomendaríalle á xente ser militar?

Eu recomendaríallo a todo o mundo que lle gusten uns valores de compañeirismo, amizade, sacrificio polos demais, estar disposto permanentemente para o seu país, que queira ter unha vida diferente, chea de emocións fortes e experiencias inolvidables, ter unha boa formación tanto física coma intelectual. E o máis importante, ter vocación para iso.

 

Esta é a historia de José Manuel, un exalumno do Fogar de Santa Margarida, na que aprendemos que a vida dá moitas voltas e un nunca sabe cal vai ser a súa vocación nin o que lle deparará o futuro.


ENTREVISTAS XORNALÍSTICAS 1ºESO

 

A vida cincuenta anos atrás

 


Hoxe botamos una ollada á vida de hai cincuenta anos. María Dolores Fernández cóntanos como foi a súa infancia nos anos 70. Ela pasou de estudar nunha escola dunha pequena vila a un grande internado nunha gran cidade. E iso é tan só a súa formación académica. Tamén falaremos sobre a comida, os xoguetes…

 

CANDELA FERNÁNDEZ ÁLVAREZ (1º ESO E)

 

Como era a escola hai 50 anos?

As escolas rurais hai cincuenta anos constaban de dúas aulas. Unha para os nenos e outra para as nenas. Non se compartía nin tan sequera o recreo. Os pupitres eran de madeira e eran corridos. Había oito alumnos en cada fila. Cada dous asentos tiñan un buraco para colocar os tinteiros.

 

Que tipos de materiais utilizaban para ir á escola?

O noso material didático constaba dun libro que se chamaba O Parvulito e a Enciclopedia de Primer, Segundo y Tercer Grado. Para escribir, unha pizarra e un pizarrín. Todo reutilizable. (Ri). Ter una libreta, un lapis e goma era un luxo.

 

As fins de semana, descansabades ou traballabades?

A única diferenza co resto dos días da semana era non ir á escola. Había máis tempo para xogar pero aínda así había que colaborar coas tarefas da casa.

 

E como eran os xoguetes?

Pois realmente había moi poucos xoguetes fabricados. O que se podía comprar normalmente eran balóns e monecas. O resto facíamolos na casa. Había monecas, balóns e tamén canicas, que eran un tesouro. (Ri)

 

Que era o que adoitabades comer nesa época?

Pois daquela solíamos comer do que nos daba o campo. A mellor merenda era pan con chocolate e, por suposto, o pan era feito na casa.

 

Completou toda a súa educación na escola rural?

Non, ós oito anos marchei interna a un colexio de monxas en Ourense. O cambio foi radical. Pasei dunha pequena escola e dunha pequena vila (A Pobra de Trives) a un gran colexio e unha gran cidade.

 

Como era a educación e a vida alí comparado coa escola rural?

Completamente diferente. A vida no internado era moi disciplinada e cuns horarios moi estritos. As aulas eran moito máis grandes e dispoñíamos de material escolar novo como as diapositivas e incluso tíñamos un cine.

 

En canto ós profesores, como eran?

Algunhas materias impartíanas as monxas e outros profesores viñan de fóra do colexio. Daquela o castigo físico estaba totalmente tolerado. Podías quedar dúas horas de xeonllos perfectamente. De feito, ás veces atabánme as trenzas ás cadeiras.

 

Cóntenos algunha anécdota con algún profesor.

Sen dúbida da que máis me acordo. (Ri). Tiña dez anos e estaba lendo a escondidas na biblioteca cando de repente se abriu a porta e apareceu a Madre Luísa. Cando a sentín entrar, agocheime detrás da estantería e, ó sentir que se aproximaba, saltei pola ventá que daba á terraza con tan mala sorte de caer e esguinzar o pé. Estiven tres meses sen poder entrar á biblioteca e un mes sen poder sair do internado porque non podía camiñar. (Ri).

 

Cre que cambiou moito a vida nestes anos?

Realmente si. Hai cousas mellores como os métodos de aprendizaxe e a tecnoloxía. E, por outra parte, non son tan positivos xa que fomentan a individualidade.

 

Realmente foi moi interesante falar da vida pasada dos nosos familiares e coñecer os costumes que tiñan. A vida evolucionou moito, positivamente e negativamente como nos conta María Dolores.