Mostrando entradas con la etiqueta EXPOSICIÓNS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EXPOSICIÓNS. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de agosto de 2015

CHEGA A BANDA DESEÑADA!

Es un apaixonado do cómic e das aventuras de Asterix e Obelix, de Tintín e de Lucky Luke? Desfrutas cos tebeos de Mortadelo e Filemón ou de Zipi e Zape? Gustaríache coñecer os perigos aos que se enfrontan superheroes como Iron Man, Batman, Hulk ou Daredevil nas últimas entregas das súas sagas? Se a resposta é si, non esquezas pasar estes días polos Xárdíns de Méndez Núñez, na cidade da Coruña, xa que até o domingo 16 de agosto celébrase o Salón do Cómic "Viñetas desde o Atlántico", unha cita imprescindible para todo afeccionado ao mundo da banda deseñada que, como cada verán, nos achega as últimas novidades do xénero, os grandes clásicos, os autores consagrados e noveis...








martes, 6 de mayo de 2014

EXPOSICIÓN SOBRE OS DEREITOS DA INFANCIA

Queremos adicar esta entrada a agradecer á ONG EDUCO, e en especial a Mónica, a súa delegada territorial en Galicia, o préstamo dunha exposición itinerante sobre os dereitos das nenas e dos nenos que acollemos durante todo o mes de abril na biblioteca e que devolvemos para que continúe viaxando por todo o país.

Por medio de nove paneis (de material lixeiro e autosustentables), os nenos e as nenas do colexio puideron coñecer os principais dereitos de todos os rapaces do mundo, recollidos nos 54 artigos da Convención dos Dereitos da Infancia.
As imaxes explican cada un dos oito dereitos básicos dos que deben desfrutar todos os nenos e nenas: dereito á igualdade, dereito a ter un nome e nacionalidade, dereito a crecer en familia, dereito á educación, ao lecer e á cultura e dereito a participar nas decisións que lles afectan.



Se queredes coñecer máis sobre a ONG Educo, as súas becas de comedor e o traballo que desenvolve recomendámosvos que visitedes o seu blogue