Mostrando entradas con la etiqueta HOXE FALAMOS DE LIBROS CON.... Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta HOXE FALAMOS DE LIBROS CON.... Mostrar todas las entradas

martes, 8 de junio de 2021

HOXE FALAMOS DE LIBROS CON... CLARA VIDAL

Hoxe temos o inmenso pracer de falar de libros coa nosa compañeira Clara Vidal, profesora de Lingua Galega e Literatura na ESO e en FPB2 no noso colexio. Clara, unha das creadoras máis destacadas da poesía galega actual, amosa en cada palabra o amor que profesa por un xénero que comezou a cultivar con apenas seis anos. Pilar Pallarés, Olga Novo, María Lado, Estíbaliz Espinosa ou María do Cebreiro constitúen algúns dos seus referentes, entre os que sobresae o poeta ourensán José Ángel Valente. Aquí vos deixamos con Clara:



1.O libro da túa infancia… 

Sen dúbida, o libro da miña infancia foron as Rimas y leyendas, de Bécquer. Había un tomo na casa e o meu avó conservara un libriño ilustrado só coas rimas, que eran en realidade as que eu lin e relín mil veces até sabelas de memoria. Son poemas de amor que me prenderon ao xénero. Non tanto polo gusto especial desa temática ou forma estilística, senón porque non había moita poesía na miña casa; si había moitísimos libros, mais case todo era narrativa e os meus gustos estaban claramente orientados ao verso.


2.Cales son os xéneros que máis che fan desfrutar? 

Son unha amante incondicional da poesía e non o podo ocultar. Non podería quedar só cun par de poemarios, mais interésame especialmente a poesía actual feminina en galego. Coido que na Galiza se está escribindo dende hai uns anos marabillas en verso, que gañan en calidade –por moita distancia– a outras literaturas estatais ou internacionais. E, para dicir máis, case todas estas voces poéticas persoais e con peso no panorama histórico-literario creo que son mulleres. Algo, por outra banda, súper necesario neste panorama cultural que (por non variar) está tamén protagonizado case sempre por homes. Algúns libros esenciais deste xénero minoritario nunha lingua minorizada poderían ser: Tempo fósil, de Pilar Pallarés; A cousa vermella, de Olga Novo; Amantes, de María Lado; Curiosidade, de Estíbaliz Espinosa; O estadio do espello, de María do Cebreiro... Para min, son libros de cabeceira. Se alguén se anima, recomendo dous súper doados de ler entre estes que acabo de mencionar: o de María do Cebreiro é o seu primeiro poemario, así que resulta moi xuvenil, fresco e entendíbel; o de Estíbaliz Espinosa faille un pulso á ciencia, algo propio da autora, quen sempre traballa a literatura (poesía) da man da ciencia. Outra opción é descubrir mediante YouTube ao grupo Aldaolado, formado polas dúas poetas referentes María Lado e Lucía Aldao. Con elas, dá igual se no computador ou nun pub, entenderedes por que me gusta a poesía. Choraredes da risa!

Tamén me gusta bastante o ensaio. E o ensaio-poético xa nin vos conto! Recomendo encarecidísimamente (repeat to face), de Rebeca Baceiredo. Peguei tantos adhesivos con anotacións nas páxinas deste libriño que apenas se pode ler!


3.Se puideses coñecer a un escritor ou escritora, a quen escollerías? 

Reviviría a José Ángel Valente e diríalle: «buah..., buah...» –o silencio faría o resto–. Ou a Pizarnik para preguntarlle que farei eu co medo. Por contestar algo máis accesíbel, talvez conversar con Pilar Pallarés sobre o movemento dos gatos, con María do Cebreiro sobre teoría literaria ou con algún alumno que aínda non se animou a escribilo, mais leva os poemas dentro.


4.O teu libro favorito… 

O meu libro favorito é difícil de elixir. Poderíase dicir que non teño. Hai demasiados que considero indispensábeis. Si teño claro o poema que máis me marcou na vida: «Mandorla», que aparece no poemario homónimo (Mandorla), de José Ángel Valente. Cheguei a este autor na universidade, grazas a unha materia optativa do último ano. Dende ese momento, obsesioneime con Valente e comecei a traballalo decontino. En galego, outro libro que me marcou bastante foi Dentro, de Berta Dávila; ou o xa citado primeiro poemario de María do Cebreiro, polo que percorrín Galiza enteira para ter un exemplar. Calquera destes tres caberían, polo que para min representan, no andel dos favoritos.


5.Se tiveses o poder de converterte nunha personaxe literaria, cal elixirías? 

Non me entusiasma a idea, mais se teño que escoller, podería decidirme por dous. O primeiro, o principiño de Le Petit Prince (de Antoine de Saint-Exupéry), porque non todo é o que parece e debemos cuestionar sempre as cousas, mesmo cando os nosos sentidos nos informan moi claramente da suposta realidade que nos arrodea. O segundo, Pancho ou Elsa, os bonecos de Valente e a súa muller, que permanecen expostos nunha vidreira da biblioteca que o autor deixou que se custodiase na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela tras a súa morte. Estes eran sempre postos sobre a cama cando a facían cada día e, agora, continúan vivos entre libros, xuntos, coma sempre estiveron, porque Elsa non quixo quedar soa sen Pancho, aínda que sexa Pancho quen é protagonista duns poemas.


6.Unha obra para tremer de medo… 

Medo non, mais moito misterio, por exemplo, en O misterio das badaladas, de Xabier Docampo. Tamén nalgún contiño de Méndez Ferrín, como o «O Suso» (recollido en O crepúsculo e as formigas) ou o conto «O xogo da guerra», de Carlos Casares, que se aparece en Vento ferido.


7.Un libro para escachar co riso… 

(repeat to face), de Rebeca Baceiredo. Ademais de ser un ensaio poético e filosófico, é gracioso. Trata códigos de comunicación que van da man da reflexión profunda que ás veces deixa ver unha luz, que, se entendes, escachas. Tamén podería caber aquí o Ninguén morreu de ler poesía, das Aldaolado, na liña que xa comentei antes.


8.Que supón para ti a lectura dun libro?

Refuxio.


9.Lectura en papel ou dixital?

Papel, sempre. Teño libro electrónico, mais non o uso máis que para cousas puntuais, por non fotocopiar.

 

10.Para despedirnos, uns versos ou un pequeno fragmento que leras nalgún libro e que che gustase especialmente:

«[...]

a t-shirt suada esquecida

no sofá

 

e um bilhete quase trivial

avisando-te que o gás tinha acabado

e que te amava

[...]», Oscar Mourave, en Suburbia.


lunes, 31 de mayo de 2021

HOXE FALAMOS DE LIBROS CON... ELENA IGLESIAS

Hoxe temos o gusto de falar de libros coa nosa compañeira Elena Iglesias, profesora de Almacenaxe e preparación de pedidos en FPB e de Xestión de compras, Procesos de venda e Servizos de atención comercial en Ciclo Medio. Elena, unha auténtica deboradora de libros desde a súa infancia, fálanos da súa afección pola novela negra e polos libros dun dos mestres do xénero de terror: Stephen King. Aquí vos deixamos con ela!




1.O libro da túa infancia… 

Recuerdo en los veranos la visita a las casetas de la Feria del libro en los Jardines de Méndez Nuñez donde siempre podía elegir algún libro. Siempre me gustaban los cómics de El pato Donald y sus tres sobrinos o Los Cinco. Recuerdo quedarme hasta muy tarde enganchada a sus historias.

Más adelante, los cómics de Purita Campos me engancharon, sobre todo Esther y su mundo, del que ha hecho hace unos años su continuación la propia autora. Estos cómics tratan sobre la vida de una adolescente llamada Esther, su familia, amigas y amores. En la continuación actual, la protagonista es la misma pero ahora tiene cuarenta años, una hija y un divorcio a las espaldas.

 

2.Cales son os xéneros que máis che fan desfrutar? 

Si tengo que escoger uno me quedaría con la novela negra y policíaca y las de terror, en especial Stephen King que es uno de mis escritores favoritos: It, Misery

Disfruto mucho también con las novelas de la Condesa de Romanones, cualquiera de ellas te transporta a un mundo de espías, mentiras y jugarretas.

Cambiando de género, cualquier trabajo de Noah Gordon también me gusta especialmente, tienen una labor de investigación histórica importante y a través de sus novelas puedes conocer la historia de los judíos en España, cómo era el oficio de un médico cuando apenas contaban con recursos, etc., de una manera muy sencilla y entretenida.

 

3.Se puideses coñecer a un escritor ou escritora, a quen escollerías? 

Me encantaría haber conocido a Carlos Casares. Leía siempre su columna en La Voz de Galicia y me resultaba una persona muy entrañable, alguien con quien pasar un rato charlando de forma muy agradable.

 

4.O teu libro favorito… 

Es difícil escoger solo un libro. Entre los que más he disfrutado están:

-       Misery de Stephen King por la sensación de angustia y cómo es capaz de llevarte el autor a experimentar lo que está sufriendo el protagonista.

-       El nombre del viento de Rothfuss, ya que me transportó a un mundo fantástico muy original.

-      A esmorga de Blanco Amor. Me llamó mucho la atención cuando lo leí, pensar que en otros tiempos ya se hablaba de temas tan de hoy.

-     El camino de Miguel Delibes. Este libro fue una lectura obligatoria escolar y la verdad es que cada X años lo vuelvo a leer. Esa nostalgia y recuerdos del protagonista hizo que me leyese el libro casi del tirón y con un dolor en la garganta que terminó en lagrimones.

 

5.Se tiveses o poder de convertirte nunha personaxe literaria, cal elixirías? 

Elisabeth Bennet de la novela de Sentido y sensibilidad (Jane Austen). Se trata de una joven con mucho ingenio y una gran personalidad.

 

6.Unha obra para tremer de medo… 

Cujo de Stephen King. Trata de un perro que se convierte en demoníaco. El hecho de que no se trate de un animal fantástico sino un perro hace que se viva la historia de una manera muy real.

 

7.Un libro para escachar co riso… 

Cualquiera de Wilt de Tom Sharpe. Se trata de la historia de un profesor con una vida aparentemente muy normal pero se ve siempre envuelto en historias muy raras y comprometidas.

Otro libro que también me gustó mucho en este sentido es La conjura de los necios de Toole, con un personaje principal, Ignatius, inigualable, ya que se da un aire muy importante cuando no lo es en absoluto y vive en un mundo que solo él ve.

 

8.Que supón para ti a lectura dun libro?

Entrar en otro mundo, ver la vida a través de otros ojos.

 

9.Lectura en papel ou dixital?

Siendo mucho más agradable la lectura en papel, tengo que decir que por ecología, comodidad y falta de espacio, llevo años con la digital. Además, el hecho de que las bibliotecas municipales presten ebooks y la existencia de suscripciones como Nubico, hacen que me resulte mucho más accesible y económica.

 

10.Para despedirnos, uns versos ou un pequeno fragmento que leras nalgún libro e que che gustase especialmente:

No recuerdo especialmente ninguno, más allá de como empieza El Quijote o La Biblia. Sí recuerdo el estribillo de algunos poemas que en su momento me marcaron como “¡Dios mío, qué solos se quedan los muertos!, de Bécquer.


lunes, 24 de mayo de 2021

HOXE FALAMOS DE LIBROS CON... ANDREA VALCÁRCEL

Hoxe temos o enorme pracer de conversar sobre libros coa nosa compañeira Andrea Valcárcel, doutora en Pedagoxía e integrante do Departamento de Orientación do noso colexio. Andrea, unha auténtica apaixonada da lectura, especialmente da novela negra e do thriller psicolóxico, fálanos aquí dos seus autores favoritos, como a xenial Agatha Christie, e tamén de aquelas obras que máis a fixeron desfrutar, como a irrepetible Diez negritos, escrita pola raíña do xénero policial, ou a adictiva El psicoanalista, do estadounidense John Katzenbach. Aquí vos deixamos con ela...



1. O libro da túa infancia…

Me gustaban mucho los libros de Los Hollister de Jerry West (seudónimo). En esa colección de 33 libros se narran las aventuras de una familia compuesta por cinco niños, su madre y su padre que, de una u otra manera, se ven rodeados de misterios y crímenes que terminan resolviendo.

Otra lectura indispensable era la de los cómics. Lo pasaba genial con Zipi y Zape. Dos hermanos gemelos muy traviesos que se metían siempre en líos. Me hacían mucha gracia. De esa época destaco también La pequeña Lulú, una niña buena y dulce pero bastante traviesa que se enfrentaba a todo lo que hiciese falta para conseguir sus objetivos.  Y por último, el manga de la encantadora Candy Candy.


2. Cales son os xéneros que máis che fan desfrutar?

Sin lugar a dudas, la novela negra y cualquier thriller psicológico. El suspense, la tensión, los personajes con problemas de personalidad, los giros narrativos…todo eso me gana. Soy una fiel lectora de este género. Desde hace muchos años, aunque no descarto que caigan en mis manos otro tipo de libros, son prácticamente los únicos que leo. Si comienzo la novela de un determinado autor y me engancha, la finalizo esa misma semana. Y luego estoy pendiente para ir comprando los demás libros que ese autor o autora saque al mercado.

Hay muchas novelas dentro de este género que me han encantado. Pensando en los autores que suelo leer, recomendaría:

El Psicoanalista de John Katzenbach, Perdida de Gillian Flynn, La psiquiatra de Wuld Dorn y Phobia, del mismo autor. En la guarida del zorro de Charlotte Link, Nuestro juego más cruel de Araminta Hall, Morir no es lo que más duele de Inés Plana, Terapia de Sebastian Fitzek, Todo lo que sucedió con Miranda Huff de Javier de Castillo y El día que se perdió la cordura, del mismo autor, Vestido de novia de Pierre Lemaitre, La cadena de Adrian Mckinty y La viuda de Fiona Barton.


3. Se puideses coñecer a un escritor ou escritora, a quen escollerías?

Tendría que retroceder en el tiempo. Me hubiese gustado conocer a la famosa Agatha Christie. En su momento, hace bastantes años, me fascinó tanto Diez Negritos que fui leyendo poco a poco todas sus novelas. Manejaba el misterio de una manera admirable. En sus obras siempre había uno o varios asesinatos rodeados de muchos enigmas absorbentes. En pocas ocasiones pude deducir con éxito quién era el o la culpable. Triunfó con la creación del personaje Hércules Poirot aunque a mi me agradaba más la ancianita Miss Marple. Una escritora con la que podría pasar unas tardes de tertulia muy interesantes.

 

4. O teu libro favorito…

Es una pregunta complicada. Diría que Diez negritos de Agatha Christie y El Psicoanalista de John Katzenbach.

El primer libro me lo regaló mi madre. Recuerdo que me lo dio junto a dos más de la misma autora (Cinco cerditos y El misterio del tren azul), de esa manera descubrí esa gran obra literaria. En Diez negritos se reúnen diez personas en una isla. Tras la cena son acusados de haber cometido un crimen. Poco a poco van siendo asesinados uno a uno, aumentando de ese modo el misterio y la intriga. Es una obra fantástica. Te introduce en esa historia. Para mí es imposible o muy difícil soltar este libro sin terminarlo en el mismo día.

Una amiga me dijo en su momento que me iba a impresionar El Psicoanalista y estaba en lo cierto. Es completamente adictiva. Comienza ya de manera prometedora asegurándose que no quitemos nuestra mirada de las hojas que nos ofrece. Un psicoanalista recibe un anónimo que le obliga a averiguar quien es la persona que lo ha escrito. Sólo diez palabras que darán un vuelco a su vida; “Feliz aniversario, doctor. Bienvenido al primer día de su muerte”. Y sólo cuenta con 15 días para saber quién ha sido, si no lo consigue debe elegir entre poner fin a su existencia o ver cómo sus conocidos y familiares van falleciendo.


5. Se tiveses o poder de converterte nunha personaxe literaria, cal elixirías?

Pues ahí si que no elijo a nadie de mi género literario preferido (jajajajajaja). Tendría que irme a los Cómics, al lado de los superhéroes para ponerme en la piel de la Mujer maravillas, por los poderes que tiene (vuelo, súper fuerza y velocidad, etc.) o a la literatura fantástica convirtiéndome en Alicia (Alicia en el país de las maravillas) para disfrutar de ese mundo loco, mágico, lleno de color y de elementos y personajes tan peculiares y originales.


6. Unha obra para tremer de medo…

Lo cierto es que no soy fan de este género pero supongo que en caso de gustarme me decantaría por alguna obra de Edgar Allan Poe. Pero no leo novelas de miedo o terror porque no me llaman la atención.


7. Un libro para escachar co riso…

Es otro género que no me atrae pero puedo decir que un libro que me ha resultado por momentos muy gracioso ha sido Mi familia y otros animales de Gerald Durrell. Es una novela autobiográfica que pertenece a una trilogía donde nos relata la llegada y posterior estancia con su familia en la isla Corfú. Hay comentarios y situaciones que a mi me han parecido muy divertidos.


8. Que supón para ti a lectura dun libro?

Mantener la mente activa. Disfrutar, descansar y desconectar de la rutina diaria. Es poder viajar desde tu sofá y observar y vivir en otros mundos, con otras personas, en otras realidades. Los libros ofrecen la posibilidad de elegir momentos de tensión, de intriga, de suspense, de fantasía…de lo que uno desee, según sus gustos o el momento en que se encuentre.


9. Lectura en papel ou dixital?

Sin dudarlo, siempre en papel. Necesito tener contacto con el libro. Tocarlo y verlo, pasar sus hojas. Un ritual que forma parte del encanto de la lectura. No podría disfrutar leyendo un ebook. Ni me lo planteo, la verdad.


10. Para despedirnos, uns versos ou un pequeno fragmento que leras nalgún libro e que che gustase especialmente:

En este caso me decanto por la literatura infantil. Por lo especial que son esos momentos de lectura compartida en casa, cito el final de un cuento que me ha gustado mucho, El Faro de las Almas de Ariel Andrés Almada:

“El anciano guiñó un ojo a su nieto y se fue calle abajo, mientras silbaba una canción tan antigua como el viento”.


martes, 18 de mayo de 2021

HOXE FALAMOS DE LIBROS CON... INÉS SIXTO

Hoxe temos o inmenso pracer de falar de libros cunha das persoas que máis sabe de literatura no noso colexio: a nosa compañeira Inés Sixto, profesora de Lingua Castelá e Literatura. Desde o seu fondo coñecemento do mundo literario, Inés ofrécenos aquí un percorrido por algúns dos autores e obras máis destacados da literatura universal, desde Rodari, Borges, Delibes, Saramago, Cunqueiro ou Machado, ata Stephen King. Aquí vos deixamos con ela! 


1.O libro da túa infancia…

Contos por teléfono de Gianni Rodari. Historias curtas e sorprendentes que adoraba me lesen antes de durmir e que despois lin aos meus fillos antes de se durmiren…

Os 8 curmáns, de Louise May Alcott. Non tan coñecida como Mulleriñas, é uhna historia sobre a importancia dos lazos familiares.

Calquera tomo de Astérix e Obélix ou Tintin, que se podían coller na biblioteca da aula ao rematar as tarefas do día e que supuña o mellor momento do día.

 

2.Cales son os xéneros que máis che fan desfrutar?

Son moitos os xéneros, todo depende do momento. Pero gústame especialmente o conto literario hispanoamericano: Ficciones de J.L. Borges, Cuentos de la selva de Horacio Quiroga, Historias de cronopios y de famas de Julio Cortázar… Así como as novelas de Vargas Llosa como La tía Julia y el escribidor, La casa de los espíritus o De amor y de sombra de Isabel Allende… encántame a visión dunha natureza poderosa e salvaxe onde se mesturan universos reais e imaxinarios.

Encántame a novela do século XIX, tanto española como europea en xeral: Galdós, Pardo Bazán, Dostoievski… así como a novela española do século XX: Cela, Delibes, Eduardo Mendoza…

E tamén os clásicos de aventuras: Salgari, Julio Verne…

O misterio e as novelas policíacas son a mellor escolla para o tempo de lecer e as vacacións: as novelas de Elizabeth George, por exemplo.

E sempre poesía, tanto lida como escoitada en forma de canción. Bécquer, Machado, Gil de Biedma…

O teatro, mellor representado, tanto me ten unha compañía de afeccionados como unha compañía profesional. Sempre é unha experiencia fantástica. As miñas favoritas son as versións de Lorca pero desfuto con todo.

 

3.Se puideses coñecer a un escritor ou escritora, a quen escollerías?

Gustaríame ter coñecido a moitos, o mero feito de adicarse a ese oficio, fai atractiva para min a figura de calquera persoa, pero Miguel Delibes sería un deles. A través da súa obra e das entrevistas que se lle fixeron transmite a imaxe dun home honesto e sensible, cun grande sentido da xustiza e do amor pola natureza e a terra e coido que sería un privilexio compartir algún momento con él.

 

4.O teu libro favorito…

Memorial do convento, de José Saramago. A historia da construción do Mosteiro de Mafra (Portugal) a través dunhas personaxes certamente sorprendentes. Conéctame coa devoción que sinto polo país, a súa xente e a súa lingua.

Merlín e familia, de Álvaro Cunqueiro. Unha peculiar visión do personaxe artúrico transmutado nun menciñeiro afamado e prodixioso.  Foi unha lectura obrigatoria no Bacharelato, e a partir dela, descubrín a obra de Cunqueiro que é un dos meus escritores favoritos.

Cien años de soledad, de Gabriel García Márquez. A historia de Hispanoamérica a través de varias xeracións da familia Buendía. Un referente fundamental da novela contemporánea.

 

5.Se tiveses o poder de converterte nunha personaxe literaria, cal elixirías?

En Alicia a do país das marabillas, con esa capacidade de soñar e vivir en mundos fascinantes pero coa poibilidade de voltar ao mundo real, como facemos coas historias que lemos.

 

6.Unha obra para tremer de medo…

O misterio de Salem’s Lot de Stephen King. A historia dunha vila aterradora. Lido na adolescencia; aínda que só con lembrar o título xa me dan arrepíos…

 

7.Un libro para escachar co riso…

Sen noticias de Gurb, de Eduardo Mendoza. A historia dun extravagante extraterrestre que pode mimetizarse con calquera e que chega a Barcelona en plenas Olimpíadas no ano 92.

 

 8.Que supón para ti a lectura dun libro?

A inmersión nun universo paralelo, a posibilidade de vivir outras vidas, o pracer do coñecemento, as emocións compartidas con persoas aparentemente estrañas ou afastadas no espazo e no tempo pero que senten cousas moi semellantes, a verbalización de ideas que eu non sería quen de expresar…

 

9.Lectura en papel ou dixital?

O papel, sen dúbida. Nada pode compararse co ritual de pasar as páxinas e ir desequilibrando o peso ata ese punto en que, cando un libro absorbe moito, se sente unha certa angustia por ir chegando ao final. O dixital, só para consultas ou lecturas breves e pouco profundas.

 

10.Para despedirnos, uns versos ou un pequeno fragmento que leras nalgún libro e que che gustase especialmente:

«Quisiera que mi libro» de Juan Ramón Jiménez

Quisiera que mi libro
fuese, como es el cielo por la noche,
todo verdad presente, sin historia.

Que, como él, se diera en cada instante,
todo, con todas sus estrellas; sin
que niñez, juventud, vejez quitaran
ni pusieran encanto a su hermosura inmensa.

¡Temblor, relumbre, música
presentes y totales!
¡Temblor, relumbre, música en la frente
—cielo del corazón— del libro puro.

Tomado de Piedra y cielo, 1917-1918.


lunes, 10 de mayo de 2021

HOXE FALAMOS DE LIBROS CON... VICENTE VEIGA

Hoxe estamos aquí de novo para falar de libros cun auténtico apaixonado da lectura e, en concreto, do ensaio histórico e filosófico: o noso compañeiro Vicente Veiga, profesor de Educación Física no Fogar e verdadeiro referente dentro do deporte coruñés. Aquí vos deixamos con el:




1.O libro da túa infancia… 

Sempre me gustou ler, pero os primeiros libros que me deixaron un pouso foron xa na miña adolescencia inicial, con doce, trece ou catorce anos. Citaría especialmente nesa idade tres:

-A illa misteriosa (Julio Verne) : lino nos estudos do internado do Hogar (que duraban hora e media). A historia de como chegaban aqueles homes nun globo a unha illa e como eran capaces de sobrevivir fixo que a literatura fose para min definitivamente o modo de coñecemento.

-Juan Salvador Gaviota (Richard Bach): foi un libro que gañei en primeiro de BUP nun concurso de relatos. Era parte dun lote de libros por quedar primeiro. A historia daquela gaivota que racha co ordinario para tratar de acadar o extraordinario e a sensación de que construir a túa propia identidade é imprescindible, foi o que me enganchou definitivamente dese libro. Pasaron xa moitos anos, pero aínda lembro algunhas pasaxes do mesmo.

-Viaje a la Alcarria (Camilo J. Cela): pereceume un libro de lectura sinxela, moi doado de entender e que me trasladaba en moitas cousas á miña propia vivencia en Malpica, á miña vila. 


2.Cales son os xéneros que máis che fan desfrutar? 

A min encántame a historia e todo o que ten que ver cos movementos sociais e a filosofía como modo de comprender a realidade. O coñecemento é un instrumento para poder transformar o mundo no que vivimos. Esas son as lecturas que máis me gustan e interesan. E naturalmente todo o que ten que ver ca ciencia e as áreas de coñecemento da miña profesión.


3.Se puideses coñecer a un escritor ou escritora, a quen escollerías? 

Non teño especial interés en coñecer a personalidades. Non sinto esa necesidade de fotografarme ou ter un autógrafo de xente moi coñecida. En realidade interésanme as declaracións ou as ideas, como punto de partida do coñecemento e do debate. Así que non podo contestar a esta pregunta.


4.O teu libro favorito… 

Citaría catro:

-El Quijote (Cervantes)

-La República Española y la Guerra Civil (G. Jackson)

-Sempre en Galiza (Castelao)

-Cinco horas con Mario (M. Delibes)

 

5.Se tiveses o poder de converterte nunha personaxe literaria, cal elixirías? 

Non me sinto especialmente identificado con ningunha destas personaxes. Desde sempre tendo a velos desde unha posición externa e polo tanto un pouco crítica.


6.Unha obra para tremer de medo… 

Teño claro que a literatura (coma o cine) de medo ou terror non é a miña favorita. En realidade non me gusta nada.


7.Un libro para escachar co riso… 

Obviamente El Quijote, que é unha escola da vida. Ten pasaxes absolutamente xeniais, tanto para rir como para ver as dificultades e as miserias da vida. Pero sempre hai esperanza e posibilidades de superar os atrancos.


8.Que supón para ti a lectura dun libro?

A capacidade de avanzar en coñecemento.


9.Lectura en papel ou dixital?

Aínda que utilizo moitísimo internet para a procura de información e lecturas, se podo prefiro o papel. Paréceme una lectura máis auténtica

 

10.Para despedirnos, uns versos ou un pequeno fragmento que leras nalgún libro e que che gustase especialmente:

“ non me gusta o traballo, a ninguén lle gusta; pero gústame que no traballo teña a ocasión de descubrirme a min mesmo” (J. Conrad, El corazón de las tinieblas).

A min si que me gusta moito traballar. Non comparto a primeira parte, pero a conclusión é unha reflexión que comparto e lembro cada día.



lunes, 3 de mayo de 2021

HOXE FALAMOS DE LIBROS CON... ÓSCAR NOGUEIRAS

Hoxe traémosvos as recomendacións lectoras do noso compañeiro Óscar Nogueiras, profesor de Tecnoloxía en Bacharelato e de Informática en Ciclo Medio e FPB2. Óscar, un apaixonado da ciencia ficción, deixou para todos nós unha boa selección de títulos deste e doutros xéneros. Aquí vos deixamos con el:


1.O libro da túa infancia…

Sen dúbida, as lecturas da miña infancia estiveron marcadas polas aventuras de “Los Hollister”: investigación, misterio e diversión en familia. Cada semana esperaba con ansia a chegada do bibliobús e devoraba os libros de tres en tres ata rematar a colección completa de 33 libros.

Tamén as coleccións de cómics de Astérix, Lucky Luke e Tintín ocuparon moitas horas da miña infancia.


2.Cales son os xéneros que máis che fan desfrutar?

O meu xénero favorito é a ciencia ficción, as aventuras espaciais ou de robots, a ser posible, con un mínimo de base científica. Cando teño tempo para ler, soamente teño que revisar as listas dos premios Hugo, Nébula ou Lokus, que son coma os Nobel da ciencia ficción, e decidirme por un deles.

Entre os galardoados con estes premios recomendo especialmente a: Isaac Asimov coas súas sagas sobre a Fundación ou os Robots; e Orson Scott Card coa súa saga de Ender, unha ficción espacial con protagonista adolescente onde temas coma a violencia, o racismo, a estratexia e a política son tratadas de forma amena e que non deixan indiferente.


3.Se puideses coñecer a un escritor ou escritora, a quen escollerías?

Moito me temo que xa non vai ser posible porque faleceu en 1992, pero creo que Isaac Asimov sería o escritor ó que me gustaría ter coñecido. De adolescente, engancheime á saga da “Fundación (1953)”: aventuras espaciais mesturadas coas súas “Leis da robótica”. Moitas ideas interesantes para a reflexión e xiros inesperados coma soamente Asimov sabe facer.

Por sorte, aproveitou os seus últimos días para escribir as súas memorias dende a cama dun hospital, e puiden acercarme ó seu lado máis persoal lendo “Isaac Asimov: Memorias (1994)”. Non teñen desperdicio, Asimov era un xenio (160 de coeficiente intelectual), pero ó mesmo tempo era unha persoa de carácter difícil sen pelos na lingua, insoportable en ocasións. Estas memorias son unha lectura moi interesante para os afeccionados á ciencia ficción, pois, ó mesmo tempo, fan un repaso á historia da ciencia ficción no século XX e á relación persoal de Asimov con outros xenios da súa época.


4.O teu libro favorito…

O meu libro favorito é El Juego de Ender (1985) de Orson Scott Card, que tamén está dispoñible en galego e ten unha película homónima do ano 2013. Aventura espacial protagonizada por un adolescente coa responsabilidade de salvar a todo o planeta da invasión dos “insectores”. Lectura obrigada.

Imaxinades unha historia tan, tan boa que pague a pena contala de novo dende o punto de vista dunha das súas personaxes secundarias? Pois iso pasou con La sombra de Ender (1999). Nesta novela, Orson Scott Card tivo a xenial idea de darnos a oportunidade de desfrutar por segunda vez da magnífica historia de El Juego de Ender, pero contada nesta ocasión, por outro rapaz chamado Bean. Os mesmos feitos vistos con outros ollos... abraiante.


5.Se tiveses o poder de converterte nunha personaxe literaria, cal elixirías?

Estaría ben poñerse na pel do mago Gandalf, unha das personaxes principais das novelas de O Señor dos Aneis de J.R.R. Tolkien: para ser un ancián, levaba unha vida repleta de aventuras.


6.Unha obra para tremer de medo…

Que me desen medo non lembro ningunha, aínda que recordo ler Frankenstein (1818) de Mary Shelley sendo ben pequeno. Paso máis medo coas películas, penso que a música de fondo e as imaxes son imprescindibles para levar un bo susto.


7.Un libro para escachar co riso…

Por suposto, Wilt (1976) do británico Tom Sharpe. Nunca pensei que un libro te puidese facer chorar... da risa...moito... e varias veces. Humor inglés combinado con humor negro, acaso hai algunha combinación mellor? Xa che digo eu que non, nin o pan con chocolate!

Se che gusta, a historia continúa con outros catro libros.


8.Que supón para ti a lectura dun libro?

Significa descanso, ultimamente non leo un libro completo a menos que estea de vacacións. Non me gusta ler 5 ou 6 páxinas ó día, cando empezo un libro teño que rematalo en cuestión de días.


9.Lectura en papel ou dixital?

As novelas, en lector de libros dixital (ebook), sen dúbida, pesa menos e podes retomar a lectura dende outro dispositivo en calquera momento. Porén, a prensa ou os cómics, mellor en papel.


10.Para despedirnos, uns versos ou un pequeno fragmento que leras nalgún libro e que che gustase especialmente:

Este fragmento de El Juego de Ender pode ser un aperitivo estupendo do que podemos encontrar nesta novela:

“[Graff] -No mentiré ahora tampoco -dijo Graff-. Mi trabajo no es ser vuestro amigo. Mi trabajo es fabricar los mejores soldados del mundo. De toda la historia del mundo. Necesitamos un Napoleón, Un Alejandro. Con la salvedad de que Napoleón perdió al final, y que Alejandro brilló fugazmente y murió joven. Necesitamos un Julio César, con la salvedad de que se hizo dictador y murió por eso. Mi trabajo consiste en fabricar esa criatura, y todos los hombres y mujeres que necesitará para ayudarle. Nada de ello implica que tenga que ser amigo de los niños.

[Ender] -Ha hecho que me odien.

[Graff] -¿Ah, sí? ¿Qué vas a hacer entonces? ¿Esconderte en un rincón? ¿Ponerte a besar sus traseros para que te vuelvan a querer? Sólo hay una cosa que hará que dejen de odiarte. Y esa cosa es ser tan bueno en todo lo que hagas que no puedan ignorarte. Les he dicho que eres el mejor. ¡Mejor que lo seas!”


lunes, 26 de abril de 2021

HOXE FALAMOS DE LIBROS CON... PAULINO PAIS

Hoxe traémosvos as recomendacións lectoras do noso compañeiro Paulino, profesor de Matemáticas na ESO e de Debuxo Técnico en Bacharelato. El pirata Garrapata, El último trabajo del señor Luna ou El desorden que dejas son só algúns dos títulos dos que nos fala este deborador de libros. Aquí vos deixamos con el:




1.O libro da túa infancia

El pirata Garrapata de Juan Muñoz Martín. Siempre me han gustado las historias de aventuras y ésta es de las primeras que disfruté en libro en vez de ver la historia en la televisión. Este libro representa sólo la primera de las aventuras de una serie de libros, lo cual hace que vayas conociendo a los personajes en distintos momentos.

 

2.Cales son os xéneros que máis che fan desfrutar?

Actualmente, lo que más leo es novela negra y policiaca (o simplemente de intriga). Me encantan las historias en las que hay algún tipo de enigma (un personaje oculto, un malvado por identificar, etc).

También me gustan mucho los libros de curiosidades. Me refiero a libros que, por capítulos independientes, tratan temas curiosos de Matemáticas o Filosofía.

Entre el primer grupo destacaría libros como El salón de ámbar de Matilde Asensi, El último trabajo del señor Luna de César Mallorquí o La librera y el ladrón de Oliver Espinosa.

Entre los segundos me gustan especialmente Este libro no existe de Gary Haiden y Michael Picard y La sinfonía de Pitágoras de Vicente Meavilla.

 

3.Se puideses coñecer a un escritor ou escritora, a quen escollerías?

Pues creo que me quedaría con Nieves Abarca. Es una escritora coruñesa que usa nuestra ciudad como escenario en muchas de sus obras. Con todas las horas de investigación que ha debido de hacer para sus novelas, creo que podría descubrirme muchos datos interesantes de La Coruña.

 

4.O teu libro favorito

Me gustó mucho El desorden que dejas de Carlos Montero. Posiblemente sea mi favorito. Este libro fue Premio Primavera en 2016. Lo conocí por casualidad un día que, cansado de programas de política y actualidad, puse el “Sálvame” y Jorge Javier lo recomendó. A pesar de que este hombre no me cae especialmente bien, sé que es licenciado en Filología Hispánica y decidí ir a por el libro. Me enganchó desde el primer momento.

Trata de una profesora de instituto coruñesa que es destinada al pueblo natal de su marido. La plaza que ocupa es la de una joven profesora que había muerto en extrañas circunstancias. A partir de ahí, empiezan a surgir intrigas que intentará resolver y... ya no te cuento más.

 

5.Se tiveses o poder de convertirte nunha personaxe literaria, cal elixirías?

Aquí sí que ya sale mi vena freak. Claramente escogería a Zoro Rolonoa (o Zorro Ronoa en el anime) del manga One Piece.

Es uno de los protagonistas (no el principal) de una historia de aventuras fantásticas de piratas. Su habilidad especial se trata del manejo de tres espadas a la vez; una en cada mano y otra con la boca. Lo que me gusta es que esto lo consigue después de muchos años de entrenamiento desde su infancia y no por la exposición a algún elemento extraño.

 

6.Unha obra para tremer de medo

Pues cualquier periódico no deportivo. Puedes escoger el título que quieras. Por desgracia vende más lo trágico y las disputas que los avances científicos, la cultura, etc.

 

7.Un libro para escachar co riso

No soy muy fan de este tipo de libros. Recuerdo que, hace años, leí un cómic de Shin-chan que era bastante divertido. Pero ya te digo, no soy muy aficionado a este género.

 

8.Que supón para ti a lectura dun libro?

Pues un momento de desconexión con la realidad. Me relaja olvidarme por un momento de tanta pandemia, corrupción, disputas, etc. Tengo que destacar que sólo me gustan las historias en las que ganan los buenos y, por desgracia, esto ocurre más en los libros que en la vida real.

 

9.Lectura en papel ou dixital?

En papel sin ninguna duda. Para mí un libro no es sólo la historia que contiene. El formato, la encuadernación o el tipo de papel utilizado son aspectos que tengo muy en cuenta cuando leo un libro. Una encuadernación descuidada o una tipografía incómoda de leer puede arruinarme la lectura de un libro.

Las versiones digitales, en mi opinión, pierden gran parte del encanto.

 

10.Para despedirnos, uns versos ou un pequeno fragmento que leras nalgún libro e que che gustase especialmente:

Pues hay una frase que no recuerdo de dónde la saqué pero que me gusta especialmente. Creo recordar que se trata de un proverbio chino. “Los dos guerreros más poderosos son la paciencia y el tiempo”.




lunes, 19 de abril de 2021

HOXE FALAMOS DE LIBROS CON... FERNANDO TENREIRO

Hoxe falamos de libros cun dos grandes lectores do noso colexio, o noso compañeiro Fernando Tenreiro, profesor de Xestión do Pequeno Comercio, Marketing e DPV no CFGM de Comercio e Marketing. Nas respostas ás preguntas que lle formulamos, Fernando ofrécenos un percorrido por obras como As Aventuras de Alicia no País das Maravillas, O estranxeiroO escarabello de ouro e outros contos ou O atraso económico de Galiza, ademais de achegarnos a algúns dos grandes autores da literatura universal, como Sartre, Galeano, Capote, Dahl ou Maupassant. Aquí vos deixamos con el:


1.O libro da túa infancia…

Las aventuras del barón de Münchausen, de Rudolf Erich Raspe. Este clásico da literatura infantil recolle as delirantes fazañas do protagonista, unha especie de antiheroe, ás veces cómico e en outras moitas, lastimoso. Lembro que na portada do libro aparecía o barón “cabalgando” sobre unha bala de canón.

 

2.Cales son os xéneros que máis che fan desfrutar?

Novela clásica. Desfruto dos clásicos porque son universais e atemporais: Los caminos de la libertad, de Jean Paul Sartre; As aventuras de Alicia no País das Maravillas; Los miserables, de Victor Hugo; O estranxeiro, de Albert Camus…

Ensaio. Gústanme os ensaios porque permítenme profundizar en aspectos da realidade que me interesan: Las venas abiertas de América Latina, de Eduardo Galeano; O atraso económico de Galiza, de Xosé Manuel Beiras; Chavs: La demonización de la clase obrera, de Owen Jones; Narrativas económicas, de Robert J. Schiller…

Contos, ou a arte de contar unha historia nunhas poucas páxinas: Cuentos esenciales, de Guy de Maupassant; Cuentos completos, de Roald Dahl; Narraciones extraordinarias, de Edgar Allan Poe (tradución de Julio Cortázar), Manual para mujeres de la limpieza, de Lucia Berlin…

 

3.Se puideses coñecer a un escritor ou escritora, a quen escollerías?

Gustaríame ter coñecido a Julio Cortázar. É un autor que leo e releo dende a miña adolescencia. Un dos grandes escritores de contos en castelán, comprometido coa defensa dos dereitos humanos e da democracia. 

 

4.O teu libro favorito…

A peste, de Albert Camus. Iste libro é unha metáfora do eterno retorno do fascismo ambientada nun Orán illado pola epidemia que a asolaga.

A sangre fría, de Truman Capote. Trátase dunha novela de non ficción na que se recrean as circunstancias relacionadas co salvaxe asasinato de catro membros dunha mesma familia nun pequeno pobo de Kansas.

El maestro y Margarita, de Mijaíl Bulgákov. Trátase dunha sátira da sociedade soviética nos tempos de Stalin co Demo coma protagonista.

 

5.Se tiveses o poder de converterte nunha personaxe literaria, cal elixirías?

Pippi Långstrump, a nena ácrata protagonista das historias curtas da serie Pippi, creación da escritora sueca Astrid Lindgren. Penso que é a personaxe de contos para nenos máis imaxinativa e rebelde, carente de prexuizos e contraria a calquera tipo de convencionalismo.

 

6.Unha obra para tremer de medo…

Calquera libro de contos de Edgar Allan Poe ou Lovecraft.

Como teño que elexir unha soa obra, quédome con O escarabello de ouro e outros contos, unha selección de contos de Poe publicada por Xerais.

 

7.Un libro para escachar co riso…

Non son de libros de humor, pero agradoume El abuelo que volvió para salvar al mundo, de Jonas Jonasson. Narra as peripecias dun ancián que fuxe dunha residencia da terceira idade o mesmo día que cumpre os 100 anos.

 

8.Que supón para ti a lectura dun libro?

O pracer de desconectar temporalmente do mundo real, de coñecer formas de pensar e vivir distintas das miñas.

 

9.Lectura en papel ou dixital?

Sempre en papel. Gústame o olor a libro vello e o tacto do papel. Non gosto nada da lectura dixital.

 

10.Para despedirnos, uns versos ou un pequeno fragmento que leras nalgún libro e que che gustase especialmente:

“Cuando despertó, el dinosaurio todavía estaba allí.”. Trátase dun microrrelato de Augusto Monterroso, un dos máis curtos escritos en lingua castelá.