Mostrando entradas con la etiqueta LETRAS GALEGAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LETRAS GALEGAS. Mostrar todas las entradas

viernes, 19 de mayo de 2023

O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA CELEBRA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS CON ALEJANDRA E XABIER

Co gallo do 17 de maio, Alejandra e Xabier, alumnos de 5ºA de Primaria, desenvolveron diferentes sesións cos nenos e as nenas de 1º de Primaria, nas que lles falaron sobre o Día das Letras Galegas e lles explicaron as orixes desta celebración e o motivo polo que se festexa precisamente neste día do ano.



Ademais, Xabier e Alejandra quixeron aproveitar a oportunidade para achegar o alumnado de 1º á poesía de Rosalía de Castro, mediante a lectura de varios dos seus poemas máis coñecidos.




Queremos felicitar a Alejandra e a Xabier polo seu fenomenal traballo, e tamén aos nenos e as nenas de 1º, que permaneceron moi atentos durante as sesións.


sábado, 16 de mayo de 2020

O FOGAR DESÉXAVOS UN FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Con motivo do Día das Letras Galegas, desde a Biblioteca Agustín Fernández Paz quixemos realizar a nosa particular celebración.

Moitas grazas a todos os que fixestes posible esta humilde homenaxe ás nosas letras. Esperamos que todos desfrutedes deste vídeo, con música da nosa exalumna Icía Varela Gómez, á que tamén lle agradecemos a cesión da peza.



jueves, 7 de mayo de 2020

CHEGOU O MES DAS LETRAS GALEGAS!

Chegou maio, e con el o Día das Letras Galegas, que este ano ten como protagonista ao escritor e docente ferrolán Ricardo Carvalho Calero, autor dunha notable obra literaria que abrangue a narrativa, o ensaio, a poesía e o teatro.



Desde a Biblioteca Agustín Fernández Paz vos convidamos a todos a que estes días vos acheguedes a esta figura fundamental da nosa cultura, que chegou a manter unha relación moi estreita con persoeiros da talla de Castelao, Risco ou Otero Pedrayo, así como con outros intelectuais destacados da Xeración Nós. 

Para aqueles que desexedes coñecer máis sobre o protagonista do Días das Letras Galegas 2020, aquí vos deixamos varios recursos que nos chegaron desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia.




- Os estudantes de Secundaria e Bacharelato poderedes encontrar aquí abundante información sobre Carvalho Calero, con interesantes vídeos sobre esta figura:




Sete palabras do teatro de Carvalho - Portal das Palabras

A poesía de Carvalho Calero en sete palabras - Portal das Palabras

O Portal da Lingua Galega

Carvalho Calero 2020 - AGAL




-  Ao alumnado de Infantil e Primaria vos deixamos aquí unha serie de divertidas actividades que podedes realizar en familia, e que van acompañadas de interesantes datos sobre o autor homenaxeado :

Primavera das Letras - Real Academia Galega

Seminario Galán

Agardamos que todos desfrutedes aprendendo moitas cousas sobre unha das figuras fundamentais das nosas letras.





domingo, 17 de mayo de 2015

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015!

Como todos sabedes, hoxe, 17 de maio, celébrase o día das nosas letras. Varios dos vosos compañeiros decidiron celebrar esta data dunha forma moi especial: compartindo con todos vós os seus libros favoritos en galego. Aquí os tedes!



Moitas grazas, rapaces, por participar!

sábado, 16 de mayo de 2015

...E OS DE SECUNDARIA IMPROVISAN UNHA HOMENAXE A CUNQUEIRO NA BIBLIOTECA

Para celebrar o Día das Letras Galegas, Román, profesor de Música, prepara cada ano unha serie de cancións baseadas en textos de autores homenaxeados en anos anteriores. Este ano, os alumnos de 3ªA de ESO deleitáronnos na biblioteca coa súa versión de «Quen puidera namorala». 
Esta canción está baseda no poema «No niño novo do vento», pertencente á obra Cantiga nova que se chama Riveira de Álvaro Cunqueiro
Aquí vos deixamos o vídeo:



Moitas grazas, rapaces!

viernes, 15 de mayo de 2015

OS RAPACES DE PRIMARIA DECORAN A BIBLIOTECA PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este domingo, 17 de maio, celébrase o Día das Letras Galegas, polo que os rapaces de Primaria decidiron decorar a biblioteca para a ocasión. Para iso elaboraron carteis, cada un dos cales está dedicado a un autor homenaxeado en anos anteriores, e nos que figura unha foto do escritor e un texto (ou fragmento dun texto) deste. Con estes carteis a biblioteca vestiuse de gala para o día 17.

Berta, Xiana, Aldara, Iria, Iker, Brais, Andrés, Lola, Sara, Marina, Patricia, Julia, Adrián, Óscar, Xoel, Gabriel, Samuel, Amanda, Nuria, Xiao, Manuela, Abel, Martina, Sofía e todos os que axudáchedes na elaboración deste traballo: MOITAS GRAZAS POLO VOSO ESFORZO!

Sofía con Pondal (1965)
Amanda xunto a Rosalía de Castro (1963)

Martina xunto a Xosé María Díaz Castro (2014)
Adrián xunto a Curros (1967) e Novoneyra (2010)
Bouza Brey (1992), Lorenzo Varela (2005) e Pintos (1975)

Abel con Castelao (1964)


Blanco Amor (1993), Cabanillas (1976) e Vidal Bolaño (2013)

Lois Pereiro (2011)
Cunqueiro (1991)
Fole (1997) e  Amado Carballo (1982)
Pimentel (1990) 
   
Manuel Antonio (1979)

lunes, 11 de mayo de 2015

A MÚSICA DAS NOSAS LETRAS

O próximo 17 de maio, como cada ano desde 1963, celébrase o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Xosé Filgueira Valverde. Entre os autores homenaxeados outros anos figuran persoeiros tan destacados como Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez, Eduardo Pondal, Alfonso Daniel R. Castelao, Álvaro Cunqueiro, Eduardo Blanco Amor ou Ánxel Fole.
Moitos dos textos destes autores e de moitos outros aos que se lles adicou este día, foron musicalizados por grandes voces da nosa terra como Amancio Prada, Uxía ou Mini e Mero. Aquí vos deixamos unha pequena mostra. Desfrutádea!

"Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro, na voz de Amancio Prada:
 

Poema "Negra sombra" de Rosalía de Castro, na voz de Luz Casal:
                                           













Poema "Lela" de Castelao, interpretado polo grupo Astarot:
                                        












"¡Probiña da tola!" de Cabanillas, interpretado por Amancio Prada e Juan Pardo:
 

"Eu en ti" de Celso Emilio Ferreiro, na voz de Uxía:
 

"María Soliña" de Celso Emilio Ferreiro, interpretado por Luar na Lubre:
 

"No niño novo do vento" de Cunqueiro, na voz de Luis Emilio Batallán:
  

"Penélope" de Xosé María Díaz Castro, interpretado por Mero e Mini:

miércoles, 4 de junio de 2014

"Día das Letras Galegas"


O 17 de maio celebrouse na nosa comunidade autónoma o

Día das Letras Galegas que se vén festexando desde 1963,

data na que se publicou en Vigo o primeiro exemplar da 

obra Cantares gallegos de Rosalía de Castro.



Este ano, a Real Academia 

Galega, decidiu homenaxear 

Xosé María Díaz  

Castro pola súa creación 

literaria no noso idioma.





Para este día, desde o plan lector, propuxemos unha 

"Xincana" polo colexio, na que todo o alumnado de primaria 

(1º, 2º, 3º, 4º, e 6º) tivo que ir localizando e identificando a 

escritores galegos representantes das nosas letras en anos 

anteriores. Así coñeceron e falaron con autores tan 

importantes como Rosalía de Castro, Castelao, Pondal, 

Vidal Bolaño, Lois Pereiro, Paz Andrade e o propio Díaz   

Castro.


Agradecementos ás nosas actrices: "Nerea, Paula, Sara, Alba, Antía, Cris, Yamila e María".

E...comeza a aventura!!!