Mostrando entradas con la etiqueta PREMIOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PREMIOS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de junio de 2025

E O PREMIO AO GRUPO MÁIS PARTICIPATIVO NAS ACTIVIDADES DA BIBLIO É PARA...

Os nenos e as nenas de 1ºA de Primaria recibiron o premio ao grupo máis participativo nas actividades da biblioteca durante o curso 2024-2025. Desde aquí queremos dar os parabéns a todos os pícaros deste grupo e á súa titora, e, á vez, dar as grazas ás familias pola súa implicación durante todos estes meses.


miércoles, 9 de marzo de 2016

XA HAI GAÑADORES DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA!

Xa temos gañadores do concurso de fotografía, convocado este ano baixo o lema "Un recuncho para o meu libro", e que gozou dunha alta participación. Desde o blog queremos felicitar a todos aqueles alumnos que nos enviastes fotos e que nos puxestes moi difícil a elección dos vencedores, debido á enorme calidade dos documentos presentados. 

Finalmente, na categoría de Primaria, a vencedora foi Paula Martínez Gómez, alumna de 6ºA, grazas a esta fermosa foto sacada en Loiba (Ortigueira), nun banco escollido como o máis bonito do mundo, desde o que se poden contemplar unhas vistas impresionantes, que van desde o cabo de Estaca de Bares a Cabo Ortegal. Sen dúbida, estamos perante un lugar ideal para relaxarnos e desfrutar dunha boa lectura.



Moitos parebéns, Paula! Agardamos que desfrutes do libro e do disco que levaches como premio pola túa bela fotografía.




E se na categoría de Primaria o premio recaeu en Paula, na categoría de Secundaria, FP e Bacharelato, a gañadora foi, un ano máis, Lucía Costa López, alumna de 1ºESO A. O xurado valorou esta fermosa imaxe que nos amosa que o mellor lugar para un libro é aquel no que o podes compartir coa xente que queres. Lucía, non temos dúbida de que compartir un libro co teu irmán Diego (presente na foto), é un deses pequenos praceres da vida.



Ao igual que lle desexamos a Paula, tamén agardamos que tí desfrutes cos premios que che entregamos como vencedora do concurso.



Nos vindeiros días realizaremos unha exposición coas mellores fotos desta edición. Novamente, parabéns a todos os participantes.

lunes, 7 de marzo de 2016

FOGAR DE SANTA MARGARIDA: CAMPIÓN DO CLUB DE DEBATE LOCAL 2016

Hoxe a familia do Fogar está de noraboa, pois os nosos representantes no Club de debate 2016 veñen de se proclamaren campións da fase local no certame celebrado onte no Centro Ágora. Nesta edición, na que se debateu sobre a conveniencia ou non de educarmos os nenos sen os levarmos á escola, os nosos alumnos de 4º da ESO demostraron que o traballo ten a súa recompensa. E é que esta vitoria é froito de moitas horas de investigación, de ensaios e, en definitiva, de esforzo por parte dun grupo de rapaces e rapazas cos que é un auténtico pracer compartir o día a día no Centro. 



Diego Pampín Gil, Cristina Mouriño Domínguez, Alberto Gil Besada, Alba Boedo Méndez, Icía Varela Gómez, Sara Sánchez Varela, Nerea Castiñeira Rial, Lucía Sánchez Abad, Antía Otero Balastegui, María Señarís Pose, desde a Biblioteca só vos queremos dicir: parabéns! Non só pola vitoria de onte, senón simplemente por ser como sodes.

E parabéns, moi merecidos tamén, para vós, Carolina e Xosé Manuel, por agasallar a este fantástico grupo de rapaces co voso cariño e o voso tempo.

sábado, 4 de julio de 2015

PREMIOS PARA OS MÁIS LECTORES

Para celebrar o gran número de préstamos deste curso na biblioteca, desde o Plan Lector decidimos premiar os máis lectores cun agasallo feito á súa medida: libros. Estas obras foron un obsequio da Editorial SM, á cal, desde o blog, lle agradecemos enormemente a súa xenerosidade. 
Aquí vos deixamos unhas fotos con algúns dos rapaces posando cos seus premios: